xoves, 27 de abril de 2017

ASHEBER DÍAZ, TODO UN CAMPIÓN!

Recordades o XXXVIII Cross Escolar Mosteiro de Bembrive?

Tres foron os alumnos do noso centro que quixeron participar.  Asheber  Díaz e máis a súa irmá Lola na categoría de alevíns, e Gael Lema na categoría de Pitufos.

O bo destas actividades é participar, todos o sabemos moi ben, e a satisfacción de chegar a meta dando o millor de nós , sen rendernos; levantandonos se temos a mala sorte de caer, seguir adiante, e acabar a carreira sabendo que o noso esforzo podenos levar moi lonxe.

Pero ademáis, neste caso, o esforzo de Asheber veuse premiado cun trofeo que luce moi orgulloso, pois quedou na cuarta posición. Dende aquí, os nosos parabens!

martes, 25 de abril de 2017

ASAMBLEA PARA TRATAR AS ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Achegase o fin do curso e coma todolos anos estamos a planificar a Excursion as Illas Cíes, a Festa de fin de curso e presentarvos unha proposta para as actividades extraescolares do próximo curso. Polo que vos convocamos a unha Asamblea Extraordinaria o día 9 de maio ás 16:00 h. en primeira convocatoria é ás 16.30 h. en segunda.

A continuación pasaremos a tratar o tema dos ESTATUTOS e a súa aprobación, como vos explicamos no seguinte post.

Podedes descargar as dúas convocatorias dende AQUI, e dado a importancia dos temas a tratar, rogamos a vosa asistencia.

Recordamosvos que teremos servicio de ludoteca para facilitar a vosa asistencia, non olvidedes apuntar os nenos para poder organizalo.

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA PARA A APROBACIÓN DOS ESTATUTOS

Os Estatutos son a base pola que se rixe a asociación, de ahí a súa importancia; e teñen que estar legalizados. Non atopamos ningunha copia que cumpra estes requisitos nin na oficina, nin no colexio, nin en FOANPAS, nin tampouco na propia Xunta, polo que debemos iniciar o proceso para legalizalos.

Os Estatutos os podedes atopar nos documentos descargables deste blog, e dispoñedes de 10 días  para presentar as propostas ou enmendas que consideredes oportunas. Estas complementarán o texto proposto e volas faremos chegar cun mínimo de 3 días antes da Asamblea Xeral Extraordinaria, na que se procederá ó seu debate e aprobación e que se celebrará o día 9 de maio, no comedor do centro. as 17:00 h. en primeira convocatoria e 17.30 h. en segunda. Será despois da Asamblea onde se trata o tema da excursión a Cies. Así que teremos unha tarde completa!

Recordamosvos que ofrecemos servicio de ludoteca para facilitar á asistencia, baixo petición.

Podedes descargar as convocatorias das dúas reunións AQUÍ

Dado a importancia dos temas a tratar en ambalas duas asambleas, rogamos a vosa asistencia.


mércores, 19 de abril de 2017

martes, 18 de abril de 2017

CAMPEONATO DE AXEDREZ


Gustavos o Axedrez? Queredes participar nun campeonato? Pois esta é a vosa oportunidade. Tatarina organiza un campeonato o día 20 de maio pola mañá, de 10:30h a 14:00 h.

Se queredes participar, só tendes que inscribirvos na nosa ANPA por mail, no buzón ou na oficina, indicando o nome do participante e o curso ó que pertence antes do 30 de abril . Nos faremos chegar o listado á Tatarina para que poidan organizalo.

ANIMÁDEVOS

1ª FESTA MIUDIÑA EN VALLADARES

1ª FESTA MIUDIÑA

Domingo 23 de abril de 2017

A Cooperativa Miudiño convídavos a compartir unha emocionante xornada en familia onde haberá música, obradoiros, contos, xogos e  brinquedos, nun fermoso entorno natural como é  o Parque Forestal do Monte dos Pozos, Valladares-VIGO, dende ás 11:00 da mañá ata ás 20:00h do serán.

Programa:
11:00. APERTURA DA FESTA
12:00. “FÍOS DO QUERER” Cé orquestra pantasma (0 a 5 anos)
13:15. OBRADOIRO DE TOCADORES DE FOLLA
14:00. Peche das actividades da mañá e parada para Xantar.
16:30. “O XOGUETEIRO” Cé orquestra pantasma (tódolos públicos)
18:30. “A MÚSICA DAS ÁRBORES” con Anxo Moure e Servando Barreiro.

Ao longo de todo o día
XOGANDO MIUDIÑO (Espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais)
OBRADOIRO DE BRINQUEDOS (Creación libre)
TENDA MIUDIÑA (Xogos e xoguetes Miudiño, Fíos do querer…)
CICLOBIBLIOTECA (Espazo de lectura)

*Podes traer o teu xantar ou reservar no restaurante do parque Tel 986469442
*Se chove a festa realizarase na Casa do Montes de Valadares, ao lado do Adro Parroquial.

Organiza: Miudiño S. Coop. Galega.
Colabora: Montes Vigo e Montes Veciñais en Man Común Valladares- VIgo
Máis información en www.miudinho.gal

luns, 17 de abril de 2017

XXXVIII CROSS ESCOLAR MOSTEIRO BEMBRIVE


Deixamosvos a información relativa o XXXVIII CROSS ESCOLAR MOSTEIRO DE BEMBRIVE. Para apuntarvos debedes enviarnos o nome do participante e ano de nacemento/categoría antes do xoves 20 de abril, xa que a inscripción debemos realizala dende o noso ANPA.





OBRADOIRO DE PRIMAVERA DE JUMPING CLAY



Xa estamos de volta da Semana Santa cunha nova convocatoria para o Obradoiro de Jumping Clay. Sabemos que é unha actividade que aos nenos e ás nenas lles encanta, e esperamos que a disfruten como noutras edicións. 

Recordamosvos que ainda que esté planificada en dous días,  só se pode asistir un.

Vos deixo a circular informativa con toda a información.





Benqueridas familias:

Os días 27 e 28 de abril, de 16.00 a 17.00h aproximadamente, terán lugar no comedor os obradoiros de jumping clay para todos aqueles que desexen participar.

Esta actividade é de balde para os socios da Anpa Os Irmandiños, o prezo para os non socios é de 3,5 euros.

Para confirmar coa empresa o número de monitores necesitamos coñecer os alumn@s interesad@s en participar:

Nome e curso d@ nen@
Autorización para poder sacar fotos e poñelas no noso blog

Podédesvos achegar ao local da ANPA xoves ou venres de 9.00 a 9.30h, deixar os datos no buzón da ANPA ou enviar un e-correo a anpaosirmandinhos@gmail.com

Moitas grazas e un saúdo,



martes, 4 de abril de 2017

AUTOESTIMA, COMUNICACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS


ZONIFICACIÓN ESTREA FACEBOOK


Temos novidades!

Sabedes que o noso ANPA participa no Grupo de Zonificación que reclama un mapa educativo para Vigo actualizado e que prime a cercanía do domicilio para as adcripcións.

Realizamos xa alguns post sobre este tema que nos preocupa, onde explicabamos a problematica actual e cales son as nosas peticións.

Seguimos avanzando e a semana pasada creamos una páxina facebook. Invitamosvos a que a visitedes, e nos deixeis os comentarios que creades oportunos. Compartídea nos vosos perfiles para que chegue a todo o mundo.