Aqui vos deixo a listaxe de admitidos nas actividades de piscina en MQA Navia e na Piscina do Carme, e tamén os admitidos nas actividades en seco en MQA. Se percibides algún erro, poñedevos en contacto connosco.
Xa temos feito os grupos de whatsapp, así que se non vos vedes nas listas ou non estades no grupo de wass, poñedevos en contacto con nos o antes posible para poder arraxalo.
Vos recordamos que as actividades darán comezo a próxima semana, e que no MQA tendes que recoller un carnet polo que debedes abonar 3,75€ que se vos devolverá ao finalizar o curso cando entreguedes o carnet.
Para a actividade de piscina os nenos deben levar bañador, chanclas, gorro e gafas.
Se vades a duchar os nenos alí e necesitan da vosa axuda, recordade levar vos tamén as chanclas
O periodo lectivo da actividade corresponde co dos centros educativos, é dicir, no Nadal, Entroido ou Semana Santa, non haberá clases.
E se tendes algún problema, decide que sodes do ANPA OS IRMANDIÑOS e poñedevos en contacto con nos, para que falemos cos coordinadores correspondente e o solucionemos o antes posible.
Recordade que as ALTAS e BAIXAS se tramitan dende o ANPA, e que estas actividades son cuadrimestrais. En Xaneiro, recordaremosvos que debedes facer o segundo pago, e abriremos de novo plazas por si alguén quere engadirse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario