xoves, 28 de setembro de 2017

NORMAS DAS GARDAS DAS EXTRAESCOLARES


Todos temos nos grupos os novos cadros de gardas para este trimestre, pero non está de máis recordar o proceder:

É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas para o correcto funcionamento das actividades. Ademáis aos nenos lles encanta cando son os seus pais os que os recollen no comedor!!!

Recordade que facer a garda implica:
  • Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza a actividade, se a nosa actividade comeza ás 16:00h. E no caso de que sexa no pavillón, se debe comprobar tamén que a porta do baño esté aberta. 
  • Recordade tamén que hasta as 16:00 h. os responsables dos nenos son os monitores de comedor e non debemos entorpecer a súa actividade.
  • Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade, se a nosa actividade é as 16:00h.
  • Esperar a que o monitor da actividade chegue é estar por alí durante a clase (non dentro da actividade pero si preto) por si pasara calquera cousa con algún neno, que o monitor non teña que deixar os outros para atendelo.
  • O remate, comprobar que veñen a recoller a todolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
  • Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda, no caso de que teñamos 
  • Se non podemos acudir a vosa garda, avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poda sustituirvos. 
Para calquera dúbida, poñedevos en contacto con nos para que poidamos solucionalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario