mércores, 10 de outubro de 2018

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA 2018


RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E
PROCESO ELECTORAL

Estimadas familias,

Por mor da renuncia voluntaria ao cargo da Xunta Directiva actual deberemos convocar unha Asemblea para elixir un novo equipo.

CANDIDATURAS

Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
 
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.

Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ao corrente de pago ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo ou en  reunións con anpas do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais … 


PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
 
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 24 de outubro ao 4 de novembro de 2018.

Poderedes entregalo en man no local da ANPA, ou depositar na nosa caixa de correo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/  e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 5 ao 11 de novembro de 2018.

Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios a duas Asembleas xerais o martes día 13 de novembro de 2018. Primeiro teremos unha asemblea ordinaria para a presentación das contas e memoria das actividades realizadas 2016-2018 e despois outra extraordinaria para a presentación das candidaturas. Desta asemblea extraordinaria sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2018-2020.

RESUMO
·         10 outubro 2018 publicación do proceso de eleccións
·       Do 24 de outubro ao 4 de novembro de 2018 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
·       Do 5 ao 11 de novembro de 2018 período de publicación das candidaturas
·       13 de novembro de 2018 asemblea xeral ordinaria e extraordinaria. Recordamos que é necesario estar ó día nos pagos para poder votar.



Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.

            Moitas grazas e un saúdo,


ANPA Os Irmandiños

Ningún comentario:

Publicar un comentario