As actividades extraescolares daran comezo o vindeiro martes 1 de outubro. Non todas as actividades conseguiron o número mínimo de nenos para sair adiante.
Se algún nen@ quere anotarse ou darse de baixa dalgunha actividade recordade que podedes facelo antes do día 25 de cada mes, para comenzar o mes seguinte.
Queremos recordarvos tamén que para que as actividades sigan adiante necesitamos un compromiso de asistencia pola vosa parte. A súa continuidade depende dun número mínimo de participantes.
O pago das actividades realizarase nos primeiros 10 días do mes, poñendo ben claro o nome do neno.
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
venres, 27 de setembro de 2019
Horario Anpa
Este será o novo horario de atención as familias durante o curso escolar. Se algunha familia non lle ven ben ese horario recordarvos que podedes contactar con nos a traves do whatsapp*, do teléfono 604026358 ou a través do noso correo electrónico anpaosirmandinhos@gmail.com.
**Recordade gravar na axenda o número de teléfono da Anpa senón as mensaxes de difusión non vos chegarán.
mércores, 25 de setembro de 2019
Aula Matinal
CIRCULAR INFORMATIVA
AULA MATINAL
Estimadas familias,
Este servizo é de uso exclusivo
para socios da Anpa (agás días soltos). E que para
facer uso deste servicio é necesario ter pagada a cuota de socio deste curso
2019-2020(15€ por familia).
O horario é de 7.30 a 9.00h.
A actividade desenrólase no
comedor, con acceso desde o portalón. Debedes acompañar aos nen@s persoalmente
ata a monitora responsable que de novo será Ana.
Non esquezades facer o
pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai
uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros
días do mes.
No caso de necesidade pode
facerse uso do servizo en días soltos (incluidos non socios). O pago do
servizo por días soltos deberá abonarse a monitora no momento de
deixar o nen@ na aula matinal.
Prezos aula matinal
20,00€/nen@
18,00€/nen@
no caso de irmáns
No mes de Xuño (só computa medio mes) a cota será:
10,00€/nen@
9,00€/nen@
no caso de irmáns
Bono
de 10 días 15,00 €
Día
solto 2,00 €
Día solto non socio 4,00 €
Número de conta da ANPA
ES
61 2080 5016 03 3040006416
Moitas grazas e un
saúdo.
ANPA Os Irmandiños
xoves, 19 de setembro de 2019
Formación en igualdade: MÁIS EDUCACIÓN, MÁIS RESPECTO
Cada día que aparece unha nova sobre violencia de xénero semella máis necesaria a coeducación das nosas fillas e fillos, o compromiso dos seus proxenitores, para atallar no primeiro chanzo un último chanzo que ninguén desexa para a nosa sociedade.Eduquemos en positivo, no respecto, na diversidade, para evitar unha sociedade futura que herde estes problemas.
A concellería de Igualdade do concello de Vigo ven de convocar un curso formación en igualdade para profesionais
Unha boa nova, para que os educadores teñan máis recursos para axudarnos a mellorar na visión da Igualdade de Xénero:
deixámosvos tamén aqui un enlace con outras actividades promovidas pola concellería de Igualdade
Xornada no Resío de Presentación de Actividades Extraescolares
O pasado xoves día 12 organizouse na escola unha mostra de novas actividades extraescolares propostas pola ANPA para o alumnado.
A intención foi animar ás nosas fillas e fillos a probar outras actividades, sobre todo as que normalmente están máis referidas a un dos xéneros, para que as nenas se animen a probar actividades tecnolóxicas e o nenos rompan o prexuízo de probar a danzar.
Presentamos catro actividades: Robótica, Danza Tradicional, Teatro e Xadrez.
Queremos agradecer a todas as monitoras e monitores a súa participación e entusiasmo neste día, que abriu novas visións a todo o alumnado do centro. Tamén ao profesorado do centro pola súa participación e á dirección pola súa colaboración e facilitar os tempos e espazos do cole. Un pasiño máis no noso obxectivo de coeducar.

obradoiro de Danza Tradicional
obradoiro de Teatro
obradoiro de Robótica
obradoiro de Xadrez
A intención foi animar ás nosas fillas e fillos a probar outras actividades, sobre todo as que normalmente están máis referidas a un dos xéneros, para que as nenas se animen a probar actividades tecnolóxicas e o nenos rompan o prexuízo de probar a danzar.
Presentamos catro actividades: Robótica, Danza Tradicional, Teatro e Xadrez.
Queremos agradecer a todas as monitoras e monitores a súa participación e entusiasmo neste día, que abriu novas visións a todo o alumnado do centro. Tamén ao profesorado do centro pola súa participación e á dirección pola súa colaboración e facilitar os tempos e espazos do cole. Un pasiño máis no noso obxectivo de coeducar.

obradoiro de Danza Tradicional
obradoiro de Teatro
obradoiro de Robótica
obradoiro de Xadrez
venres, 6 de setembro de 2019
mércores, 4 de setembro de 2019
NORMAS ACTIVIDADES
Recordamos ás familias usuarias das actividades
extraescolares:
Plazo para anotarse as actividades: ata o 23 de setembro
·
Para levar a
cabo as actividades é necesario un número mínimo de alumn@s, polo que é
necesario un compromiso de asistencia pola vosa parte para un mellor
funcionamento.
·
As actividades
deben abonarse na conta da ANPA (ES61 2080 5016 0330 4000 6416 Abanca) antes do día 5 do mes. Lembrade
indicar no concepto o nome do alumn@ e as actividades abonadas. A cuota das actividades será a mesma
desde o mes de outubro ata o mes de xuño incluido.
·
Se @ alumn@
desexa darse de alta/baixa dunha
actividade, debedes notificalo á Anpa antes
do día 25 do mes anterior.
·
Nas actividades
cun número limitado de alumn@s (inglés) terán preferencia os que xa
participaran na actividade o curso anterior.
·
Este ano só inglés conserva o sistema de gardas por
motivos loxísticos:
- Estar na actividade 5 minutos antes para abrir o local onde se
realiza, se a nosa actividade comeza ás 16:00h.
- Recoller os nenos do comedor e
levalos a actividade.
- Esperar a que chegue o monitor da
actividade.
- Ó remate, comprobar que veñen
recoller a tódolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, @ nen@
será levad@ a biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a
chave ó seguinte que lle toque a garda.
- Se non podedes acudir a vosa garda,
avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poida substituirvos.
Nas outras
actividades será o profesor de garda
na escola o encargado de abrir e
pechar as aulas utilizadas. En caso de incidencia
o monitor/a será @ encargad@ de avisar
os pais d@ nen@ afectad@.
·
Se o
comportamento d@ nen@ na actividade non fose o adecuado (impedindo o desenvolvemento
correcto da actividade), notificaráselle ao seu pai/nai/titor. Se este
comportamento inadecuado se produce de forma continuada, valoraríase suspender
de forma temporal ou definitiva a súa asistencia á actividade. Un incumprimento
das normas por parte dos pais, suporía unha suspensión de asistencia á
actividade para @s nen@s.
·
Se estades
interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, propoñede o
que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































