A empresa YEAH ACTIVITIES! coa que levamos a cabo o campamento de verán no cole comunícanos que si se chegou o grupo mínimo en case toda-las semanas de agosto, polo que haberá campamento tamén durante o próximo mes. polo momento so haberá un grupo por semana pero todavía estades a tempo de anotar os vosos fillos. para facelo, como sempre, teredes que entrar na paxina web de YEAH!
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
domingo, 25 de xullo de 2021
venres, 18 de xuño de 2021
martes, 8 de xuño de 2021
Xa é oficial, estamos orgullosos de poder anunciar que este verán contamos con Yeah Activities para facer o campamento urbano no cole. Podedes apuntar os vosos peques na paxina webe de yeah activities www.yeahactivities.es
xoves, 18 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
Renovación xunta directiva Anpa
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E
PROCESO ELECTORAL
Estimadas familias,
Como xa sabedes este curso escolar tocaba renovación da Anpa, pero non se presentou ningunha candidatura completa. Na asamblea do 30 de outubro decidiuse esperar a xaneiro a ver si alguén máis se unía a candidatura que se presentou ( non completa ) ou se se presenta outra nova candidatura.
CANDIDATURAS
Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.
Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ao corrente de pago ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo ou en reunións con anpas do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais,atención ás familias swnde o local da ANPA, asistencia o escola naquelas actividades en que se require, etc.
QUEREMOS RECORDAVOS QUE TODAS AQUELAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ANPA COMO AULA MATINAL, EXTRAESCOLARES OU ACTIVIDADES CULTURAIS REALIZADOS COA ESCOLA, QUEDARIAN SIN PODER REALIZARSE SI NINGUÉN SE FAI CARGO DA ANPA.
PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 25 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.
Poderedes envialo o noso correo electónico (anpaosirmandinhos@gmail.com), ou depositalo na nosa caixa de correo.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/ e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 5 ao 16 de febreiro
de 2021.
Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios a unha Asemblea extraordinaria o venres 19 de febreiro para a presentación das candidaturas e elección da nova xunta directiva. Desta asemblea sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2020-2022.
RESUMO
· 25 xaneiro 2021 publicación do proceso de electoral.
· Do 26 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2021 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
· Do 5 ao 16 de febreiro de 2021 período de publicación das candidaturas
· 19 de febreiro de 2021 asemblea extraordinaria (será online). Recordamos que é necesario estar ao día nos pagos para poder votar e poder ser elexidos/as.
Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.
Moitas grazas e un saúdo,
ANPA Os Irmandiños
sábado, 9 de xaneiro de 2021
FESTA NADAL
🎄🎄🎉🎉🎄🎄🎉🎉
Outro ano máis xa esta aquí o mes de Nadal e con el chega o esperado festival d@s nos@s nen@s. Este ano polas circunstancias que nos están a tocar a vivir non se puido celebrar como a todos nos gustaría.
Queremos, dende a Anpa, agradecer a todos os mestres e o equipo directivo o traballo que están a facer para conseguir que todas as actividades e festas que se fan na escola sigan adiante, ainda que sexa de maneira diferente.
Tamén queremos agradecer as familias a implicación para que este ano escolar sexa o máis normal posible.
E por suposto agradecer @s nen@s por ensinarnos que pase o que pase nunca se debe perder a ilusión e que sempre hai que buscar o lado positivo da cousas.
Este ano non foi posible facer a chocolatada coa que agasallabamos os ne@s da escola, pero dende a Anpa queriamos facer algo para que disfrutaran de algo parecido.
Mercamos unhas bolsas de tela que logo decoramos co nome da escola e co debuxo de Kim (o boneco que se usou para as xornadas de igualdade). Repartimos nas bolsas galletas artesáns e batidos. Preparamos bolsas axeitadas para cada tipo de alerxia e así tod@s @s nen@s puideron disfrutar da merenda.
Tivemos moito traballo pero fixémolo cunha ilusión moi grande. Nas fotos que mostramos abaixo podedes ver todo o que estivemos preparando.
Galletas e etiquetas para as alerxias:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















