venres, 4 de decembro de 2020

Xogos patio escola

 Este ano tan diferente en todo, os nos@s nen@s non podían xogar nos recreos coma os outros anos. Por este motivo desde a escola plantexaron a idea de pintar o patio con diferentes xogos. A idea pareceunos moi boa e decidimos dende a Anpa colaboraborar axundando a escola pagando todos os xogos. 

Queremos agradecer a tódolos pais que pertencen a Anpa por colaborar facendose socios neste ano tan atípico. Gracias a vos podemos seguir facendo cousas en colaboración co centro para que todos @s nen@s da escola poidan disfrutar. Sen os socios nada de isto sería posible. Por iso queremos animar a aqueles que ainda no son socios a que o fagan, porque todo o que facemos e para tod@s @s nen@s da escola socios ou non. 

Para nos como Anpa e como nais e pais parecenos importante que @s nos@s fill@s pasen por estos momentos tan atípicos coa maior normalidade posible. E facendo todo o que poidamos para que esta situación non lles resulte estresante.








Ningún comentario:

Publicar un comentario