domingo, 25 de xuño de 2017

A CHARLA SOBRE O AZUCRE, TODO UN ÉXITO

O pasado 6 de Xuño, Elena  Rey Fernández deunos unha interesante charla sobre o consumo do azucre na nosa dieta, e especialmente como afecta os nenos.

Contounos os resultados da enquisa que levou a cabo o curso pasado nos grupos de infantil do noso centro e comprobamos a cantidade de azucre que tomamos ó longo do día sen darnos conta.

Estivemos a ver os alimentos máis comuns nas nosas dietas como o cola-cao, cereais, galletas, zumos, chocolates, potitos de bebe, snacks,... e a verdade é que moitos quedamos bastante sorprendidos.

Tendo en conta a cantidade de azucre que necesitamos ó día, e a gran cantidade que inxerimos, a seguinte pregunta era...

¿Cómo eliminar o minimizar o consumo de azúcre?

  • Ser conscientes do dano que produce
  • Reeducar o paladar sen engadir azucre
  • Eliminar os productos procesados: comprar no mercado
  • Cocinar
  • Leer as etiquetas
  • Ensinar ós nenos co exemplo
  • Implicar ó resto da familia

Tamén nos deu pistas de como mellorar a nosa alimentación ofrecendonos...

Cuarenta opciones de bocadillos saludables
Para hacer un buen bocadillo es imprescindible elegir un buen pan integral y lo podemos
rellenar de las siguientes opciones:
Tomate y aceite de oliva virgen extra
Tomate, atún y aceite de oliva
Tomate, atún y lechuga
Tomate y queso fresco
Tomate, queso semicurado y orégano
Tomate y aguacate
Atún y huevo cocido
Atún, huevo y lechuga
Caballa y pimientos
Hummus de garbanzo
Hummus de alubias blancas y cúrcuma
Hummus, semillas y lechuga
Guacamole
Guacamole y salmón ahumado
Queso de untar, nueces y pasas
Salmón, lechuga y aguacate
Queso
Carne asada
Carne asada y queso
Carne asada y tomate
Carne asada y guacamole
Pollo campero a la plancha
Pollo campero cocido aliñado con pimentón y aceite de oliva virgen extra
Tortilla francesa
Tortilla con queso y hiervas aromáticas
Tortilla y tomate
Salmón ahumado y queso de untar
Salmón ahumado y queso fresco
Paté de aceitunas con queso fresco
Paté de lentejas y pipas de calabaza
Paté de atún, sardinas y mejillones
Boquerones con tomate
Crema de cacahuete, plátano y canela
Aceite de oliva, chocolate negro y naranja rallada y almendras






































E por último ofreceunos suxerencias sobre lecturas e páxinas web moi interesantes.

Por suposto, podedes saber máis sobre Elena Rey e as súas recomendacións, incluindo receitas sanas, no seu blog Saludfusión.blogspost.com


Por suposto, dende aquí agradecemoslle a Elena a sua charla e animamosvos a que veñades á seguinte, que seguro que será tamén moi interesante. Pero eso xa será... o vindeiro curso.

venres, 16 de xuño de 2017

DESCONTOS EN LIBROS CURSO 2017-2018


Dende FOANPAS nos fan saber que a LIBRERIA VIGO S.L. fai descontos especiais (15%) nos libros de texto e material escolar para todos os pais e nais que son socios dun ANPA (mostrando o recibo do pago do ANPA).

O desconto aplicase durante todo o curso escolar, incluindo Navidades, día do pai, día da nai, etc.
Os interesados podedes poñervos en contacto con eles para pedir presuposto.


                                                                                                                       
                                                  LIBRERIA VIGO.S.L
                                  C/Joaquín Loriga, 2
                                      36203  VIGO
                      Telf. 986 22 73 30 (Sinda Gregores)

                         libreriavigo@libreriavigo.com

FESTA DE FIN DE CURSO_ 22 XUÑO

Xa! Por fin! Remata o curso 2016-2017 e chega a nosa FESTA FIN DE CURSO.

Como sempre teremos exhibicións do grupo de taekwondo e dos de baile, que nos amosarán todo o traballo que fixeron durante o curso, ¡¡¡ Que traballaron moi duro!!!

