venres, 4 de decembro de 2020

MAGOSTO 2020

MAGOSTO 2020

 Por fin chegou o  magosto!. Coma todo neste ano hai que festexalo de maneira diferente pero festexalo como se merece .

@s nen@s xogaron a xogos tradicionais como carreiras de sacos, lanzamento de buxainas, carreiras de castañas... e despois de pasalo tan ben puideron disfrutar das castañas. Queremos destacar que en todo momento os profesores coidaron de que se mantivese as normas do protocolo e desinfección. 

Este ano chamuscaronse un pouquiño, pero o importate e que os nenos  desfrutaron moito a pesar das circustancias que vivimos. 

Coma todos os anos a Anpa colabora coa festa do magosto comprando as castañas e asandoas. 

Outros anos as familias tamén colaboran (facendo os conos, picando e asando castañas, axudando nos xogos...) e disfrutan da festa c@s nen@s, pero este ano debido os protocolos non puido ser pero para o ano teremos máis e mellor.

 Desde a Anpa queremos agradecer os socios a vosa colaboración na Anpa, os mestres a vosa implicación para cos nos@s nen@s para que disfrutaran desta festa e por suposto os nen@s e nen@s por ser un exemplo ante as situacións adversas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario