Hoxe, achégovos un par de noticias que poden ser do voso interese. A primeira é un CURSO DE ACHEGAMENTO AO GALEGO que ofrece de blade o Concello de Vigo. Incia o 17 de outubro de 18:30 a 21:00.
Podedes descargar toda a información referida a este curso AQUÍ.
Por outra banda, temos un CONCURSO "100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos", no que poden participar nenos e adultos.
A. Escolares de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria
1. Deseño dun LOGOTIPO da rede de parques nacionais.
2. Concurso de CONTOS de parques nacionais.
3. Concurso de FOTOGRAFIA de parques nacionais.
4. Concurso de FRASES E ESLOGANES sobre os parques nacionais
5. Concurso de PINTURA e DEBUXO sobre paisaxes e a vida nos parques nacionais.
6. Concurso de REDACCIÓN sobre os parques nacionais españois.
B. Adultos
7. Concurso de deseño de ACTIVIDADES E MATERIAIS DIDÁCTICOS sobre os parques nacionais. A participación está aberta aos docente de centros escolares de EPO e/ou ESO, e tamén a educadores, monitores interpretadores de institucións, asociacións ou entidades, públicas ou privadas.
- En todos os concursos, o tema principal serán os Parques Nacionais.
- Admitirase como máximo tres traballos por participante e modalidade.
- Para participar é necesario encher a Ficha de inscrición.
- En todos os concursos, o tema principal serán os Parques Nacionais.
- Admitirase como máximo tres traballos por participante e modalidade.
- Para participar é necesario encher a Ficha de inscrición.
O prazo de recepción dos traballos finaliza o 15 de novembro de 2016, desenvolvéndose outra convocatoria a finais do curso escolar en 2017.
Os traballos pódense enviar por correo-e a escolarcentenariopn@oapn.es, ou correo postal a Organismo Autónomo Parques Nacionales, Servicio de Publicaciones, C/ José Abascal, 41 - 28003 Madrid.
Se vos animades a participar é queredes máis información sobre este concurso podedes descargala AQUI, e tamén a ficha de inscrición
Ningún comentario:
Publicar un comentario