Tamén estamos interesadas en que todos os socios e socias da anpa participen nestas novas propostas, para que sexan do maior interes posible. Asi que agardamos as vosas propostas.
POPPING DANCE
Temos xa organizada unha nova actividade para este mes de xaneiro: un obradoiro de Popping Dance co que queremos abrir o mundo da danza a novas expresións urbanas actuais.
O obxectivo é tamén conseguir da danza unha visión de xénero integradora, para facer visible que a danza non é unha cuestión só feminina, e que os roles de xénero non teñen por que estar presentes nesta disciplina.
Como sempre o fin último é disfrutar aprendendo algo novo.
Para este obradoiro contamos con dous rapaces novos, bailaríns expertos nesta disciplina:
Dany Boogz e Reche, que visitarán o centro en horario escolar o 22 de xaneiro para unha pequena exhibición co alumnado de primaria.
O luns 28 de 16:00 a 18:00 farán un obradoiro aberto a rapazas e rapaces interesados en aprender desta danza urbana.
Poderanse inscribir no obradoiro no local da ANPA ata o venres 25. O obradoiro será gratuíto para socias e socios e 5 € para non socios. Haberá un número máximo de 30 prazas para o obradoiro.
Dany Boogz |
Reche |
Ningún comentario:
Publicar un comentario