domingo, 26 de setembro de 2021

 Maña luns 27 de setembro comezan a xornada de portas abertas para probar as actividades extyraescolares que se darán este ano no cole. se queredes asisitir e probar algunha delas recordade que e necesaria inscripcion previa. Para calqueira dubida contactade con nos a traves do telefono do anpa ou do email

 Esta semana que entra faremos a xornada de portas abertas para que asi os nenos proben as mesmas antes de comezar. esto se fará da seguinte maneira:

- As actividades que imparten Yeah activities (multideporte, nutrichef, balonman, taekondo, xadrez e música) teredes que entrar na sua paxina web e apuntarse nas actividades solicitadas, teremos en conta que ops grupos máximos tanto para as probas como para actividade en xeral será de 14 nenos.

https://yeahactivities.es/extraescolares

unha vez probada a actividades se non é do agrado podese dar de baixa. os que non se den de baixa entendese que seguen na actividade. será a propia empresa a encargada de pasar os recibos.

os horarios das probas serán os propios de cada actividade.


- Baile: a xornada de portas abertas se fará o xoves en duas quendas. de 16:00 a 16:30 infantil e de 16:30 a 17:00 primaria. para anotarse a esta actividades farase a traves do whatsappp do anpa. a baixa da actividade farase do mesmo xeito. unha vez confirmada a asistencia  a cota se pagará na conta do anpa nos primeiros 5 días de cada mes.

-Tenis: portas abertas o xoves de 16:00 a 17:00. para anotarse ou darse de baixa farase mediante o whatsaap do anpa. a cota pagarase no numero de conta do anpa nos primeiros 5 dias de cada mes.

- Patinaxe: esta pòr confirmas a xornada de portas abertas. para anotarse e darse de baixa farase mediate o whatsapp do anpa. a cota pagarase no numero de conta do anpa os primeiros cinco dias de cada mes.


Os nenos que quedan a comer no comedor do cole serán os monitores de cada actividade os encargados de recollelos no mesmo. os nenos que veñan de casa os recolleran tamén os monitores das actividades na porta principal do lole xa que os pais e nais non poden acceder o recinto escolar polos protocolos da Covid 19. Para recollelos, polo mesmo motivo serán os monitores os que acheguen os nenos a porta principal do cole para que os responsables os recollan fora do recinto escolar.

faranse grupo de whatsapp das actividaddes. se alguen non quere formar parte deles que nolo comunique o anpa sen problema.

Facemos resumo das actividades que xa temos grupo para levala a cabo:


Luns: cociña.
Martes: Balonmano e música.
Mercores: patinaxe e multideporte infantil e primaria.
Xoves: baile infantil, baile primaria, tenis e xadrez.

a proxima semana faremos xornadas de portas abertas para que os interesados podan probar as actividades nos horarios que lles corresponde e asi decidan a que queren ou non ir finalmente

 Queridas familias!

Debido o incremento de nenos na aula matinal, pola seguridade e por unha mellor calidade do servizo, vémonos na obriga de poñer un monitor de reforzo. isto conleva un incremento  no custo, axustando os prezos o máximo, QUEDAN DESTE XEITO:

- Mes: 28 euros (irmáns 55 euros)

- Bono 18 euros (10 días)

- Día solto socio 4 euros (avisando por teléfono o día anterior).

Estos prezos aplicaranse a partir de mes de outubro.

non dubidedes en preguntar calquera consulta que teñades

martes, 24 de agosto de 2021

 Como  sempre o chándal do cole o podedes comprar na tenda Baby Hogar na rúa Barcelona. 

Os prezos que nos pasan desde a tenda son estos:

- Mandilón: 9´95 €

- Chándal completo: 36 €

- Pantalón chándal: 15 €

- Chaqueta de chándal: 15 €

- Sudadera: 11´40 €

- Pantalón corto: 14 €

- Camiseta: 10 €

Para máis información podedes premer no seguinte link http://babyhogarinfantil.com/V/3/Tienda/Uniformes-escolares/Colegio-O-Resio-Vigo/252.aspx

domingo, 25 de xullo de 2021

A empresa YEAH ACTIVITIES!   coa que levamos a cabo o campamento de verán no cole comunícanos que si se chegou o grupo mínimo en case toda-las semanas de agosto, polo que haberá campamento tamén durante o próximo mes. polo momento so haberá un grupo por semana pero todavía estades a tempo de anotar os vosos fillos. para facelo, como sempre, teredes que entrar na paxina web de YEAH!

venres, 18 de xuño de 2021

A empresa Yeah Activities ofrece o seu campamento de verán no noso cole a partir do dia 23 de xuño. Os interesados podense anotar enviando unha mensaxe o director do campamento no  número 662965411

martes, 8 de xuño de 2021

 Xa é oficial, estamos orgullosos de poder anunciar que este verán contamos con Yeah Activities para facer o campamento urbano no cole. Podedes apuntar os vosos peques na paxina webe de yeah activities www.yeahactivities.es







luns, 25 de xaneiro de 2021

Renovación xunta directiva Anpa

 



RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E
   PROCESO ELECTORAL


Estimadas familias,

Como xa sabedes este curso escolar tocaba renovación da Anpa, pero non se presentou ningunha candidatura completa. Na asamblea do 30 de outubro decidiuse esperar a xaneiro a ver si alguén máis se unía a candidatura que se presentou ( non completa ) ou se se presenta outra nova candidatura.

CANDIDATURAS

Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
 
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.

Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ao corrente de pago ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representación da asociación perante calquera organismo ou en  reunións con anpas do municipio, información e promoción de actividades formativas e culturais,atención ás familias swnde o local da ANPA, asistencia o escola naquelas actividades en que se require, etc.

QUEREMOS RECORDAVOS QUE TODAS AQUELAS ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ANPA COMO AULA MATINAL, EXTRAESCOLARES OU ACTIVIDADES CULTURAIS REALIZADOS COA ESCOLA,  QUEDARIAN SIN PODER REALIZARSE SI NINGUÉN SE FAI CARGO DA ANPA.

PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
 
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 25 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.

Poderedes envialo o noso correo electónico (anpaosirmandinhos@gmail.com), ou depositalo na nosa caixa de correo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse públicamente no taboleiro de anuncios da ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/  e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 5 ao 16 de febreiro
 de 2021.

Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios a unha Asemblea extraordinaria o venres 19 de febreiro para a presentación das candidaturas e elección da nova xunta directiva. Desta asemblea sairá a Xunta Directiva da ANPA Os Irmandiños para o período 2020-2022.

RESUMO
·       25 xaneiro 2021 publicación do proceso de electoral.
·   Do 26 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2021 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
·       Do 5 ao 16 de febreiro de 2021 período de publicación das candidaturas
·  19 de febreiro de 2021 asemblea  extraordinaria (será online). Recordamos que é necesario estar ao día nos pagos para poder votar e poder ser elexidos/as.



Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.

            Moitas grazas e un saúdo,


ANPA Os Irmandiños

sábado, 9 de xaneiro de 2021

FESTA NADAL

         
🎄🎄🎉🎉🎄🎄🎉🎉


          Outro ano máis xa esta aquí  o mes de Nadal e con el chega o esperado festival d@s nos@s nen@s. Este ano polas circunstancias que nos están a tocar a vivir non se puido celebrar como a todos nos gustaría.

        Queremos, dende a Anpa, agradecer a todos os mestres e o equipo directivo  o traballo que están a  facer para conseguir que todas as actividades e festas que se fan na escola sigan adiante, ainda que sexa de maneira diferente.

        Tamén queremos agradecer as familias a implicación para que este ano escolar sexa o máis normal posible.

        E por suposto agradecer @s nen@s por ensinarnos que pase o que pase  nunca se debe perder a ilusión e que sempre  hai que buscar o lado positivo da cousas.

        Este ano non foi posible facer a chocolatada coa que agasallabamos os ne@s da escola, pero dende a Anpa queriamos facer algo para que disfrutaran de algo parecido. 

        Mercamos unhas bolsas de tela que logo decoramos co nome da escola e co debuxo de Kim (o boneco que se usou para as xornadas de igualdade). Repartimos nas bolsas galletas artesáns e batidos.  Preparamos bolsas axeitadas para cada tipo de alerxia e así tod@s @s nen@s puideron disfrutar da merenda. 

        Tivemos moito traballo pero fixémolo cunha ilusión moi grande. Nas fotos que mostramos abaixo podedes ver todo o que estivemos preparando.







Galletas e bolsas preparadas:



Galletas e etiquetas para as alerxias:



Este ano tamen tivemos que empaquetar os caramelos que reparte o paxe para todo fora máis hixiénico:


E por suposto preparar as uvas para que todos disfrutaran das badaladas de fin de ano:


GRACIAS A TODOS E  BO NADAL