O pasado mércores 10 de outubro houbo consello escolar, e como tódos os inicios de curso aprobouse a Programación Xeral Anual (PXA 2018/2019) do noso centro. Neste documento o centro recolle cales son os obxectivos para este ano, qué medidas vai levar a cabo para acadalo, e con qué recursos conta para facelo.
Tamén aprobouse como día non lectivo do centro o 2 de novembro, a ainda que faltaba a confirmación da consellería, coidamos que non haberá cambios neste sentido, xa que a maioria dos CEIPs e IES de Vigo, elexiron este día como non lectivo.
Por último, e quizais o máis preocupante para nos, é a notificación das deficiencias que todavía temos no centro, que xa reclamamos con anterioridade e que persisten, como as alta temperatura nas aulas de infantil, o afundimento do chan en diferentes zonas da escola, e das que non recibimos contestación algunha. Pero que ademáis se ven agravadas polas averías no sistema de calefacción tendo en conta que chega o inverno; a avaría do ascensor, moi necesario tendo en conta que temos alumnado con dificultades na sua movilidade; e a falta de coidado da finca colindante que nos invade a sua vexetación e caen no noso patio frutos non comestibles, co perigo que elo supon para os nosos nenos.
Ante esta situación, comprometémonos como ANPA a presentar un escrito de queixa ao Concello que é quen debe arranxar esta situación, pois xa finalizou o periodo de garantía da obra, como paso previo a tomar outro tipo de actuacións mais contundentes de protesta. Nesta semana esperamos xa presentalo no Concello e vos manteremos informados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario