domingo, 10 de setembro de 2017

BENVIDOS AO CURSO 2017-2018. REUNIÓN INFORMATIVA



Xa rematou o verán e comezan de novo as clases. Por eso faremos unha REUNIÓN INFORMATIVA  mércores 13 de Septembro ás 16:00h. no comedor do noso centro co fin de dar a benvida ás novas familias, tratar as actividades previstas para este curso escolar, onde intentamos incluir as propostas recollidas na enquisa de fin de curso; o aula matinal; propostas de actividades puntuais; banco de pais; e tódalas dúbidas que poidades ter relativas á nosa labor.

Gustarianos contar convosco e coas vosas suxestións para conseguir un mellor funcionamento da Asociación, que redunde no ben de todos. Recordade que contaremos con servizo de Ludoteca para facilitar a vosa asistencia.

Recordámosvos a todos que o aula matinal funciona dende o primeiro día do colexio, e para facer uso dos servicios que ofertamos, é necesario ser socio do ANPA e non ter pagos pendentes do curso anterior.

Recordade tamén que para ser socio da nosa ANPA, además de ingresar a cuota anual de 15 €, na conta  ES61 2080 5016 03 3040006416, debedes cubrir a folla de inscripción que podedes descargar desde aquí, ou dende o apartado de documentos descargables que encontraredes no lateral do noso blogue. No concepto debe aparecer Cuota ANPA e o nome7s do alumn@/s.

Estade atentos porque en breve publicaremos o cadro de actividades extraescolares que propoñemos para este curso.

Para calquera dúbida podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello.
Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos tódolos días de 9:00 a 10:00 (excepto o luns 11 de septembro). Se necesitades falar con nos fora deste horario, comentadenolo e intentaremos adaptarnos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario