mércores, 9 de maio de 2018

CHARLA REVÁLIDAS_15 MAIO DE 2018



Como ben sabedes por terceiro ano consecutivo a Consellería de Educación volve celebrar en maio as “Proba de Avaliación Individualizada” por todos coñecidas como reválidas: 30 e 31 de maio en 3º de primaria   para todos os centros educativos e 29 e 30 de maio para 6º de primaria e 4º da ESO para os centros educativos seleccionados pola Consellería.
A postura mantida por FOANPAS e ANPAS GALEGAS, confederación da que formamos parte, é NON levar @s nen@s ó centro educativo eses días.  Aínda que podemos entender o conflito que moitos podedes ter a nivel de inculcar n@s nos@s nen@s  non cumprir a Lei ou as normas, cremos que temos que sopesar moito que é o mellor para eles/as, porque como pais/nais ese criterio é o que debe primar e valorar esta medida como un acto máis de rexeitamento ante unha Lei imposta sen Consenso: os pais e nais tamén temos algo que dicir sobre a educación d@s nos@s fill@s.
 A parte do mencionado, expoñémosvos algúns dos motivos de rexeitamento e tamén plantexámosvos preguntas  para  que reflexionedes e adoptedes a decisión que consideredes  máis correcta.
1.       Din que teñen carácter estritamente informativo e orientador. Se @s nos@s nen@s levan no centro educativo dende os 3 anos non foron informados nin orientados ata ese momento polo profesorado? Non tivemos notas nin reunións co profesorado requirido? Temos que agardar 6 ANOS para estar informados/as e orientados/as?

2.       Se non vai ter efectos no seu expediente, cal é a súa utilidade real? Por qué insisten tanto en que NON van facer rankings de centros, non será porque iso é o que realmente buscan?

3.       E que pasa co alumnado NEAE? Teñen dereito á adaptación do exame, pero cando facer dita adaptación se o exame se abre xusto antes de comezar a facelo? E para que fan o exame se non lles computa a nota? Isto é inclusión educativa?

4.       É necesario someter @s nen@s a esa presión, cuns exames largos, seguidos con tan Só 8-9 anos? Cómo pode influír ese nerviosismo nos resultados? Que pasa se nos días previos @s nen@s tiveron acontecementos familiares que lles afecte ao seu estado anímico, por exemplo falecemento dun avó/a, enfado co/a seu/súa mellor amig@, separación dos seus pais…? Están centrados/as para sometelos/as a esas probas?

5.       Só avalían algunhas competencias. Qué pasa co resto? Non son necesarias? Non son importantes? Son secundarias? Non queremos unha formación integral para @s nos@s? Non queremos que adquiran TODAS as competencias para desenvolverse na súa vida?  Non foron xa avaliados polo seu profesorado? Para que están entón? Quen sabe mellor como están @s nos@s fill@s: unha proba puntual ou un seguimento diario por parte do profesorado  o longo de todo o curso educativo?

6.       Din que queren detectar carencias cando os centros en moitísimos casos levan anos reclamándolle e pedíndolle á Consellería medidas e NON lles fixeron CASO. AGORA resulta que SI, que cunha proba puntual, que a saber como lle sae o/a rapaz/a, é SUFICIENTE  para tomar medidas… E TODOS OS INFORMES FEITOS polo centro e profesorado NON SIRVEN? Por qué NON invirten todo o diñeiro que se gastan nestas probas en MELLORAR o sistema educativo? POR QUÉ esperar a ter que implementar programas de mellora? NON será mellor PREVIR que LAMENTAR? Levan anos con recortes en Educación, por qué non reducen ratio de nen@s/aula? Por que non se manda o profesorado especialista pedido?

7.       A Consellería nos pide colaboración AGORA, só cando lles interesa… Por que non se nos pediu cando ELABORARON esta lei? Por que se queren que participemos SE SUPRIMEN ou ANULAN as competencias do Consello Escolar, órgano onde os pais-nais interviñamos para DECIDIR? Por que NON se nos escoita cando petamos na porta da Consellería?
Esperamos que esta carta vos sirva para  que tomedes a decisión que consideredes máis acertada, pero é o momento, é a oportunidade de dicir “NON QUEREMOS ESTE SISTEMA EDUCATIVO”. Abramos as portas a un CONSENSO. Todos/as debemos buscar o mellor para formar aos/ás FUTUROS/AS CIDADÁNS/ÁS. Calquera dúbida poñédevos en contacto connosco e lembramos que FOANPAS ten actividades alternativas para eses días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario