xoves, 28 de setembro de 2017

MIGALLAS: MERENDA CON PAN DE MILLO


Este sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro ás 18.00 h representarán na Sala Ártika de Vigo "Merenda con pan de millo".
A entrada en taquilla é de 6 euros, pero se nos decantamos polo bono familiar, sae en 5 euros.

Aqui vos deixamos un par de adiantos para ir abrindo boca....




Merenda con pan de millo” es un espectáculo de pequeño formato (máximo 150 personas) basado en Libro-disco Pan de millo, editado por la Editorial Kalandraka e con la producción musical a cargo de Paulo Nogueira y Magoia Bodega, del grupo Treixadura. En el se combinan canciones y narración oral, con el proceso de elaboración del pan de maíz como hilo conductor. Los temas musicales que se interpretan son: “Pinocho”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. La música está grabada (toca una banda de pulgas) pero las voces solistas son en directo.




Aquí tendes as ligazóns coa información. 

NORMAS DAS GARDAS DAS EXTRAESCOLARES


Todos temos nos grupos os novos cadros de gardas para este trimestre, pero non está de máis recordar o proceder:

É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas para o correcto funcionamento das actividades. Ademáis aos nenos lles encanta cando son os seus pais os que os recollen no comedor!!!

Recordade que facer a garda implica:
  • Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza a actividade, se a nosa actividade comeza ás 16:00h. E no caso de que sexa no pavillón, se debe comprobar tamén que a porta do baño esté aberta. 
  • Recordade tamén que hasta as 16:00 h. os responsables dos nenos son os monitores de comedor e non debemos entorpecer a súa actividade.
  • Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade, se a nosa actividade é as 16:00h.
  • Esperar a que o monitor da actividade chegue é estar por alí durante a clase (non dentro da actividade pero si preto) por si pasara calquera cousa con algún neno, que o monitor non teña que deixar os outros para atendelo.
  • O remate, comprobar que veñen a recoller a todolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
  • Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda, no caso de que teñamos 
  • Se non podemos acudir a vosa garda, avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poda sustituirvos. 
Para calquera dúbida, poñedevos en contacto con nos para que poidamos solucionalo.

FESTA POPULAR DA MIÑOCA _ 1 DE OUTUBRO

Se ainda non tendes plan para o fin de semana, vos deixo unha proposta moi apetecible



LISTAXE DE ADMITIDOS NO OBRADOIRO DE INGLES

Por fin, e correxindo cambios de última hora, vos presentamos os listados de Inglés. Como sabedes este ano non hay todos os grupos todos os días, e ó finals tivose que suprimir o grupo de pequenos do mércores por falta de nenos.

Revisade os listados por si encontrades algún erro, e notifiadenolo para poder correxilo o antes posible.


LISTAXE DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, BRIGHTMINDS Y TEATRO


Este ano despedimos actividades como Robótica e Xadrez, que non tiveron a aceptación esperada, pero lle damos a benvida a outras como BRIGHTMINDS, TEATRO e XIMNASIA ACROBÁTICA, e viuse aumentanda significativamente a matrícula en TAEKWONDO (en breve lles dedicaremos un post ben merecido!!!).

Empezamos este curso con moita ilusión e esperamos que disfrutedes moito das actividades que ofrecemos. Recordade botarlle un ollo as normas que tendes no apartado de documentos descargables, para o correcto desenrrolo das actividades.

Revisade os listados e se vedes algún erro ou non estades nos grupos de whatsapp, poñedevos en contacto connosco, para solventalo o antes posible.




LISTAXE DO NOSO EQUIPO DE BAILE

Este ano repetimos cunha actividade que ten moito éxito e que nos fan mover o corpo ao ritmo da música cando vemos as súas representacións, ainda que non o facemos tan ben coma eles...









Este ano despedimos a algúns dos nosos bailarins, e lle damos a benvida a outros novos.

A continuación poñemos o listado, se encontrades algún erro, ou non estades no grupo de whatsapp. poñedevos en contacto con nos para que o solucionemos o antes posible.




LISTAXE DE ADMITIDOS EN ACTIVIDADES FORA DO CENTRO

Aqui vos deixo a listaxe de admitidos nas actividades de piscina en MQA Navia e na Piscina do Carme, e tamén os admitidos nas actividades en seco en MQA. Se percibides algún erro, poñedevos en contacto connosco.

Xa temos feito os grupos de whatsapp, así que se non vos vedes nas listas ou non estades no grupo de wass, poñedevos en contacto con nos o antes posible para poder arraxalo.

Vos recordamos que as actividades darán comezo a próxima semana, e que no MQA tendes que recoller un carnet polo que debedes abonar 3,75€ que se vos devolverá ao finalizar o curso cando entreguedes o carnet.

Para a actividade de piscina os nenos deben levar bañador, chanclas, gorro e gafas.

Se vades a duchar os nenos alí e necesitan da vosa axuda, recordade levar vos tamén as chanclas

O periodo lectivo da actividade corresponde co dos centros educativos, é dicir, no Nadal, Entroido ou Semana Santa, non haberá clases.

E se tendes algún problema, decide que sodes do ANPA OS IRMANDIÑOS e poñedevos en contacto con nos, para que falemos cos coordinadores correspondente e o solucionemos o antes posible.

Recordade que as ALTAS e BAIXAS se tramitan dende o ANPA, e que estas actividades son cuadrimestrais. En Xaneiro, recordaremosvos que debedes facer o segundo pago, e abriremos de novo plazas por si alguén quere engadirse.