Se alguén está interesado, podedes descargar aquí a folla de inscripción:
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
xoves, 10 de maio de 2018
mércores, 9 de maio de 2018
CHARLA REVÁLIDAS_15 MAIO DE 2018
Como ben sabedes por terceiro ano consecutivo a Consellería
de Educación volve celebrar en maio as “Proba de Avaliación Individualizada” por
todos coñecidas como reválidas: 30 e 31 de maio en 3º de primaria para todos os centros educativos e 29 e 30
de maio para 6º de primaria e 4º da ESO para os centros educativos
seleccionados pola Consellería.
A postura mantida por FOANPAS e ANPAS GALEGAS,
confederación da que formamos parte, é NON levar @s nen@s ó centro educativo eses
días. Aínda que podemos entender o conflito
que moitos podedes ter a nivel de inculcar n@s nos@s nen@s non cumprir a Lei ou as normas, cremos que
temos que sopesar moito que é o mellor para eles/as, porque como pais/nais ese
criterio é o que debe primar e valorar esta medida como un acto máis de rexeitamento
ante unha Lei imposta sen Consenso: os pais e nais tamén temos algo que dicir
sobre a educación d@s nos@s fill@s.
A parte do mencionado, expoñémosvos algúns dos
motivos de rexeitamento e tamén plantexámosvos preguntas para que reflexionedes e adoptedes a decisión que consideredes
máis correcta.
1. Din que
teñen carácter estritamente informativo e orientador. Se @s nos@s nen@s levan no
centro educativo dende os 3 anos non foron informados nin orientados ata ese
momento polo profesorado? Non tivemos notas nin reunións co profesorado requirido?
Temos que agardar 6 ANOS para estar informados/as e orientados/as?
2. Se non
vai ter efectos no seu expediente, cal é a súa utilidade real? Por qué insisten
tanto en que NON van facer rankings de centros, non será porque iso é o que
realmente buscan?
3. E que
pasa co alumnado NEAE? Teñen dereito á adaptación do exame, pero cando facer
dita adaptación se o exame se abre xusto antes de comezar a facelo? E para que
fan o exame se non lles computa a nota? Isto é inclusión educativa?
4. É
necesario someter @s nen@s a esa presión, cuns exames largos, seguidos con tan
Só 8-9 anos? Cómo pode influír ese nerviosismo nos resultados? Que pasa se nos
días previos @s nen@s tiveron acontecementos familiares que lles afecte ao seu
estado anímico, por exemplo falecemento dun avó/a, enfado co/a seu/súa mellor
amig@, separación dos seus pais…? Están centrados/as para sometelos/as a esas
probas?
5. Só avalían
algunhas competencias. Qué pasa co resto? Non son necesarias? Non son importantes?
Son secundarias? Non queremos unha formación integral para @s nos@s? Non
queremos que adquiran TODAS as competencias para desenvolverse na súa
vida? Non foron xa avaliados polo seu
profesorado? Para que están entón? Quen sabe mellor como están @s nos@s fill@s:
unha proba puntual ou un seguimento diario por parte do profesorado o longo de todo o curso educativo?
6. Din que
queren detectar carencias cando os centros en moitísimos casos levan anos
reclamándolle e pedíndolle á Consellería medidas e NON lles fixeron CASO. AGORA
resulta que SI, que cunha proba puntual, que a saber como lle sae o/a rapaz/a,
é SUFICIENTE para tomar medidas… E TODOS
OS INFORMES FEITOS polo centro e profesorado NON SIRVEN? Por qué NON invirten
todo o diñeiro que se gastan nestas probas en MELLORAR o sistema educativo? POR
QUÉ esperar a ter que implementar programas de mellora? NON será mellor PREVIR
que LAMENTAR? Levan anos con recortes en Educación, por qué non reducen ratio
de nen@s/aula? Por que non se manda o profesorado especialista pedido?
7. A Consellería
nos pide colaboración AGORA, só cando lles interesa… Por que non se nos pediu
cando ELABORARON esta lei? Por que se queren que participemos SE SUPRIMEN ou
ANULAN as competencias do Consello Escolar, órgano onde os pais-nais
interviñamos para DECIDIR? Por que NON se nos escoita cando petamos na porta da
Consellería?
Esperamos que esta carta vos sirva para que tomedes a decisión que consideredes máis
acertada, pero é o momento, é a oportunidade de dicir “NON QUEREMOS ESTE
SISTEMA EDUCATIVO”. Abramos as portas a un CONSENSO. Todos/as debemos buscar o
mellor para formar aos/ás FUTUROS/AS CIDADÁNS/ÁS. Calquera dúbida poñédevos en
contacto connosco e lembramos que FOANPAS ten actividades alternativas para
eses días.
martes, 8 de maio de 2018
RECLAMACIÓN A COPCISA
Dada a preocupación dos socios polas deficiencias e danos no centro:
- Afundimento do chan do patio de Educación Infantil, cos conseguintes perigos que implica para o alumnado e os profesionais que desenvolven o seu labor
- Mal funcionamento da porta de acceso do alumnado de Educación Primaria
- Mal funcionamento da porta de acceso de vehículos da escola
- Ausencia de sensores de fume nos baños do alumnado
- Problemas na telefonía do centro, tendo solicitado a inclusión na rede de telefonía Xunta
- Problemas nos chans de educación infantil, biblioteca e corredores
- Chéganse a acadar temperaturas moi elevadas nalgunhas aulas. Destaca o caso das aulas de infantil, nos que a calor dificulta o desenvolvemento da práctica educativa e prexudica o benestar do alumnado e dos profesionais
E dado que a nosa reclamación conxunta anterior non obtivo resposta, acórdase colgar no blogue un modelo de queixa para que os pais e nais que o desexen, poidan enviala de forma individual ós organismos competentes por correo electrónico. E así, que a nosa protesta sexa oída.
Informáronnos que por correo electrónico podíamos molestar, pero si queríamos que realmente a protesta fose efectiva, deberíamos entregala en rexistro para que teña valor oficial. Tamén se pode enviar pola sede electrónica da Xunta se tedes un certificado digital, activado o DNI, ou a chave365, que pronto será obligaroia para casi todos os trámites nesta institución.
Así que si podedes, mellor, por Rexistro.
Informáronnos que por correo electrónico podíamos molestar, pero si queríamos que realmente a protesta fose efectiva, deberíamos entregala en rexistro para que teña valor oficial. Tamén se pode enviar pola sede electrónica da Xunta se tedes un certificado digital, activado o DNI, ou a chave365, que pronto será obligaroia para casi todos os trámites nesta institución.
Así que si podedes, mellor, por Rexistro.
É MOI IMPORTANTE QUE VOS IMPLIQUEDES E ENVIEDES O ESCRITO.
De non ter reposta, poderánse tomar outras medidas de presión para que se den solucións a estes
problemas.
Aquí vos deixo un modelo para que o descarguedes, no que debedes poñer o destinatario, en función de a onde o enviedes, e cubrir os vosos datos.
MODELO DE PROTESTA PARA DESCARGAR_CONCELLO
MODELO DE PROTESTA PARA DESCARGAR _UTE
MODELO DE PROTESTA PARA DESCARGAR_ XUNTA
MODELO DE PROTESTA PARA DESCARGAR _UTE
MODELO DE PROTESTA PARA DESCARGAR_ XUNTA
Cómo ya dixemos, é mellor presentar os escritos por rexistro, pero si alguén non pode, podedes envialas a estas direccións de mail.
UTE (Unidade Técnica Educativa) unidadetecnica.pontevedra@edu.xunta.es
Consellería de Educación: gabinete.educacion@edu.xunta.es
Concello de Vigo: ofi.educacion@vigo.org
CONTAMOS CONTIGO
luns, 7 de maio de 2018
VIAXE A CÍES_ 16 DE XUÑO_2018
VIAJE A CÍES 16 DE JUNIO
2018
Tal
como se explicó en la reunión, este año ha cambiado la operativa de los viajes
a Cíes y son necesarios 2 pasos:
-
Paso
1: Solicitar autorización en la página web de la Xunta de Galicia.
