FOANPAS organiza unha xuntanza de familias NEAE o vindeiro sábado 27 de outubro no IME, sito en Camiño do Chouzo, nº 2 (Vigo), dende as 10:00 ata as 14:00 horas.
Cal é a situación do alumnado NEAE na escola? Cales son as súas necesidades? Estanse a cubrir? Son suficientes os recursos cos que se conta? Cal é a función das aulas específicas? E a familia que papel ten?
Convocamos a todas as familias NEAE a esta xuntanza na que analizaremos, reflexionaremos e debateremos sobre a inclusión educativa e sobre a situación do alumnado NEAE nas aulas. O noso obxectivo é chegar á Administración para que se respecten os dereitos do alumnado con diversidade e poder acadar o seu benestar nas aulas.
Os/as interesados/as podedes inscribirvos vía telefónica: 986298812 ou no correo electrónico: foanpas@foanpas.com ata o 26 de outubro. Para facilitar a vosa asistencia contaremos con servizo de ludoteca para nenos/as de 3 a 12 anos (previa inscrición e se hai un mínimo de 5 nenos/as anotados/as).
Pregamos difundades esta información entre as nais e os pais do voso centro, especialmente aquelas familias que teñen fillos e fillas con necesidades específicas de apoio educativo. A unión de todas as familias é importante e queremos coñecer a opinión e situación de todas.
Agradecendo a vosa colaboración e agardando sexan do voso interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario