mércores, 27 de setembro de 2017

LISTAXES DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 17-18

Como xa vos comunicamos onte por difusión no whatsapp, non todalas actividades plantexadas sairon a diante. Ainda que inicialmente puxeramos que o mínimo de alumnos necesarios para que se levara a cabo unha actividade era de 10 alumnos, decidimos (dacordo cas diferentes empresas) rebaixar este número para que poidades disfrutar de máis opcións.

O cuadrante definitivo das actividades que se levarán a cabo no noso centro, é o seguinte, ainda que ó final tivose que eliminar tamén o grupo de inglés do mércores:



A continuación podedes consultar os listaxes de admitidos premendo no documento correspondente, tede en conta que para poder acceder ás actividades debedes ser socios do ANPA, esto implica ter pagado a cuota e ter entregado a ficha de inscripción deste ano; e non ter pagos pendentes do ano anterior.

Listaxes de admitidos nos grupos de Ingles

Listaxe dos grupos de Baile

Listaxes de actividades deportivas, brightminds e teatro

Listaxes de actividades fora do centro


Recordamos as NORMAS para o bo desenvolvemento das actividades

  • Para realizar as actividades é necesario un número mínimo de alumnos, polo que é necesario un compromiso de asistencia para un bo funcionamento
  • Se o alumno desexa cancelar unha actividade, deberá notificarllo á ANPA antes do día 20 do mes anterior
  • As actividades deben abonarse na conta ANPA os cinco primeiros días de cada mes. Lembre que en Concepto debemos poñer o nome do alumno, a actividade eo mes que se paga.
  • A colaboración dos pais na execución dos gardas é fundamental. Se un pai ten un problema para cubrir o seu día, debe comunicalo no grupo e desde aquí intentará darse unha solución
  • A puntualidade é moi importante tanto no momento da entrada como na recollida dos alumnos. Se un pai non chega a tempo, o alumno será levado á biblioteca, co profesor de garda.
  • Ao final da actividade, os monitores deben entregar aos alumnos ás persoas autorizadas para a súa recollida.
  • Se o comportamento do neno non é adecuado, impedindo o desenvolvemento correcto da actividade, notificaráselle o seu pai ou o seu titor. Se este comportamento fose recorrente, avaliariase suspender de xeito temporal ou permanente a súa asistencia á actividade.
  •  Para participar nunha actividade é necesario contactar primeiro con ANPA. Non fale directamente cos monitores.


O cumprimento destas regras é esencial para o correcto funcionamento deste servizo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario