ESTAMPANDO IGUALDADE
Obradoiro de camisetas para familias
Este martes 12 de novembro unha morea de famillias anotáronse ao obradoiro de camisetas!, de feito tivemos que facer dúas quendas, e finalmente estampamos 50 camisetas.
O máis bonito foi ver pais, nais, avós, nenas e nenos traballando xuntos, con moi boa actitude, aprendendo a técnica de estampación e estampando palabras tan bonitas como LIBERDADE e IGUALDADE.
Agradecemos a boa disposición de todxs, o ambiente festivo, e o ben que todo o mundo traballou, limpou, compartiu e colaborou cos demais.
Estamos moi contentxs deste día, e do significado que ten: camisetas que van ir espallando LIBERDADE e IGUALDADE, e agardamos que non se quede só en palabras, que nos fagan reflexionar sobre os feitos que realizamos a diario, en encher de igualdade os lugaes onde convivimos. Encher de comprensión e respecto as diferenzas de cada individuo, porque somos Iguais dende as nosas diferenzas.
Só así acadaremos a liberdade real, un obxectivo tan difícil coma preciado. E só dende a consciencia dos nosos actos poderemos construír espazos de liberdade real. Necesitamos querer mellorar, dende o respecto, dende a sensibilidade propia e o respecto das outras sensibilidades.
Agardamos que experiencias coma esta queden na memoria e deixen pegada.
Agradecemos as fotos de Quique, que con tanta sensibilidade como nos ten acostumadxs capturou momentos onde vemos reflectidas estas experiencias.