mércores, 15 de novembro de 2017

II RECOLLIDA DE XOGUETES

Achegase o Nadal e os nenos xa están pensando en que lle van a pedir o Pai Noel ou aos Reis Magos. E vai sendo hora de retirar aqueles xoguetes que xa non se usan. 

O ano pasado iniciamos a primeira campaña solidaria de recollida de xoguetes, e a experiencia nos pareceu moi boa, así que queremos repetila este ano. Pensamos que é unha boa maneira de ensinarlle aos nosos nenos a ser solidarios e de paso facer un poco de oco na casa!

Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen, e deixándoo nunha Caixa que estará na entrada principal do centro, do 20 de Novembro ao 15 de Decembro. Os xoguetes que entreguedes non teñen porque estar novos, por suposto, pero sí en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal, e pretendemos debullar sorisos nas suas cariñas.

Un ano máis colaboraremos ca Asociación VIDA DIGNA, que ten a sede na Rua do Brasil, 54 de Vigo. Creouse en 2005 e acolle, asesora e apoia a  familias que o necesitan. Entre outras actividades, ofrece roupa e alimentos, pero seguro que moitos a coñecedes pola campaña do Nadal que fan todos os anos en Toys ur us. Se queredes saber máis desta asociación podedes visitar a súa páxina http://www.vidadignavigo.com/

Vamos a doar os xoguetes que recollamos a esta asociación, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten, para que a maxia do Nadal chegue a todos os fogares. 

CONTAMOS CON VOS!!!

martes, 7 de novembro de 2017

EDUCACIÓN CONSCIENTE PARA NENOS DE E.I. e E.P.


Temos que agradecer a María Carballo Tubío a estupenda charla de EDUCACIÓN CONSCIENTE PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA, que puidemos disfrutar o pasado día 19 de outubro. 

Fixemos casi pleno de asistencia, o que demostra que estes temas nos interesan moito como pais de nenos que viven nunha sociedade cambiante e chea de estímulos. Para todos aqueles que non 
puidechedes vir, vos faremos un resume desta estupenda charla.

A primeira reflexión que fixemos foi sobre como aprenden os neneos e qué factores modifican os momentos educativos, tendo en conta a relación neno-adulto-obxecto.

As características principais da sociedade na que estamos a educar aos nosos fillos son a axitación, irritabilidade, inquietude, agresividade, comodidade, inmediatez… Os nenos están sobre estimulados e seguindo a teoría de Catherine L’Ecuyer, convirtese nun círculo vicioso no que o neno sin estimulo aburrese, ponse máis inquieto e necesita novas sensacións, cando lle ofrecemos un estímulo novo, se tranquiliza temporalmente pero pronto inicia outra vez o círculo necesitando cada vez un estímulo mais forte, de modo que a estimulación sustitúe o motor do neno. Así pois temos nenos con estrés, dificultades de atención e que non saben xestionar de forma axeitada as suas emocións.

Como pais queremos que os nosos nenos sexan felicies, e temos que ter en conta que a felicidade é unha habilidade que temos que aprender e exercitar. Os nenos son maravillosos pero tamén  teñen as súas necesidades, e cando falamos de que un neno se porta mal, non nos estamos dando conta de que é unha actitude NORMAL propia da sua edade é necesaria para descubrir o mundo, sexa por causas físicas (cansancio, hambre, sono, enfermedade…),psíquicas (autoafirmación, inseguridade, tristeza, pouca tolerancia á fustración,…) ou condicionada por axentes externos (non ter en conta os seus sentimentos, modelos a imitar erróneos, normas e límites pouco claros,…).

Quizáis un punto que preocupa bastante ós pais é como establecer límites e normas para os nenos que se portan mal. É importante chegar a acordos consensuando á necesidade da norma e a consecuencia do seu incumprimento (que debemos levar a cabo sempre, polo que deben ser realistas), razonando e tendo en conta a personalidade do neno en todo momento. Tamén é fundamental implantar as normas progresivamente (non todas xuntas), para non saturar ao neno e a nos mesmos! Porque non é algo instantáneo e leva tempo e esforzo por todalas partes levalas a cabo.

Así entramos no apartado que dá nome a esta charla, a EDUCACIÓN CONSCIENTE: comprender, revisar y actualizar a nosa forma de educar tendo en conta o que é, sente e percibe, tanto o neno como nos mesmos.  E o mellor método é a presencia combinada coa necesidade de non controlar tanto aos nenos. Esto lévanos á reflexión… Cómo estou máis presente? Estando presente en tempos no estructurados, sendo flexible e realista, reducindo xoguetes, palabras e estímulos, no identificándonos cos comportamentos dos nenos (contaxio emocional e neuronas espello), cuidando o noso sitema nervioso e creando ambientes sans:  espacios para a calma, rituales para a conexión, contemplación da natureza, compartir masaxes, e moitas mais ideas que podedes descubrir no blog A escola dos sentimentos, onde María comparte con nos o seu proxecto de aula IOGA EMOCIONA, polo que gañou un premio nacional o ano pasado de innovación educativa, e que agora intenta levar a cabo en primaria.