Es nuevo y deberá hacerlo cada familia. Aún no
está disponible el mes de junio para poder solicitar el día 16, tan pronto lo
abran, avisaremos desde el Anpa por todos los medios disponibles: difusión,
tokapp, blog, tablón de anuncios para que cada familia solicite su autorización
lo antes posible y se asegure la plaza para ese día. Las autorizaciones son personales y no admiten modificaciones.
-
Paso 2:
Solicitar plaza con una naviera y abonar el viaje
Similar
a otros años, lo gestionará el Anpa para todos en conjunto para poder negociar
un mejor precio en el billete. Una vez disponible
el calendario de junio, daremos los horarios de apertura de oficina para entregar
los impresos con los datos personales de cada familia/grupo y realizar el pago
del viaje. Dicho impreso también estará
disponible en nuestro blog.
El
coste del viaje será el mismo del año pasado:
-
Socios (incluyendo padre, madre e hijos) 6 €
-
No socios (cualquier otra persona, sea o no familiar) 7 €
Los menores de 3 años no pagan.
Nos han
informado que este año, una vez contratado, no hay posibilidad de modificar la
fecha o cancelar el viaje por causas meteorológicas o de ningún otro tipo, al
contrario de lo que se dijo en la reunión.
PROCESO
PARA SOLICITAR AUTORIZACIONES:
1
Entrar
en : https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal
y seleccionar iniciar
reserva.
2
Aparecerá
un recuadro con la opción Cíes marcada en Illa, luego seleccionar el número de personas que componen nuestro
grupo (máximo 25) y luego la fecha: 16
de junio. También debemos marcar las dos casillas que hay debajo del
calendario de “Coñezo os riscos, acepto
as condicións….” y “Acepto a política de privacidade”. Por último pulsar Continuar.
3
Aparece
una nueva pantalla donde debemos incluir los datos de la persona responsable del grupo: Nombre y apellidos, tipo de documento (nif, nie,
outros), nº documento, confirmar que viajaremos a la isla, sexo, año de
nacimiento, dirección, email, teléfono y país, provincia y localidad. Después pulsar datos visitantes.
4
En
esta nueva pantalla y las sucesivas nos pedirá los datos de los demás integrantes del grupo: nombre, apellidos, sexo,
año de nacimiento, tipo de documento y nº de documento. Deberemos ir añadiendo
todos los demás visitantes de nuestro grupo.
En la parte baja de la hoja nos van apareciendo todos los
viajeros que ya hemos introducido con sus datos para que podamos comprobar que
no hay ningún dato incorrecto antes de la confirmación final y, si lo hubiera,
a la derecha de cada persona hay una cruz roja donde podríamos eliminar ese
registro y volver a introducir los datos de la persona en cuestión.
Cuando hayamos metido los datos de todas
las personas integrantes de nuestro grupo, tenemos también abajo, a la
izquierda, un botón de “descargar
plantilla” y pulsándolo nos generaría un documento en excel con la lista de
todas las personas de nuestro grupo con sus datos. Este documento valdría para
entregarlo al Anpa para reservar las plazas de la naviera o, aún mejor, si nos
lo enviáis por email. Por último pulsamos finalizar.
5
Luego se generan las autorizaciones
correspondientes y también las envía por correo electrónico. Estas autorizaciones hay que llevarlas
impresas o en el móvil el día del viaje a Cíes, una por cada persona. Si
alguien no dispone de impresora, se las podríamos imprimir en el Anpa.
Si
alguna familia no dispone de internet, el Anpa le gestionará su autorización
familiar para lo que deberá facilitarnos todos los datos personales mencionados
en esta circular lo antes posible. Avisando de antemano que no está garantizada
la obtención de plaza.
ACTA DA ASAMBLEA EXTAORDINARIA_ 24-04-2018
Para os que non poidechedes asistir, deixamosvos una copia do Acta da Asamblea Extraordinaria. En próximas entradas ofreceremosvos os pasos que debedes facer para solicitar a autorización de Cies, y mais o escrito para que enviedes en protesta polas deficiencias estructurais do noso centro.
