mércores, 13 de setembro de 2017

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA CURSO 2017-2018


Un ano máis ofertamos a actividade de natación. O precio e cuatrimestral e se abonará a finais de setembro (despois de confirmarvos que tedes praza) para os meses de outubro, novembre , decembre e xaneiro; e a finais de xaneiro para os meses de febreiro, marzo, abril e maio.



PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA
CURSO 2017-2018

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Máis que Auga
16:30 - 17:15

NATACIÓN 44,25€/Cuatrim
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.

Piscina        O Carme
15:45-16:30

NATACIÓN 29,60/Cuatrim



16:45-17:30



NATACIÓN 29,60/Cuatrim


 Recordade que o límite para presentar as solicitudes é o 22 de setembro.

Para natación hai que cubrir a ficha correspondente según o lugar que se solicite, podedes pasar pola nosa oficina para recoller a solicitude ou descargala dende aquí, cas normas correspondentes de cada instalación. Recordade que as altas e as baixas se tramitan a través do ANPA. 
No Máis Que Auga vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverá cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. 
O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.


Para facernos chegar a solicitude podedes acercarvos a nosa oficina, metela no buzón do ANPA que está na parte de fora do acceso as aulas do ANPA e do comedor ou escaneala e enviarnola por mail: anpaosirmandinhos@gmail.com
Se tendes algúna dúbida contactade con nos e intentaremos solucionarvola o antes posible.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO CENTRO CURSO 2017-2018

Despois da reunión informativa de hoxe, e tal como vos prometera, publicamos as propostas de actividades, comezando polas que ofrecemos no noso centro. Recordade que o prazo para inscribirse remata o 22 de setembro. A  semana seguinte publicaremos os listados cos alumnos admitidos en cada actividade para que poidades abonar a cuota correspondente. Se as actividades que elexíchedes non se levaran a cabo, teríades a oportunidade de apuntarvos as outras qué si teñen grupo.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES
CURSO 2017-2018

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Aulas ANPA
16:00
INGLÉS
INGLÉS
INGLÉS
INGLÉS
MANUALIDADES  15€/mes
15 €/mes (1 día) e 27€/mes (2 días)
17:00


MÚSICA E MOV 15€/mes


Pavillón e Pistas
16:00
ATLETISMO (1h 30 min) >5 anos 15€/mes
BALONMÁN          > 8 anos (Gratis)
TAEKWONDO 15€/mes
BAILE Primaria 15€/mes
BALONMÁN            > 8 anos (Gratis)
17:00
FÚTBOL (Gratis)
BALONCESTO 15 €/mes
 XIMNASIA ACROBATICA 15€/mes
Colexio Vello
16:00
IOGA 15€/mes
TEATRO      15€/mes
BRIGHT MINDS INFANTIL 18€/mes
BAILE  INFANTIL 15€/mes
INTELIXENCIA EMOCIONAL 15€/mes
Comedor
16:00
XADREZ 15€/mes
JUMPING CLAY 18€/mes
ROBÓTICA        (1h 30 min) 35€/mes


17:00





O máximo de alumnos en inglés é de 8 alumnos por grupo. Cada día haberá un grupo de pequenos e outro de maiores, se hai alumnos suficientes
O mínimo de alumnos no resto de actividades é de 10 alumnos.
Se estades interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, suxeridenos o que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.
Para ler una breve explicación de cada actividade podedes dirixirvos  aquí

domingo, 10 de setembro de 2017

AULA MATINAL. INFORMACIÓN XERAL


Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o luns 11 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h.


A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA,debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA npaosirmandinhos@gmail.com  ou por tlf ou whatsapp 604026358.

Prezos aula matinal
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns

Bono de 10 días 15 € (págase no local da asociación)
Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416
Para calquera dúbida, podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello. 
Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos tódolos días de 9:00 a 10:00. Se necesitades falar con nos pero non podedes nese horario, contactade con nos e intentaremos adaptarnos.


BENVIDOS AO CURSO 2017-2018. REUNIÓN INFORMATIVA



Xa rematou o verán e comezan de novo as clases. Por eso faremos unha REUNIÓN INFORMATIVA  mércores 13 de Septembro ás 16:00h. no comedor do noso centro co fin de dar a benvida ás novas familias, tratar as actividades previstas para este curso escolar, onde intentamos incluir as propostas recollidas na enquisa de fin de curso; o aula matinal; propostas de actividades puntuais; banco de pais; e tódalas dúbidas que poidades ter relativas á nosa labor.

Gustarianos contar convosco e coas vosas suxestións para conseguir un mellor funcionamento da Asociación, que redunde no ben de todos. Recordade que contaremos con servizo de Ludoteca para facilitar a vosa asistencia.

Recordámosvos a todos que o aula matinal funciona dende o primeiro día do colexio, e para facer uso dos servicios que ofertamos, é necesario ser socio do ANPA e non ter pagos pendentes do curso anterior.

Recordade tamén que para ser socio da nosa ANPA, además de ingresar a cuota anual de 15 €, na conta  ES61 2080 5016 03 3040006416, debedes cubrir a folla de inscripción que podedes descargar desde aquí, ou dende o apartado de documentos descargables que encontraredes no lateral do noso blogue. No concepto debe aparecer Cuota ANPA e o nome7s do alumn@/s.

Estade atentos porque en breve publicaremos o cadro de actividades extraescolares que propoñemos para este curso.

Para calquera dúbida podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello.
Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos tódolos días de 9:00 a 10:00 (excepto o luns 11 de septembro). Se necesitades falar con nos fora deste horario, comentadenolo e intentaremos adaptarnos.









mércores, 28 de xuño de 2017

NO VERÁN UN CONTO

O verán é moi longo, pero con esta programación podemos ter moitas alternativas para alguns días que non saibamos qué facer... Vos deixamos o cartel, pero podedes ver o Cadro de Actividades máis detallado ou a Sinopse de cada conto si pinchades nos enlaces.



martes, 27 de xuño de 2017

MARATON COIA

Como é tradición, todos os anos os nosos nenos e nenas son invitados a participar na Maratón de Coia, e coma sempre, son moitos os nenos e nenas que participan neste evento.
Todos uns campions pois seguro que cumpriron os tres puntos máis importantes:

Esforzarse
Rematar a carreira
e sobre todo... DIVERTIRSE

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos nosos participantes de este ano.(se non podes ver o vídeo, pulsa no link azul de abaixo, estamos intentanto arranxalo)


luns, 26 de xuño de 2017

OBRADOIRO JUMPING CLAY DE PRIMAVERA

Xa sei que o botábades en falta, pero por fin temos o vídeo do OBRADOIRO DE JUMPING CLAY de primavera. Coma sempre unha actividade con moito éxito onde os nosos nenos e nenas traballan a sua psicomotricidade, a concentración,  a capacidade de seguir un proceso, a atención,... e levan una mostra do seu traballo.

Vos deixamos un vídeo coas fotos dos nosos participantes, e esperamos que vos guste. (se non podes ver o vídeo, pulsa no link azul de abaixo, estamos intentanto arranxalo)