martes, 5 de novembro de 2019

OBXECTIVO IGUALDADE


Grazas a Quique Simón por adicarnos esta tarde onde nos abriu unha visión á fotografía:

"a fotografía é dibuxar coa luz" 

Asistimos a unha presentación breve pero moi interesante, ode vimos as moitas aplicacións da fotografía, e as mensanxes que podemos trasnmitir. Como a Igualdade, que tamén se pode transmitir a través de imaxes.



Conseguiu a participación de nenas e nenos que observaron a ollada de dous fotógrafos moi coñecidos un home e unha muller, para facernos ver o difícil que sería acertar que foto estaba realizada por cada un deles, a mensaxe era clara: todas e todos podemos transmitir unha idea cunha imaxe, independentemente da súa identidade.
Cristina García Rodero e Henri Cartier-Breson




Logo tocaba practicar, e a biblioteca convertiuse nun estudio improvisado de fotografía, onde modelos e fotógrafos se mesturaron e encheron a biblioteca de olladas.















...seguiremos precticando!

domingo, 3 de novembro de 2019

Foro de igualdade

Compartimos as nosas inquedanzas

A nosa implicación na coeducación é fundamental para mellorar as situacións de conflito entre nenas e nenos. Ás veces non as identificamos ou non lle damos importancia, porque nos parecen "incidentes" "normais" na convivencia. Queremos agradecer a Cristina Rodríguez a súa aportación, porque aínda que non eramos un grupo moi numeroso falamos de temas importantes, transcendentais para o futuro das nosas fillas e fillos. Porque non queremos que ningún dos nosos fillos sexa un maltratador nin ningunha das nosas fillas maltratadas, e ás veces hai que decir as cousas con crudeza, porque parece que non vemos o problema ata que xa é tarde. E en ningún caso se trata de culpabilizar, senón de aproveitar os conflitos menores para traballar sobre a igualdade e evitar que se convirtan en irreparables. 

Foron moitos os temas que tratamos e algunhas as conclusións. 

