Para os que non poidechedes asistir, deixamosvos una copia do Acta da Asamblea Extraordinaria. En próximas entradas ofreceremosvos os pasos que debedes facer para solicitar a autorización de Cies, y mais o escrito para que enviedes en protesta polas deficiencias estructurais do noso centro.
ACTA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO 24-4-18
ANPA OS IRMANDIÑOS
Asisten: Teresa Frade Limés presidenta
Mª Nieves Pardo Díaz vicepresidenta
Verónica Rubio Veloso secretaria
Ana Mª Alonso Fernández tesoureira
E vintenove socios máis.
Sendo as 16.15 h do 24 de Abril de 2018, no comedor do centro escolar, da comezo a reunión da Asemblea xeral extraordinaria dos socios e socias do Anpa Os Irmandiños.
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Festa de fin de curso
3. Viaxe a Cíes
4. Actividades: Atletismo
5. Renovación da Xunta Directiva: necesidade de novas
colaboracións
LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA DA ASEMBLEA ANTERIOR
Apróbase a acta da asemblea anterior por unanimidade.
FESTA DE FIN DE CURSO
Tendo en conta que o vinte de maio comezan as obras de cuberta do patio no colexio, as opcións para a celebración da festa de fin de curso son o día 18 de maio no colexio ou o día 20 de xuño no pavillón
municipal de Bouzas. Feita a solicitude ó Concello para o uso do pavillón e obtida xa a resposta positiva por parte deste, faise a votación para decidir onde celebrar a festa. Decídese facelo no colexio o 18 de maio con trinta e un votos fronte a dous.
VIAXE A CÍES
Acórdase facer a viaxe a Cíes o 16 de xuño. Este ano o procedemento é diferente ó ano pasado sendo necesarios dous pasos: solicitar en primeiro lugar autorización na páxina web da Xunta de Galicia e en segundo lugar solicitar praza coa navieira e abonar a viaxe.
Perante estas esixencias, dende a Anpa consideramos máis áxil e operativa a solicitude de tutorización por parte de cada familia quedando as xestións coa navieira por conta da Anpa coma noutros anos. O prezo é o mesmo que o do ano pasado: 6€ socios e 7€ non socios.
Acórdase o envío de información detallada relativa ó proceso polas distintas vías de información das que dispón a Anpa: difusión, tokapp, blogue e taboleiro de anuncios.
ACTIVIDADES: ATLETISMO
Dado o descontento dalgúns pais co cambio feito este ano, suxírese e decídese volver co Celta o ano que vén.
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA: NECESIDADE DE NOVAS
COLABORACIÓNS
Maniféstase por parte dos membros da Xunta Directiva da Anpa a necesidade de incorporacións de novos membros na mesma con vistas ás eleccións de renovación desta en novembro de 2018.
ASUNTOS VARIOS
Infórmase da realización dun obradoiro de robótica con Playcode e valórase a posibilidade de facelo en horario de clase para que tódolos nenos poidan aproveitalo.
QUENDA DE PREGUNTAS E SUXESTIÓNS
Tómase nota da preocupación dos socios polas deficiencias e danos no centro. Acórdase colgar no blogue un modelo de queixa para que os pais e nais que o desexen poidan enviala ós organismos
competentes por correo electrónico. De non ter reposta, poderánse tomar outras medidas de presión para que se den solucións a estes problemas.
Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.00 horas do día citado, de todo o cal dou fe como secretaria e asino a presente co VºBº da Presidenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario