xoves, 27 de abril de 2017

ASHEBER DÍAZ, TODO UN CAMPIÓN!

Recordades o XXXVIII Cross Escolar Mosteiro de Bembrive?

Tres foron os alumnos do noso centro que quixeron participar.  Asheber  Díaz e máis a súa irmá Lola na categoría de alevíns, e Gael Lema na categoría de Pitufos.

O bo destas actividades é participar, todos o sabemos moi ben, e a satisfacción de chegar a meta dando o millor de nós , sen rendernos; levantandonos se temos a mala sorte de caer, seguir adiante, e acabar a carreira sabendo que o noso esforzo podenos levar moi lonxe.

Pero ademáis, neste caso, o esforzo de Asheber veuse premiado cun trofeo que luce moi orgulloso, pois quedou na cuarta posición. Dende aquí, os nosos parabens!

martes, 25 de abril de 2017

ASAMBLEA PARA TRATAR AS ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Achegase o fin do curso e coma todolos anos estamos a planificar a Excursion as Illas Cíes, a Festa de fin de curso e presentarvos unha proposta para as actividades extraescolares do próximo curso. Polo que vos convocamos a unha Asamblea Extraordinaria o día 9 de maio ás 16:00 h. en primeira convocatoria é ás 16.30 h. en segunda.

A continuación pasaremos a tratar o tema dos ESTATUTOS e a súa aprobación, como vos explicamos no seguinte post.

Podedes descargar as dúas convocatorias dende AQUI, e dado a importancia dos temas a tratar, rogamos a vosa asistencia.

Recordamosvos que teremos servicio de ludoteca para facilitar a vosa asistencia, non olvidedes apuntar os nenos para poder organizalo.

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA PARA A APROBACIÓN DOS ESTATUTOS

Os Estatutos son a base pola que se rixe a asociación, de ahí a súa importancia; e teñen que estar legalizados. Non atopamos ningunha copia que cumpra estes requisitos nin na oficina, nin no colexio, nin en FOANPAS, nin tampouco na propia Xunta, polo que debemos iniciar o proceso para legalizalos.

Os Estatutos os podedes atopar nos documentos descargables deste blog, e dispoñedes de 10 días  para presentar as propostas ou enmendas que consideredes oportunas. Estas complementarán o texto proposto e volas faremos chegar cun mínimo de 3 días antes da Asamblea Xeral Extraordinaria, na que se procederá ó seu debate e aprobación e que se celebrará o día 9 de maio, no comedor do centro. as 17:00 h. en primeira convocatoria e 17.30 h. en segunda. Será despois da Asamblea onde se trata o tema da excursión a Cies. Así que teremos unha tarde completa!

Recordamosvos que ofrecemos servicio de ludoteca para facilitar á asistencia, baixo petición.

Podedes descargar as convocatorias das dúas reunións AQUÍ

Dado a importancia dos temas a tratar en ambalas duas asambleas, rogamos a vosa asistencia.


mércores, 19 de abril de 2017