🎄🎄🎉🎉🎄🎄🎉🎉
Outro ano máis xa esta aquí o mes de Nadal e con el chega o esperado festival d@s nos@s nen@s. Este ano polas circunstancias que nos están a tocar a vivir non se puido celebrar como a todos nos gustaría.
Queremos, dende a Anpa, agradecer a todos os mestres e o equipo directivo o traballo que están a facer para conseguir que todas as actividades e festas que se fan na escola sigan adiante, ainda que sexa de maneira diferente.
Tamén queremos agradecer as familias a implicación para que este ano escolar sexa o máis normal posible.
E por suposto agradecer @s nen@s por ensinarnos que pase o que pase nunca se debe perder a ilusión e que sempre hai que buscar o lado positivo da cousas.
Este ano non foi posible facer a chocolatada coa que agasallabamos os ne@s da escola, pero dende a Anpa queriamos facer algo para que disfrutaran de algo parecido.
Mercamos unhas bolsas de tela que logo decoramos co nome da escola e co debuxo de Kim (o boneco que se usou para as xornadas de igualdade). Repartimos nas bolsas galletas artesáns e batidos. Preparamos bolsas axeitadas para cada tipo de alerxia e así tod@s @s nen@s puideron disfrutar da merenda.
Tivemos moito traballo pero fixémolo cunha ilusión moi grande. Nas fotos que mostramos abaixo podedes ver todo o que estivemos preparando.
Galletas e etiquetas para as alerxias:
Ningún comentario:
Publicar un comentario