luns, 14 de xaneiro de 2019

Obradoiros Irnandiños: Obradoiro de Popping Dance

Dende a ANPA queremos organizar novos obradoiros para que rapazas e rapaces podan experimentar novas actividades, de diferentes eidos: música, deportes, danza e outras expresións artísitcas, para que podan achegarse a outras disciplinas diferentes das que se ofrecen anualmente e podan despertar novos intereses.neles.
Tamén estamos interesadas en que todos os socios e socias da anpa participen nestas novas propostas, para que sexan do maior interes posible. Asi que agardamos as vosas propostas.

POPPING DANCE

Temos xa organizada unha nova actividade para este mes de xaneiro: un obradoiro de Popping Dance co que queremos abrir o mundo da danza a novas expresións urbanas actuais.
O obxectivo é tamén conseguir da danza unha visión de xénero integradora, para facer visible que a danza non é unha cuestión só feminina, e que os roles de xénero non teñen por que estar presentes nesta disciplina.
Como sempre o fin último é disfrutar aprendendo algo novo.


Para este obradoiro contamos con dous rapaces novos, bailaríns expertos nesta disciplina:
Dany Boogz e Reche, que visitarán o centro en horario escolar o 22 de xaneiro para unha pequena exhibición co alumnado de primaria.

O luns 28 de 16:00 a 18:00 farán un obradoiro aberto a rapazas e rapaces interesados en aprender desta danza urbana.
Poderanse inscribir no obradoiro no local da ANPA ata o venres 25. O obradoiro será gratuíto para socias e socios e 5 € para non socios. Haberá un número máximo de 30 prazas para o obradoiro.

Dany Boogz

Reche


domingo, 13 de xaneiro de 2019

Concurso dun LOGO e un LEMA para a ANPA


Facémosvos unha nova proposta dende a ANPA coa vontade de que pensemos entre todas que queremos facer pola educación dos nosos fillos e fillas, que papel queremos ter, como podemos axudar aos mestres e mestras na educación e formación.
Temos claro que todos os adultos que rodeamos aos nosos fillos e fillas somos importantes e nos gustaría expresar esa idea dende a ANPA.
Tamén temos claro que debemos educalos no respecto á diversidade e ás diferenzas, en valorarnos todas e todos, en coñecernos e coidarnos. Queremos para as nosas fillas e fillos unha sociedade mellor, máis inclusiva e solidaria.

 Por todo isto gustaríanos traballar, coa proposta deste concursocon estas dúas ferramentas, das que tanto podemos aprender: a IMAXE e a PALABRA, e desenvolver os seus talentos para expresar e representar esa sociedade futura da que elas e eles formarán parte.

Propoñémosvos acompañalos nesa aprendizaxe, aprender xunto a elas e eles, descubrir e compartir ideas, pensamentos e imaxes. Un pequeno exercicio pode ofrecernos unha grande aprendizaxe e descubrir o seu mundo interior, tan rico e cheo de inquedanzas nestas idades temperás.

Queremos que o concurso non sexa o fin, senón o medio para reflexionar, observar, imaxinar.
ofrecémosvos tamén algúns enlaces que nos parecen interesantes para ver como son os procesos de creación da imaxe e da palabra, e observar como traballan os deseñadores, non para copiar, senón para aprender.

Sobre todo que desfrutedes do que fagades e que o compartamos entre todas e todos. 
Seguro que ao final se reflexará nos reultados.



BASES DO CONCURSO:



Algunhas webs de exemplo:

LOGOS: arturogarcia - logaster - aloo

LEMAS: comercionista - víctormartín - marketingandweb - minedu - serpadres

DESEÑADORAS: alextrochut - asociaciongalegadedeseño - uquipermuy