A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro gratuíto de Creación e Interpretación poética de 8 horas (impartido por Silvia Penas)
O obradoiro (8 horas) terá lugar no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2):
Creación de textos poéticos-4 h:
o luns, 28 e o martes, 29 de maio de 2018 de 18:00 a 20:00 (prégase puntualidade)
Repaso pola poesía oral galega, composición individual e colectiva de textos poéticos, procurar formas de creación, ideas e xogos para conseguir resultados na escritura automática e na improvisación oral de textos poéticos, etc.
Lectura e interpretación-4 h:
o luns, 4 e o martes, 5 de xuño de 2018 de 18:00 a 20:00 (prégase puntualidade)
Aprender técnicas e exercicios básicos para un quecemento vocal, tratar de dominar a expresión facial e corporal, ton e interpretación oral, etc.
Para maiores de 16 anos
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade, teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben poñer no asunto: obradoiro creación e interpretación)
Ningún comentario:
Publicar un comentario