Compartimos as nosas inquedanzas
A nosa implicación na coeducación é fundamental para mellorar as situacións de conflito entre nenas e nenos. Ás veces non as identificamos ou non lle damos importancia, porque nos parecen "incidentes" "normais" na convivencia. Queremos agradecer a Cristina Rodríguez a súa aportación, porque aínda que non eramos un grupo moi numeroso falamos de temas importantes, transcendentais para o futuro das nosas fillas e fillos. Porque non queremos que ningún dos nosos fillos sexa un maltratador nin ningunha das nosas fillas maltratadas, e ás veces hai que decir as cousas con crudeza, porque parece que non vemos o problema ata que xa é tarde. E en ningún caso se trata de culpabilizar, senón de aproveitar os conflitos menores para traballar sobre a igualdade e evitar que se convirtan en irreparables.
Foron moitos os temas que tratamos e algunhas as conclusións.
- Os lugares onde xurden os modelos que van ser imitados: as familias, a escola, as actividades lúdicas e a LINGUAXE (un elemento que explica e transmite as diferenzas que a sociedade xenera)
- A diferenza entre sexo e xénero, e a compoñente social da identidade de xénero, que vai conformando a identidade dos individuos practicamente dende nacen. Como tratamos inconscientemente de distinto modo a nenas e a nenos:
- Os calificativos que normalmente asociamos a cada xénero:
Polo tanto, se todos temos incorporados centos valores a cada xénero estamos influíndo día a día na súa construción, e reproducindo uns estereotipos, fomentando as diferenzas en lugar de educar en igualdade.
- O estilo de aprendizaxe: tendemos a premiar, a valorar quen fai as cousas ben, quen remata antes, quen destaca por enriba dos demais. Tendemos a valorar a fortaleza, o éxito, a competitividade. E estes valores provocan certa agresividade fronte ao débil, a quen necesita máis tempo ou tranquilidade para conseguir facer as cousas. Tal vez deberiamos valorar máis a debilidade, a sensibilidade, as diferenzas de xeito que quen ten características diferentes se sinta valorado e comprendido.
- E non é certo que o futuro estea preparado para a competitividade. Como se sinalou no foro os equipos de traballo tenden a ser cada vez máis colaborativos ca competitivos, a valorar todas as ideas e as peculiaridades de cada compoñente do grupo e tentar crear sinerxias nas que todas as valoracións conflúan en solucións máis integradoras.
- A resolución de conflitos: entendemos o conflito como algo que temos que resolver, e a poder ser dun modo o máis rápido e sinxelo posible, quitándolle importancia, cantas veces repetimos “son xogos de nenos”?
- Poderiamos aproveitar o conflito como unha oportunidade para traballar as desigualdades, para detectar os desequilibrios nas relacións sociais dos individuos, para apoiar a quen se sente débil, perxudicadx, invisibilizadx, diferente, porque identificamos a diferenza como algo a rexeitar, e a debilidade como algo do que fuxir.
- Os espazos de aprendizaxe: onde podemos apoiar os conceptos de coeducación, tanto na aprendizaxe formal coma na informal. Tratar todos os temas de xeito transversal en todas as actividades que facemos.
- Na educación formal o papel é das educadoras e educadores, botámolos en falta no foro para que compartisen a súa visión, a súa experiencia, e porque tamén somos conscientes das dificultades que teñen na súa actividade diaria para resolver os conflitos e educar. Nos gustaría crear pontes de colaboración para apoiar a súa labor, pero temos que ter espazos e tempos para compartir inquedanzas e reforzar o noso traballo en común, que é a educación.
crisigualdade@gmail.com
- Na educación non formal, nas actividades que chamamos extraescolares, dende a ANPA queremos facer ese traballo de mellorar en Igualdade, e sabemos que é un obxectivo difícil e prolongado. A vantaxe é que normalmente as nenas e nenos que asisten a unha actividade extraescolar é porque lles gusta, e polo tanto a actitude para a aprendizaxe mellora, e o xogo é unha das mellorres ferramentas de aprendizaxe.
- Asi lanzamos ao monitorado das actividades extraescolares unha serie de propostas para mellorar en coeducación, medidas sinxelas pero concretas que poden axudar a un mellor autocoñecemento e autoaceptación, e ao coñecemento e aceptación dos demáis coas súas diferenzas e características, coas súas peculiaridades:
- traballar as "debilidades" de nenas e nenos como algo positivo, en colaboración entre todas
- empregar femininos xenéricos incluíntes
- fomentar o desfrute da actividade en vez da competitividade
- adicar 5 minutos finais para que expresen como se sentiron
- expor nalgunha ocasión o tema de igualdade e que expresen a súa opinión
- fomentar estereotipos neutros tanto na forma de actuar como nas vestimentas
- todxs somos fortes e todxs somos sensibles
- E a proposta en conxunto: preparar dende todas as actividades unha presentación para a festa de fin de curso baixo o tema da IGUALDADE (flashmob, coreografía, ou calquera outra proposta que se nos ocorra)
Ningún comentario:
Publicar un comentario