  • Os lugares onde xurden os modelos que van ser imitados: as familias, a escola, as actividades lúdicas e a LINGUAXE (un elemento que explica e transmite as diferenzas que a sociedade xenera)
  • A diferenza entre sexo e xénero, e a compoñente social da identidade de xénero, que vai conformando a identidade dos individuos practicamente dende nacen. Como tratamos inconscientemente de distinto modo a nenas e a nenos:
  • Os calificativos que normalmente asociamos a cada xénero:
ELAS
ELES
débiles
fortes
sensibles
valentes
delicadas
rudos
coidadoras
conquistadores
cautas
intrépidos
histéricas
equilibrados
colaboradoras
loitadores
fermosas
robustos
agarimosas
defensores
ELES?
ELAS?
Non é certo que todas as características poden ser intercambiables?
Polo tanto, se todos temos incorporados centos valores a cada xénero estamos influíndo día a día na súa construción, e reproducindo uns estereotipos, fomentando as diferenzas en lugar de educar en igualdade.
  • O estilo de aprendizaxe: tendemos a premiar, a valorar quen fai as cousas ben, quen remata antes, quen destaca por enriba dos demais. Tendemos a valorar a fortaleza, o éxito, a competitividade. E estes valores provocan certa agresividade fronte ao débil, a quen necesita máis tempo ou tranquilidade para conseguir facer as cousas. Tal vez deberiamos valorar máis a debilidade, a sensibilidade, as diferenzas de xeito que quen ten características diferentes se sinta valorado e comprendido.
  • E non é certo que o futuro estea preparado para a competitividade. Como se sinalou no foro os equipos de traballo tenden a ser cada vez máis colaborativos ca competitivos, a valorar todas as ideas e as peculiaridades de cada compoñente do grupo e tentar crear sinerxias nas que todas as valoracións conflúan en solucións máis integradoras.
  • A resolución de conflitos: entendemos o conflito como algo que temos que resolver, e a poder ser dun modo o máis rápido e sinxelo posible, quitándolle importancia, cantas veces repetimos “son xogos de nenos”?
  • Poderiamos aproveitar o conflito como unha oportunidade para traballar as desigualdades, para detectar os desequilibrios nas relacións sociais dos individuos, para apoiar a quen se sente débil, perxudicadx, invisibilizadx, diferente, porque identificamos a diferenza como algo a rexeitar, e a debilidade como algo do que fuxir.
  • Os espazos de aprendizaxe: onde podemos apoiar os conceptos de coeducación, tanto na aprendizaxe formal coma na informal. Tratar todos os temas de xeito transversal en todas as actividades que facemos. 
  • Na educación formal o papel é das educadoras e educadores, botámolos en falta no foro para que compartisen a súa visión, a súa experiencia, e porque tamén somos conscientes das dificultades que teñen na súa actividade diaria para resolver os conflitos e educar. Nos gustaría crear pontes de colaboración para apoiar a súa labor, pero temos que ter espazos e tempos para compartir inquedanzas e reforzar o noso traballo en común, que é a educación.
    crisigualdade@gmail.com
  • Na educación non formal, nas actividades que chamamos extraescolares, dende a ANPA queremos facer ese traballo de mellorar en Igualdade, e sabemos que é un obxectivo difícil e prolongado. A vantaxe é que normalmente as nenas e nenos que asisten a unha actividade extraescolar é porque lles gusta, e polo tanto a actitude para a aprendizaxe mellora, e o xogo é unha das mellorres ferramentas de aprendizaxe.
  • Asi lanzamos ao monitorado das actividades extraescolares unha serie de propostas para mellorar en coeducación, medidas sinxelas pero concretas que poden axudar a un mellor autocoñecemento e autoaceptación, e ao coñecemento e aceptación dos demáis coas súas diferenzas e características, coas súas peculiaridades:
  • traballar as "debilidades" de nenas e nenos como algo positivo, en colaboración entre todas
  • empregar femininos xenéricos incluíntes
  • fomentar o desfrute da actividade en vez da competitividade
  • adicar 5 minutos finais para que expresen como se sentiron
  • expor nalgunha ocasión o tema de igualdade e que expresen a súa opinión
  • fomentar estereotipos neutros tanto na forma de actuar como nas vestimentas
  • todxs somos fortes e todxs somos sensibles
  • E a proposta en conxunto: preparar dende todas as actividades unha presentación para a festa de fin de curso baixo o tema da IGUALDADE (flashmob, coreografía, ou calquera outra proposta que se nos ocorra) 


martes, 22 de outubro de 2019

XOGAMOS!

Que boa tarde!
Un monton de nais e pais, nenas e nenos asistiron ao patio de xogo do cole, agradecemos moito a boa acollida da actividade, a boa actitude de todos, e a colaboración dos novos momitores de fútbol que se implicaron na xornada. GRAZAS A TODXS
Un ambiente estupendo dun grupo de xente que quería facer algo distinto, participar e propor modos de xogar entre todxs!


Os xogos poden ser case os mesmos, se incidimos en que todxs participen, que xogar xuntos é máis importante ca gañar, e non tomarnos demasiado en serio o resultado e si o disfrutar do momento. E que bonito ver desfrutar aos rapaces da ilusión de xogar coas súas nais e pais.

CREMOS FIRMEMENTE QUE O XOGO É UNHA DAS MELLORES FERRAMENTAS PARA APRENDER, PARA TRANSMITIR VALORES.


Dende a ANPA estamos moi contentas coa participación, que desbordou as nosas expectativas. Pedimos descuplas pola falta de previsión para que os xogos estivesen máis organizados, pero puideron realizarse, e tamén nos dimos conta do complicado que o teñen profesorado e monitores de actividades para organizar actividades e xogos coeducativos con grupos numerosos!
...moito mérito!



Tamén nos serviu para darnos conta do difícil que resulta xogar nun patio cuberto con tan mala acústica, difícil entenderse, difícil organizarse. Así que niso tamén podemos aportar solucións para mellorar o espazo. É interesante poñerse no papel dos demáis para tentar entre todxs mellorar as cousas. Que difícil e que interesante!

Sobre todo destacar a boa actitude das persoas que alí estiveron, gracias de novo, e tentaremos repetir a experiencia e mellorar!