ACTA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO 24-4-18
ANPA OS IRMANDIÑOS
Asisten: Teresa Frade Limés presidenta
Mª Nieves Pardo Díaz vicepresidenta
Verónica Rubio Veloso secretaria
Ana Mª Alonso Fernández tesoureira
E vintenove socios máis.
Sendo as 16.15 h do 24 de Abril de 2018, no comedor do centro escolar, da comezo a reunión da Asemblea xeral extraordinaria dos socios e socias do Anpa Os Irmandiños.
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Festa de fin de curso
3. Viaxe a Cíes
4. Actividades: Atletismo
5. Renovación da Xunta Directiva: necesidade de novas
colaboracións
LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DA ASEMBLEA ANTERIOR
Apróbase a acta da asemblea anterior por unanimidade.
FESTA DE FIN DE CURSO
Tendo en conta que o vinte de maio comezan as obras de cuberta do patio no colexio, as opcións para a celebración da festa de fin de curso son o día 18 de maio no colexio ou o día 20 de xuño no pavillón
municipal de Bouzas. Feita a solicitude ó Concello para o uso do pavillón e obtida xa a resposta positiva por parte deste, faise a votación para decidir onde celebrar a festa. Decídese facelo no colexio o 18 de maio con trinta e un votos fronte a dous.
VIAXE A CÍES
Acórdase facer a viaxe a Cíes o 16 de xuño. Este ano o procedemento é diferente ó ano pasado sendo necesarios dous pasos: solicitar en primeiro lugar autorización na páxina web da Xunta de Galicia e en segundo lugar solicitar praza coa navieira e abonar a viaxe.
Perante estas esixencias, dende a Anpa consideramos máis áxil e operativa a solicitude de tutorización por parte de cada familia quedando as xestións coa navieira por conta da Anpa coma noutros anos. O prezo é o mesmo que o do ano pasado: 6€ socios e 7€ non socios.
Acórdase o envío de información detallada relativa ó proceso polas distintas vías de información das que dispón a Anpa: difusión, tokapp, blogue e taboleiro de anuncios.
ACTIVIDADES: ATLETISMO
Dado o descontento dalgúns pais co cambio feito este ano, suxírese e decídese volver co Celta o ano que vén.
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA: NECESIDADE DE NOVAS
COLABORACIÓNS
Maniféstase por parte dos membros da Xunta Directiva da Anpa a necesidade de incorporacións de novos membros na mesma con vistas ás eleccións de renovación desta en novembro de 2018.
ASUNTOS VARIOS
Infórmase da realización dun obradoiro de robótica con Playcode e valórase a posibilidade de facelo en horario de clase para que tódolos nenos poidan aproveitalo.
QUENDA DE PREGUNTAS E SUXESTIÓNS
Tómase nota da preocupación dos socios polas deficiencias e danos no centro. Acórdase colgar no blogue un modelo de queixa para que os pais e nais que o desexen poidan enviala ós organismos
competentes por correo electrónico. De non ter reposta, poderánse tomar outras medidas de presión para que se den solucións a estes problemas.
Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.00 horas do día citado, de todo o cal dou fe como secretaria e asino a presente co VºBº da Presidenta.
domingo, 6 de maio de 2018
EXPOSICIÓN XULIO VERNE_ MUSEO MARCO
Dende o 19 de abril podemos disfrutar no museo MARCO, da exposición sobre Xulio Verne. Seguro que podemos pasar unha tarde moi interesante en familia.
martes, 1 de maio de 2018
CHARLA: ENFADOS, GRITOS, RABIETAS_ 10 MAIO
Cantas veces nos pasou que non sabemos qué facer cando os nosos fillos collen unha rabieta, ou nos piden as cousas a gritos e se non llas damos, enfadanse e se poñen a chorar... Pois aquí temos unha charla que nos pode sacar de dúbidas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






