Comezamos pola ASAMBLEA EXTRAORDINARIA do 22 de Novembro, no que se modificou a xunta directiva do ANPA. Sendo a única candidatura presentada, quedou establecida da seguinte maneira:
Presidenta: Teresa Frade Limes
Vicepresidenta: Mª de las Nieves Pardo Díaz
Secretaria: Verónica Rubio Veloso
Tesoureira: Ana Mª Alonso Fernández
Vogais: Amalia Nuñez Niño
Susana Varela Fernández
Dulce Vázquez Fernández
Carolina Veiga Vázquez
Como vedes, o apoio do equipo anterior é fundamental, e permanecerán con nós para orientarnos e votarnos unha man.
Nunha segunda parte desta reunión, intentamos explicar cal é o proxecto que presentamos, que ten moitas novidades, como ter un carnet, eventos solidarios como o que xa estamos a realizar da campaña de xoguetes, a xestión do chandal, crear un banco de pais, establecer un novo espacio como oficina,... e un montón de cousas máis que podedes leer se descargades o proxecto aquí.
O seguinte paso foi reunirnos a XUNTA DIRECTIVA, para definir ben as nosas funcións e establecer as liñas de traballo do mes seguinte. Nesta reunión acordouse que a presidenta engargaríase da xestión xeral, a vicepresidenta encargarase das actividades extraescolares e de facer chegar a información aos socios mediante o blog, o tolapp, grupo de difusión,... A secretaría será a responsable dos documentos que manexa a asociación ou que ten que presentar ante as diferentes institucións. E a tesoureira, por suposto, dos orzamentos e as contas. A continuación establecese o plan de traballo:
- Recordanse os pasos que temos que facer para establecer a nova directiva: xunta, deputación, concello, banco,... e os documentos que temos que presentar en cada un deles.
- Vaise actualizar os listados de altas e baixas das actividades, establecese o protocolo a seguir para as gardas, informar á empresa que imparte as actidades, e revisar os pagos.
- Establecer unha oficina onde traballar e gardar toda a documentación, é o seguinte paso, así que se plantexa ocupar o espazo que nos ofreceu a dirección do centro no cole vello, e acordase comprar algo de mobiliario para acondicionalo, aproveitado unha oportunidade no mercado de segunda man.
- Outro tema foi informar aos membros da xunta da reunión que tivo a presidenta con profe Juan, sobre os alumnos de balonmán que non son socios do ANPA, onde se acordou dar tempo para que o profe Juan falase coas familias.
- En canto as actividades puntuais, concrétase o taller de Jumping Clay co tema do Nadal.
- Establecese tamén que cando e como poñer en marcha a campaña de xoguetes para o Nadal e a ONG a quén se lle doarán todos os que recollamos, que é Vida Digna, como xa sabedes.
- Acordase participar na festa do Nadal do centro como o ano anterior, coa chocolatada para os nenos e as uvas; é respondendo a demanda de algúns pais, se plantexa facer tamén unha chocolatada para os pais.
- Intentaremos poñer en marcha o concurso para deseñar o carnet de socio do ANPA para facer a selección cando veñamos das navidades.
- Estudiarase o cuadrante de actividades ofertadas para encaixar novas propostas no seguinte cuatrimestre: teatro, jumping clay, capoeira; e as que non saíron adiante ó comezo de curso por falta de nenos.
- Farase un escrito, solicitando a entrada de dous membros do ANPA nun rotatorio do comedor, para poder observar a calidade do servicio e así poder informar ás familias.
- Acordamos que facer un vale nominativo é a forma máis práctica e sinxela que pode aceptar BABYHOGAR para facer o desconto do chandal aos socios, e antes de avisar aos socios para que pasen encargar o chandal, se verificará que é tal e como se acordou.
Por último, informarvos da Reunión do Consello Escolar que tivemos o día 13 de Decembro, onde se presentaron os novos membros do consello, representando aos pais. Tamén se espuxo brevemente o proxecto da nova ANPA, sendo moi ben valorado polos asistentes; acordouse pedir un ano máis o PROA, e facer un escrito solicitando unha continuidade do conserxe durante o curso escolar. Por último informase da existencia de dous páxinas de facebook que se chaman ANPA Os irmandiños, pero que non son xestionadas polo ANPA, polo que intentaremos, como primeira medida, poñernos en contacto cos administradores para que lles cambien de nome, e así non levar a error aos membros da nosa comunidade educativa; esperando que esto sexa suficiente e non ter que ir máis aló.
Seguiremos informándovos de todas as xuntanzas que levemos a cabo e esperamos que vos animedes a participar de forma activa, cada vez máis.
·
P
Ningún comentario:
Publicar un comentario