A continación poderemos disfrutar da música, dos inchables, e como novidade teremos pintacaras e xogos.

Como fin de festa, e como xa é tradición, haberá un canon de escuma, así que non vos olvidedes do bañador, chanclas e toalla!

Recordade que para poder entrar, os nenos deben vir acompañados dun adulto responsable. Así que ás catro da tarde quedará vacio o centro, e habilitaremos unha entrada pola parte de infantil.

Prezo:
Socios: GRATIS
Non socios: 3 € familia



Tamén contaremos cunha "cantina" onde podedes encontrar auga, refrescos, diferentes snack e como novidade a petición dos pais, BOCATAS!

Vos deixamos tamén o taboleiro de prezos.

Esperamos contar con vos e que disfrutedes moito coa festa.

xoves, 8 de xuño de 2017

ANGEL E. CABALLERO: UN MESTRE NO XADREZ!

O día 20 de maio celebrouse o Campionato de Xadrez de Tatarina e o noso compañeiro Ángel Enrique Caballero Alonso de 6° de E. P. demostrou a súa destreza obtendo un estupendo 3º posto. 

Angel demostrou unha gran capacidade para o análisis das xogadas, para a toma de decisións sobre as estratexias a seguir sen deixarse influir pola presión do tempo, e unha gran creatividade para construir xogadas gañadoras.

Os nosos parabens para Angel!!!!

mércores, 7 de xuño de 2017

III MARCHA SOBRE RODAS _ 18 XUÑO

O vindeiro 18 de Xuño celebrarase en Vigo a III Marcha sobre rodas. Un acto moi importante para todalas persoas que forman parte do colectivo de ASPACE en toda Galicia.

PERCORRIDO

A marcha terá un percorrido de 3,6 km entre Bouzas e o VERBUM en Samil. As bicicletas que o desexen terán un percorrido adicional que se ampliará ata Canido.

HORARIO

10:00-11:45.- Acreditacions e recollida de material (Posiblemente  habilitarase o día anterior un punto de acreditación)
11:45-12:00.- Saida da Marcha. Dará a saida o padriño elexido para este evento.
12:00-13:30.- Marcha sobre rodas.
13:30-14:15.- Lectura de manifiesto, sorteo de agasallos entre os participantes e palabras das autoridades presentes.
14:15-16:30.- Xantar

¿QUE RECIBIRÁN OS PARTICIPANTES?

A todolos participantes se lles entregará unha camiseta, unha bolsa-mochila, información sobre as entidades ASPACE e os seus proxectos e un dorsal co que poderán participar nos sorteos e recoller de forma gratuita o xantar.

FIN SOLIDARIO

Todos os cartos que se recauden na marcha a través da venta de chapas, donativos, aportacións e outros medios, destinaranse á procura de apoio e material adaptado para persoas con Parálisis Cerebral.

 ¿CÓMO INSCRIBIRSE?

Calquera pode inscribierse a través do seguinte link.  https://goo.gl/forms/jDKYCNdrCrCbdi8f1
Despois da grande acollida da II Marcha sobre rodas realizada no 2016 en A Coruña, ASPACE Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral e/o Patoloxías Afíns) traslada a III Marcha sobre rodas á cidade de Vigo, o vindeiro 18 de xuño de 2017. Na marcha poderán participar bicicletas, triciclos, patíns, patinetes, cadeiras de bebés, cadeiras de rodas, así como persoas a pé que poidan ser acompañantes das persoas con discapacidade. A participación está aberta a nenos/as, mozos/as e adultos/as de todas as idades e condicións físicas. O percorrido desta III Marcha sobre rodas sairá de Bouzas en Vigo, percorrerá a Avda. Atlántida e a Avda. de Samil, para finalizar diante do Verbum, na praia de Samil. A distancia aproximada do percorrido son 3'6 kms.

FIN REIVINDICATIVO

A marcha pretende reivindicar a mellora da accesibilidade das nosas cidades para potenciar a autonomía das persoas con discapacidade. 

Animamosvos a que lle deades difusión e participedes!!