domingo, 10 de setembro de 2017

AULA MATINAL. INFORMACIÓN XERAL


Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o luns 11 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h.


A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA,debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA npaosirmandinhos@gmail.com  ou por tlf ou whatsapp 604026358.

Prezos aula matinal
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns

Bono de 10 días 15 € (págase no local da asociación)
Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416
Para calquera dúbida, podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello. 
Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos tódolos días de 9:00 a 10:00. Se necesitades falar con nos pero non podedes nese horario, contactade con nos e intentaremos adaptarnos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario