xoves, 29 de novembro de 2018

Saúdos da nova ANPA

Queridas Familias,

Como sabedes este mes tivemos cambio na Directiva da ANPA e queremos enviarvos un saúdo e informarvos que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes. Seguiremos colaborando para facer que a relación Familias-Escola resulte do máis satisfactorio e contribúa na educación dos nosos cativos e cativas.

Gracias por seguir apostando por colaborar ca ANPA e esperamos que nos próximos meses recibamos as vosas suxerencias, comentarios e colaboración nas diferentes actividades que organicemos.

Aproveitamos para recordarvos que o novo horario da ANPA é os martes e venres de 9.00 a 10.00 horas e os xoves de 16.30 a 17.30 horas.
As actividades seguirán como ata agora e, neste período de transición, valoraremos a súa continuación, modificación ou mellora, seguindo os vosos comentarios.

Lembrade que a través do whatsaap, do blogue e do correo electrónico, recibiredes información das próximas actividades. Ao mesmo tempo que esperamos recibir as vosas suxerencias tamén a través destes medios.

Vinde a coñecernos!!!
Saúdos

xoves, 22 de novembro de 2018

Obradoiro Ioga-emociona para pais e nais



O pasado mércores 21 de novembro tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de IOGA EMOCIONA ca profesora María Carballo. Éramos muy pouquiños, pero foi unha gran experiencia.




Convertímonos durante duas horas en superheroes e estivemos a explorar os nosos superpoderes. Xogamos, pensamos, sentimos, compartimos, rimos,... pero sobre todo descubrimos a consciencia atenta. Foi apasionante.

Pero a experiencia soubonos a pouco e esperamos poder repetila moi pronto.

Se alguén quere documentarse un pouquiño, María recomendounos estes libros.



Robótica: os nosos pequenos programadores

Este ano temos a actividade de Robotica e os nosos nenos divirtense facendo pequenas progamacións ou montando algún robot cas pezas de LEGO. Haberá algo máis divertido?
Aquí vos deixo unhas fotiños para que o vexades... Espero que vos gusten




domingo, 28 de outubro de 2018

Festa escénica de NADAL_ 4 de Decembro de 2018

¿Queredes pasar unha tarde diferente? 

Este ano o circo da Festa escénica que sempre visita a cidade polo Nadal, non vai a poñer a sua carpa en Castelao, como nos tiña acostumbrados, senon que se traslada ao Auditorio Mar de Vigo. Para quen non o coñeza deixamos o vídeo de promoción deste ano, e recordade que os animais non son de verdade.

Dende o ANPA poñemos a vosa disposición entradas para ir ao espectáculo o Martes 4 de Decembro, na sesión das 17:00h ou na sesión das 19:00h cun prezo de 6,5€ cada unha. Os nenos menores de 3 anos que non ocupen asiento non pagan, ainda que sí deben anotarse igualmente.

Se queredes ir tendes que enviarnos un mail anpaosirmandinhos@gmail.com, indicando cantas entradas queredes, se van nenos menores de 3 anos e á sesión para a que queredes as entradas. Tendes tamen que facer un ingreso na nosa conta polo importe total das entradas antes do día 11 de Novembro. Recordade poñer o nome do neno e a palabra circo no concepto.

 Despois de esa data non será posible adquirir as entradas a través da nosa ANPA. 

Cando teñamos as entradas, mandaremos unha difusión e poderedes pasar a recollelas pola oficina no horario normal de apertura.

Así que xa o sabedes. Se queredes ver este magnífico espectáculo cun prezo reducido, non deixedes pasar a ocasión.





domingo, 21 de outubro de 2018

OBRADOIRO AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES_ Novembro 2018

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO abre o prazo de inscrición para participar no seguinte obradoiro:

OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES

Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.
No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco, a estar alerta ante tentativas de agresión, e aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa... Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.
O primeiro día do obradoiro realizarase unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.
Datas: 30 de outubro, e 5, 6, 8, 9, 12, 13, 15 e 16 de novembro. 9 sesións. 19 horas
Horario: 16:30 a 18:30 h (agás a sesión introdutoria do día 30 que será de 16:30 a 19:30 h).
Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo
Prazo e requisitos para a inscrición:
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Non é necesario ter unhas condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre ningún tipo de arte marcial. A formación desenvolverase de tal xeito que todas as alumnas poidan realizar satisfactoriamente a actividade.
Inscrición previa desde o mércores 10 de outubro, e ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, de 9:00 a 13:30 h; ou ben a través do teléf. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.
O persoal da administración local do concello non poderá participar nesta formación.
Protección de datos: os datos que vostede facilite incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación. A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas. O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, logo do consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo as persoas usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre os vosos contactos e amizades.

Saúdos

CONSELLO ESCOLAR _10 DE OUTUBRO 2018

O pasado mércores 10 de outubro houbo consello escolar, e como tódos os inicios de curso aprobouse a Programación Xeral Anual (PXA 2018/2019) do noso centro. Neste documento o centro recolle cales son os obxectivos para este ano, qué medidas vai levar a cabo para acadalo, e con qué recursos conta para facelo.

Tamén aprobouse como día non lectivo do centro o 2 de novembro, a ainda que faltaba a confirmación da consellería, coidamos que non haberá cambios neste sentido, xa que a maioria dos CEIPs e IES de Vigo, elexiron este día como non lectivo.

Por último, e quizais o máis preocupante para nos, é a notificación das deficiencias que todavía temos no centro, que xa reclamamos con anterioridade e que persisten, como as alta temperatura nas aulas de infantil, o afundimento do chan en diferentes zonas da escola, e das que non recibimos contestación algunha. Pero que ademáis se ven agravadas polas averías no sistema de calefacción tendo en conta que chega o inverno; a avaría do ascensor, moi necesario tendo en conta que temos alumnado con dificultades na sua movilidade; e a falta de coidado da finca colindante que nos invade a sua vexetación e caen no noso patio frutos non comestibles, co perigo que elo supon para os nosos nenos.

Ante esta situación, comprometémonos como ANPA a presentar un escrito de queixa ao Concello que é quen debe arranxar esta situación, pois xa finalizou o periodo de garantía da obra, como paso previo a tomar outro tipo de actuacións mais contundentes de protesta. Nesta semana esperamos xa presentalo no Concello e vos manteremos informados.


SAMAIN EN LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR RETOMARÁ MAÑÁ AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
CON CONTOS DE MEDO EN VÉSPERAS DO SAMAÍN

Co lema ?Contos de medo?, LIBROS PARA SOÑAR retomou o venres, as 18:30 horas, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura, trala paréntese estival. En vésperas do Samaín, o repertorio da sesión de contacontos inclue obras como ?Gato Guille e os monstros? de Rocío Martínez, o clásico ?Rufus, o morcego que adoraba as cores? de Tomi Ungerer, e ?Un dous tres, vampiro ti es? de Nadia Budde.

Vos animades a asistir?