Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
mércores, 29 de marzo de 2017
luns, 27 de marzo de 2017
EXPOSICIÓN "CON A DE ASTRÓNOMAS"
As áreas de Igualdade do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra promoven a exposición "Con A de Astrónomas" que se poderá visitar desde o día 22 de marzo ata o 14 de maio de 2017 na primeira planta da Casa das Artes.
Esta é unha aventura dobre. Por unha banda esta exposición permítelle ao público mergullarse na ciencia da Astronomía: galaxias, estrelas, planetas, cometas... os obxectos que poboan o Cosmos son os seus protagonistas, como tamén o son as miles de mulleres que investigaron sobre este eido.
En todas as épocas da historia atopámonos con astrónomas que adicaron os seus días e as súas noites ao estudo dos corpos celestes. Esta mostra lembra moitas delas, desde Aglaonike que predecía eclipses de lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel que descubriu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén a moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.
“Con A de Astrónomas” é unha iniciativa do grupo “Ella es una astrónoma” formado por profesionais do campo da astronomía, a filosofía, a historia e o ensino. A mostra está integrada por paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas) utilizado na película Ágora, dirixida por A. Amenábar, que narra a vida de Hipatia de Alexandría.
Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina F. Ling, da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición xunto á historiadora da ciencia Eulalia Pérez Sedeño.
Lugar: Casa das Artes. 1ª planta. Rúa Policarpo Sanz, 15
A partir do 23 de marzo e ata o 14 de maio de 2017 a mostra poderase visitar nos siguientes horarios de sala:
Luns a venres: de 18:00 a 21:00h
Sábados: de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h
Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00h
Aproveitamos a ocasión para facilitarvos o enlace á paxina web da Sociedade Española de Astronomía (SEA) http://www.sea-astronomia.es/ drupal/mujer, fundada en 1992 que agrupa a máis de 500 astrofísicas/os profesionais e astrónomas/os amateurs de España. Nesta web atoparedes información complementaria da exposición "Con A de astrónomas" (contidos dos paneis, cuadernos didácticos nos que se tratan diversos temas desde un punto de vista educativo: lentes gravitacionais, a esfera celeste, radiotelescopios, etc) así como información e publicacións da Comisión Muller e Astronomía. Esta comisión ten como obxectivo promover a visibilidade e participación das astrónomas nas actividades da comunidade astronómica española.
BALONMAN NO COLE!!! Adestramentos d@s nos@s nen@s!!!
![]() |
| Adestramento dos pequenos |
![]() |
| Coa axuda dos profe Xoan moito mellor |
![]() |
| O futuro do balonman galego!!!! |
![]() |
| Adiante rapaces!!!! A por eles |
![]() |
| Diferentes fases do adiestramento |
![]() |
| Imos!!! |
![]() |
| Maria... o futuro das guerreiras!!! Con esforzo todo e posibel |
![]() |
| Os nenos tamen dan forte |
![]() |
| O gardaredes que se prepare!!!! |
![]() |
| Zas!!!! |
![]() |
| O adestramento continua..... |
![]() |
| Pero o importante sempre e divertirse xogando cos compañeiros |
![]() |
| Todos xuntos |
![]() |
| Preparados!!! |
![]() |
| e listos!!! |
domingo, 26 de marzo de 2017
I XORNADAS DE IGUALDADE CEIP PARAIXAL
Desde o CEIP Paraixal convidannos as súas I Xornadas de Igualdade que se celebrarán o día 31 do marzal. Deixamosvos o cartel que nos facilitaron por si vos interesa acudir.
sábado, 25 de marzo de 2017
DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI
Lembrámosvos que o 31 de marzo remata o prazo de presentación dos deseños da VIII edición do Concurso de deseño infantil "Deseña unha xoia para a túa nai".
Pódense entregar os deseños en:
1.- calquera dos establecementos colaboradores. Pincha aquí para ver o listado de colaboradores.
2.- ou na oficina do Coxga, persoalmente, por correo postal ou mensaxería (info@coxga.es - 981 598 858)
2.- ou na oficina do Coxga, persoalmente, por correo postal ou mensaxería (info@coxga.es - 981 598 858)
Para acceder a toda a información sobre esta VIII edición do Certame "Deseña unha xoia para a túa nai",
premer na seguinte imaxe:

premer na seguinte imaxe:
ou contactar coa oficina do Colexio, onde estan á vosa enteira disposición:
Colexio Oficial de Xoiaríarúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB
15701 Santiago de Compostela
Tlf: 981 598 858 (9h - 14h e 16h30 - 19h30)
www.coxga.es
15701 Santiago de Compostela
Tlf: 981 598 858 (9h - 14h e 16h30 - 19h30)
www.coxga.es
xoves, 23 de marzo de 2017
TEATRO PARA NENOS NO FIN DE SEMANA
Tendes ganas de ir ó Teatro? Pois temos unha proposta moi interesante da man de MIGALLAS TEATRO.
En Canta connosco! combina cancións do disco do mesmo nome coas accions dramáticas. Os temas que tratan son: o cuidado de mascotas, consumismo na merca de xoguetes, a importancia da lectura frente á TV ou videoxogos, a importancia da imaxinación, cancións que axudan a estudar... etc. Neste espectáculo as cancións que soarán son: Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico”, y “Ai, Patín”.
Podedes disfrutar deste espectáculo na Sala Artika de Vigo:
FECHA HORA ESPECTÁCULO COMPAÑÍA PRECIO25/03/2017 18:00 CANTA CONNOSCO! MIGALLAS TEATRO Entrada Taquilla 6€/Bono familiar 5€
26/03/2017 18:00 CANTA CONNOSCO! MIGALLAS TEATRO Entrada Taquilla 6€/Bono familiar 5€
Deixovos unha mostra do traballo de Migallas Teatro: Dime que fixeches. Xa veredes como estaredes tarareandoa todo o día!!!
Podedes facer a reserva de entradas no tlf 667 808 674 e poden collerse a través da web www.artikavigo.com
GARDAS DO TERCER TRIMESTRE
Todos temos nos grupos os novos cadros de gardas para o último trimestre do ano, pero imos poñelo tamén no blog por si alguén se despista, o perde, ou... necesitamos consultalo por algunha razón.
É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas para o correcto funcionamento das actividades. Ademáis aos nenos lles encanta cando son os seus pais os que os recollen no comedor!!!
Recordade que facer a garda implica:
Para ver a garda da actividade, só tendes que buscar o día da semana e pinchar sobre a actividade na que están apuntados os vosos nenos.
É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas para o correcto funcionamento das actividades. Ademáis aos nenos lles encanta cando son os seus pais os que os recollen no comedor!!!
Recordade que facer a garda implica:
- Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza a actividade, e no caso de que sexa no pavillón, se debe comprobar tamén que a porta do baño esté aberta.
- Recordade tamén que hasta as 16:00 h. os responsables dos nenos son os monitores de comedor e non debemos entorpecer a súa actividade.
- Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade
- Esperar a que o monitor da actividade chegue é estar por alí durante a clase (non dentro da actividade pero si preto) por si pasara calquera cousa con algún neno, que o monitor non teña que deixar os outros para atendelo.
- O remate, comprobar que veñen a recoller a todolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda, excepto o inglés do mércores, que se lle entregan as chaves á monitora da actividade de música. A persoa que lle toque a seguinte garda porase en contacto cos membros da dirección do ANPA para recollela chave.
Para ver a garda da actividade, só tendes que buscar o día da semana e pinchar sobre a actividade na que están apuntados os vosos nenos.
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
|
| |||
|
| |||
|
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















