sábado, 28 de outubro de 2017

EDUCANDO EN IGUALDADE_ 4 de Novembro

Unha vez máis toca falar da igualdade entre os xéneros e a necesidade de romper estereotipos, por iso nos facemos eco desta formación que ofrece a Secretaría Xeral de Igualdade en Santiago, e que para variar neste tipo de actos, tamén conta con ludoteca para que os fillos se entreteñan mentres os pais se forma. O límite de inscripción é o 3 de novembre. Se queredes ampliar información podedes descargar o diptico aquí e tamén a folla de inscripción.




martes, 17 de outubro de 2017

PERCORRIDO LITERARIO - 21 OUTUBRO

Achegamosvos unha proposta do Concello de Vigo onde se mixtura a literatura e o paseo ó aire libre por si é do voso interese.



domingo, 15 de outubro de 2017

EDUCACIÓN CONSCIENTE PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA

Un dos compromisos deste ano é aumentar a participación das familias nas actividades que levamos a cabo, e volo vamos a poñer moi fácil, pois comenzamos cunha charla moi interesante e cunha ponente excepcional: MARÍA CARBALLO TUBIO

María é unha profesora do noso centro con formación específica na Educación Emocional, Ioga, Mindfullnes, Técnicas de Relaxación, e Pedagoxía Activa. E como xa saberedes, co proxecto IOA EMOCIONA que levou a cabo no noso centro, foi premiada  polas suas boas prácticas educativas. Colabora na formación de docentes e temos a sorte de poder contar con ela para o noso proxecto.

Vos deixo a continuación a información sobre a charla que nos propuxo, e que será moi interesante. O número de prazas será limitado, por iso é imprescindible que vos inscribades enviando un mail ou un whatsapp ao móvil do ANPA. Contaremos tamén con servicio de ludoteca para os máis cativos, (con inscripción previa) para facilitar a vosa asistencia.

Datos da charla: 


Fecha: Xoves 26 de outubro, ás 17:00h.

Lugar: Sala de música do CEIP Virxe do Rocío


Título: Educación consciente para nenos de infantil e primaria


Contidos:  

Esta charla pretende reflexionar sobre a necesidade de introducir  límites, normas e responsabilidades nos nenos de hoxe. Aprenderemos a maneira de establecer pautas a través de estilos educativos respetuosos e conscientes, para axudar os nenos a desenvolver a súa libertade sin caos.

Poñeremos atención especial aos perigos da sobreestimulación e descubriremos o gran potencial dos entornos naturais para curar ao neno que sufre os síntomas de tantos estímulos.

Coñeceremos ademáis técnicas e recursos para desenvolver calma e tranquilidade na casa, creando ambientes sanos para nenos e para os adultos

¿A que é moi interesante? Non podedes perder esta oportunidade. Contamos ca vosa participación.


xoves, 12 de outubro de 2017

CURSOS DA AUGA: GRATUITOS PARA PAIS

Estes cursos son un convite a meter un pé na auga, a pór a lingua en remollo; unha boa escusa para perfeccionar o noso idioma a través do coñecemento do patrimonio natural e cultura que inza arredor da auga.
Curso de auga salgada: O mar, fonte de vida coma os ríos, é ademais unha porta aberta ao mundo. Neste curso achegarémonos ao coñecemento da historia da nosa cidade e do seu desenvolvemento económico e cultural, só explicable pola relación ancestral co medio mariño. Guiranos nesta travesía o estudo da riqueza lingüística que o mar, e todo o que se xera arredor, del, atesoura.
Curso de auga doce: Desde os ríos e regatos da nosa comarca até o pai Miño, o fluír da auga sempre foi no noso país fonte da vida; determinou a orografía, permitiu o desenvolvemento de ecosistemas diversos e condicionou a nosa maneira de habitar o territorio. Ao longo dos seus cursos medra unha cultura material e inmaterial diversa e un rico patrimonio lingüístico e cultural que nos incumbe.
Podedes ampliar a información (inscrición, datas, horarios, lugar, etc.) sobre os cursos premendo no curso que vos interese.

martes, 10 de outubro de 2017

ACTIVIDADES PARA OS NENOS 13-15 OUTUBRO

Aquí temos un bo plan para o fin de semana... 

TALLER DE ANIMACIÓN FOTOGRÁFICA: O sábado 14 de outubro de 17:00h. a 19:00h, no Centro Comercial da Praza Eliptica vaise celebrar este obradoiro gratuíto. Neste taller os nenos aprenderán cómo animar un boneco, un coche, recortes de papel, etc. Cada neno debe levar un obxecto para animar e coas cámaras realizarán unha película. Non vos parece interesante? Pois poden participar nenos e nenas entre 7 e 12 anos, e a inscripción será por riguroso orden de chegada. 

TALLER DE COCIÑA: no Mercado do Progreso 41, vaise levar a cabo un obradoiro de cociña para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Elaboraranse pratos sanos, saludables e divertidos, así que si che gusta cociñar, podes apuntarte neste taller ata o mércores as 15:00h, se queredes ir ao obradoiro do venres. Se preferides ir o sábado ou o domingo, podedes apuntarvos ata o venres ás 15:00h. Vos deixamos o cartel para que vexades prezo e horario. E se queredes máis información podedes contactar cos organizadores no tlf.  644 731 093 ou no mail info@imaxina.net






XXII CROSS ESCOLAR- 22 OUTUBRO

Está aberto o prazo para inscribirse no XXII Cross Escolar A.D. Castro - San Miguel que se levará a cabo o Domingo 22 de Outubro, no Parque de Castrelos.

O Mércores 18 de Outubro remata o prazo de inscripción e podedes apuntarvos en:

           - Páxina Web: www.gecastrosanmiguel.com
           
           - El Corte Inglés Departamento de Deportes

Ou podes enviar o teu nome, apelidos, data de nacemento, telefono y club/colexio a:

              - E-mail: adcastrosanmiguel@gmail.com

              - Colegio San Miguel II - Tomás Alonso 13 - 36208 - Vigo
        



venres, 6 de outubro de 2017

ACTIVIDADES FORMATIVAS EN OUTUBRO

Axuntamos información de varias actividades formativas por si son do voso interese:

-          Xornadas de atención á diversidade en Carballo organizadas por ANPAS Galegas (5, 6 e 7 de outubro). Podedes obter máis información aquí.

-          Taller sobre a pedagoxía branca en Vigo o 21 de outubro (máis información aquí)


VI FESTA DA RECOLLEITA E MAGOSTO- 7 OUTUBRO

Un ano máis o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA vai celebrar  unha nova edición da FESTA DE RECOLLEITA DO MILLO & MAGOSTO POPULAR que terá lugar o vindeiro sábado 7 de outubro  nas inmediacións do Muiño da Regueira en Matamá (Vigo).


Comezará a festa ás 17h.  cunha pequena ANDAINA PARA NEN@S e ADULT@S para ir recoller o millo e cargalo nun carro tirado por unha parella de bois. A metade da ANDAINA actuará O BARDO ABELARDO co seu espectáculo infantil.

De volta ao lugar da festa, comezará a ESFOLLADA DO MILLO e o REPARTO DE CASTAÑAS a partir das 19h

Sobre ás 20h. actuará o pallaso PETER PUNK, que nos presentará un animado espectáculo para facernos pasar un bo rato.

Remataremos a festa coa boa música do grupo BLUES DO PAIS.

ANIMÁDEVOS A VIR!!!!

Zona de los archivos adjuntos