Un ano máis, os nenos e nenas do Rocío participaron animadamente no obradoiro de Jumping Clay que tradicionalmente ven organizando a ANPA. Nesta ocasión, e dadas as datas de Nadal, os nosos pequenos e pequenas creativas fixeron a figura da porta da casa de Papá Noel. O obradoioro tivo lugar nos días 12 e 13 de Decembro e tivemos pleno de asistencia! Un total de 90 nenos e nenas, 45 cada día. Como parte da ANPA, tivemos a sorte de poder estar alí dentro e poder comprobar o ben que o pasaron, a concentración que tiñan seguindo as indicacións das monitoras e a ilusión que mostraban a medida que iba avanzando a figura. Os maiores, perfeccionistas e metódicos e os mais pequerrechos seguían as indicacións ao detalle. Asombroso tamén como os maiores axudaban aos pequenos e compartian a plastilina.
Foi toda unha festa do Jumping Clay, unha hora onde a súas máns fixeron arte e saíron felices ensinando ás familias a figura que tan ben remataran.
Seguiremos apostando por actividades que axuden a desenvolver a súa creatividade, imaxinación e nos permita manter os nosos compromisos de inclusividade, solidaridade e respeto a diversidade e diferenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario