Facémosvos unha nova proposta dende a ANPA coa vontade de que pensemos entre todas que queremos facer pola educación dos nosos fillos e fillas, que papel queremos ter, como podemos axudar aos mestres e mestras na educación e formación.
Temos claro que todos os adultos que rodeamos aos nosos fillos e fillas somos importantes e nos gustaría expresar esa idea dende a ANPA.
Tamén temos claro que debemos educalos no respecto á diversidade e ás diferenzas, en valorarnos todas e todos, en coñecernos e coidarnos. Queremos para as nosas fillas e fillos unha sociedade mellor, máis inclusiva e solidaria.
Por todo isto gustaríanos traballar, coa proposta deste concurso, con estas dúas ferramentas, das que tanto podemos aprender: a IMAXE e a PALABRA, e desenvolver os seus talentos para expresar e representar esa sociedade futura da que elas e eles formarán parte.
Propoñémosvos acompañalos nesa aprendizaxe, aprender xunto a elas e eles, descubrir e compartir ideas, pensamentos e imaxes. Un pequeno exercicio pode ofrecernos unha grande aprendizaxe e descubrir o seu mundo interior, tan rico e cheo de inquedanzas nestas idades temperás.
Queremos que o concurso non sexa o fin, senón o medio para reflexionar, observar, imaxinar.
ofrecémosvos tamén algúns enlaces que nos parecen interesantes para ver como son os procesos de creación da imaxe e da palabra, e observar como traballan os deseñadores, non para copiar, senón para aprender.
Sobre todo que desfrutedes do que fagades e que o compartamos entre todas e todos.
Seguro que ao final se reflexará nos reultados.
BASES DO CONCURSO:
Algunhas webs de exemplo:
LOGOS: arturogarcia - logaster - aloo
LEMAS: comercionista - víctormartín - marketingandweb - minedu - serpadres
DESEÑADORAS: alextrochut - asociaciongalegadedeseño - uquipermuy
Ningún comentario:
Publicar un comentario