martes, 3 de decembro de 2019

Exposición "Obxectivo Igualdade"


Como remate do proxecto de Igualdade deste ano imos presentar unha exposición fotográfica dos obradoiros realizados.

A ollada diversa comeza nas actividades diarias, no que facemos e como obxervamos, porque é fácil ser solidario nos días sinalados e non tanto decatarnos das desigualdades na nosa contorna.
Poñamos o obxectivo, a lente, sobre o que nos acontece, e sobre como nos relacionamos.















Obradoiro Jumping Clay IGUALDADE

Dúas xornadas nas que de novo Kim forma parte da creatividade de nenas e nenos!

Desta vez tocaba darlle forma a través de arxila moldeable, e escoller con que características o identificaba cadaquén:

Moita imaxinación!












Charlas Nós Mesmas para Primaria

Nos días 18 e 19 de Novembro as nosas fillas e fillos recibiron nas súas aulas a visita das formadoras de Nós Mesmas, que organizaron charlas sobre Diversidade, tratando de facer visibles diferentes realidades de familias, e a aceptación das diferenzas.

Celebramos que a formación en igualdade e diversidade entran tamén nas aulas, porque é o lugar onde están todxs, e a mensaxe chega á toda a comunidade escolar.

Interesante poñerse no lugar da diversidade, e necesarias moitas xornadas para convertilo en realidade.

Imos camiñando...





venres, 29 de novembro de 2019


   IV CAMPAÑA SOLIDARIA
DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ROUPA

     Outro ano máis coa chegada do Nadal queremos repetir a campaña solidaria de recollida de xoguetes. Este ano como novidade tamén recolleremos roupa.


     Podedes colaborar levando algún xoguete ou roupa que os vosos fillos xa non usen, e deixándoos nunha caixa que estará na entrada principal do centro, do 3 ó 18 de Decembro.

     Os xoguetes  non teñen porque estar novos, pero sí en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal.


      Todo o  que recollamos donarémolo un ano máis a Asociación VIDA DIGNA, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten.

ANIMADEVOS A COLABORAR

domingo, 17 de novembro de 2019

TRABALLANDO CON KIM

Kim xa comeza a ter as súas características!



















Agradecemos ao alumnado de 6º de infantil a súa ilusión no traballo de darlle a Kim esa identidade múltiple, a personalizalo para observar a diversidade.
Grazas polo voso entusiasmo e felicitade tamén á vosa profe Maricruz, que vos impulsa neste traballo tan bonito!
Agardamos que Kim sega a medrar nos vosos corazóns.