Como recomendación especial temos o libro EL CEREBRO DEL NIÑO,  de Daniel J. Segel y Tina Payme Beyson.
Así pois, agradecemos a María o esforzo que fixo para darnos esta maravillosa charla, e esperamos poder contar con ela no futuro para seguir esta escola de pais.









domingo, 5 de novembro de 2017

RESUMEN DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DO 20-10-2017

O pasado día 20 de Outubro de 2017, no comedor do Centro Escolar, levouse a cabo a reunión da Asemblea xeral ordinaria dos socios e socias do Anpa Os Irmandiños, co seguinte Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior
2. Examinar e aprobar a memoria de actividades
3. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior
4. Aprobar o proxecto e o orzamento para este curso 2017-18
5. Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
6. Asuntos varios
7. Quenda de preguntas e suxestións

Comezou a reunión lendose a ACTA DA ASAMBLEA ANTERIOR, que se aproba por unanimidade, ó igual que a MEMORIA DE ACTIVIDADES e máis as CONTAS E BALANCES DO EXERCICIO ANTERIOR.

Para o curso vindeiro intentaremos continuar co PROXECTO presentado na nosa candidatura, e levar a cabo os puntos pendentes (vos recordamos que podedes consultar o proxecto na parde dereita deste blog, no apartado de documentos descargables). para levalo a cabo, presentase unha PREVISIÓN DE GASTOS, que é aprobado por unanimidade.

Neste apartado faremos especial mención ó aumento da cantidade de colaboración co centro, pois necesitan comprar unhas estanterias para o hall do centro e para o corredor do primeiro piso. Dende o ANPA contribuiremos cun presuposto de 500 €.

Tamén pretendese este ano facer unha inversión en tódalas actividades extraescolares subvencionando parte do material que necesitan os alumnos ou mercarndo material para mellorar o desenvolvemento da clase. 

Tamén mercanse diversos xogos para que os alumnos do aula matinal podan disfrutar deles nesta espera.

Non podemos olvidar tamén que este ano as actividades extraescolares sufriron unha subida de un euro por alumno, que non será repercutido nos socios, pois se manterá o precio do ano anterior.

Informase que a apertura da oficina do ANPA, salvo casos excepcionais, será os martes e venres de 9:05 a 10:00, e os martes pola tarde de 16:00 a 16:55. Se alguén necesita falar con nos, pode facelo por whatsapp. mail, telefono, ou podemos acordar unha reunión  nun horario específico.

No punto de SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E DE ACCIDENTES apróbase o cambio de compañía de seguros da póliza de responsabilidade civil mantendo as mesmas condicións.
Acórdase non contratar un seguro de accidentes xa que as necesidades están cubertas, salvo no caso dos nenos de atletismo menores de oito anos para os que se contrata un seguro para cada neno (15€).
En caso de necesidade por algunha actividade concreta, pódese contratar un seguro puntual.

ASUNTOS VARIOS
- Dende a Anpa quérese apoiar ó colexio nas reinvindicacións relativas ás deficiencias e danos no centro, tendo en conta que está a piques de rematar a garantía da empresa constructora e que debería facerse cargo destes arranxos. Outro punto é a falta de personal de apoio para os alumnos con certas dificultades, e a reducción de horas do personal de orientación, que compartimos con outro centro . Entréganse ós socios dous escritos para recadar firmas e que se tomen medidas para arranxar esta situación. Acordase que estes documentos estarán na oficina do ANPA para que todas aquelas personas que queiran, podan pasar a firmar.

- Suxírese a idea de ofertar bolsas de actividades para familias con dificultades económicas (tendoo en conta no presuposto para o vindeiro ano). Dende a Asamblea se aproba a proposta e se deixa en mans da Xunta Directiva a concreción dos límites para a súa adxudicación.

Nunha reunión posterior da Xunta Directiva do ANPA acordase fixar un criterio económico, de xeito que os solicitantes non deberán superar o 75% do IPREM e para xustificalo deberán presentar a declaración ou un xustificante de ingresos e a tarxeta do paro (si este é o caso). De todolos xeitos, estudiaranse os casos especiais e poderase pedir documentación complementaria que xustifique a situación.

QUENDA DE PREGUNTAS E SUXESTIÓNS

- Tómase nota da preocupación dos socios pola falta de comunicación coa dirección do centro. Os pais queren ter máis información sobre temas relevantes tratados nos consellos escolares.

- Éxponse a posibilidade de dispor dunha aula multiusos no colexio vello, opción que haberá que consultar ca dirección do centro e informarnos sobre a cobertura do seguro.

E así remata a nosa asamblea ordinaria de principio de curso. Se alguén ten algunha pregunta, non dubidedes en consultarnolo.