venres, 27 de setembro de 2019

Comezo das actividades extraescolares

As actividades extraescolares daran comezo o vindeiro martes 1 de outubro. Non todas as actividades conseguiron o número mínimo de nenos para sair adiante.

Se algún nen@ quere anotarse ou darse de baixa dalgunha actividade recordade  que podedes facelo  antes do día 25 de cada mes, para comenzar o mes seguinte.

Queremos recordarvos tamén que para que as actividades sigan adiante necesitamos un compromiso de asistencia pola vosa parte. A súa continuidade depende dun número mínimo de participantes.

O pago das actividades realizarase nos primeiros 10 días do mes, poñendo ben claro o nome do neno.




Horario Anpa

 Este será o novo horario de atención as familias durante o curso escolar. Se algunha familia non lle ven ben ese horario recordarvos que podedes contactar con nos a traves do whatsapp*, do teléfono 604026358 ou a través do noso correo electrónico anpaosirmandinhos@gmail.com.

**Recordade gravar na axenda o número de teléfono da Anpa senón as mensaxes de difusión non vos chegarán.


mércores, 25 de setembro de 2019

Aula Matinal


CIRCULAR INFORMATIVA
       AULA MATINAL                                   

Estimadas familias,
           
Este servizo é de uso exclusivo para socios da Anpa (agás días soltos). E que para facer uso deste servicio é necesario ter pagada a cuota de socio deste curso 2019-2020(15€ por familia).

O horario é de 7.30 a 9.00h.

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón. Debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes.

No caso de necesidade pode facerse uso do servizo en días soltos (incluidos non socios). O pago do servizo por días soltos deberá abonarse a monitora no momento de deixar o nen@ na aula matinal.

            Prezos aula matinal

                        20,00€/nen@
                        18,00€/nen@ no caso de irmáns

            No mes de Xuño (só computa medio mes) a cota será:
           
                        10,00€/nen@
                        9,00€/nen@ no caso de irmáns

            Bono de 10 días 15,00 €

            Día solto  2,00 €
            Día solto non socio 4,00 €

            Número de conta da ANPA

                        ES 61 2080 5016 03 3040006416
                       
Moitas grazas e un saúdo.                                                      ANPA Os Irmandiños

xoves, 19 de setembro de 2019

Formación en igualdade: MÁIS EDUCACIÓN, MÁIS RESPECTO

Cada día que aparece unha nova sobre violencia de xénero semella máis necesaria a coeducación das nosas fillas e fillos, o compromiso dos seus proxenitores, para atallar no primeiro chanzo un último chanzo que ninguén desexa para a nosa sociedade.
Eduquemos en positivo, no respecto, na diversidade, para evitar unha sociedade futura que herde estes problemas.

A concellería de Igualdade do concello de Vigo ven de convocar un curso formación en igualdade para profesionais 
Unha boa nova, para que os educadores teñan máis recursos para axudarnos a mellorar na visión da Igualdade de Xénero:
deixámosvos tamén aqui un enlace con outras actividades promovidas pola concellería de Igualdade


Xornada no Resío de Presentación de Actividades Extraescolares

O pasado xoves día 12 organizouse na escola unha mostra de novas actividades extraescolares propostas pola ANPA para o alumnado.
A intención foi animar ás nosas fillas e fillos a probar outras actividades, sobre todo as que normalmente están máis referidas a un dos xéneros, para que as nenas se animen a probar actividades tecnolóxicas e o nenos rompan o prexuízo de probar a danzar.
Presentamos catro actividades: Robótica, Danza Tradicional, Teatro e Xadrez.
Queremos agradecer a todas as monitoras e monitores a súa participación e entusiasmo neste día, que abriu novas visións a todo o alumnado do centro. Tamén ao profesorado do centro pola súa participación e á dirección pola súa colaboración e facilitar os tempos e espazos do cole. Un pasiño máis no noso obxectivo de coeducar.


obradoiro de Danza Tradicional
















obradoiro de Teatro



















obradoiro de Robótica



















obradoiro de Xadrez

















mércores, 4 de setembro de 2019

NORMAS ACTIVIDADES


Recordamos ás familias usuarias das actividades extraescolares:
Plazo para anotarse as actividades: ata o 23 de setembro
·         Para levar a cabo as actividades é necesario un número mínimo de alumn@s, polo que é necesario un compromiso de asistencia pola vosa parte para un mellor funcionamento.
·         As actividades deben abonarse na conta da ANPA (ES61 2080 5016 0330 4000 6416 Abanca) antes do día 5 do mes. Lembrade indicar no concepto o nome do alumn@ e as actividades abonadas. A cuota das actividades será a mesma desde o mes de outubro ata o mes de xuño incluido.
·         Se @ alumn@ desexa darse de alta/baixa dunha actividade, debedes notificalo á Anpa antes do día 25 do mes anterior.
·         Nas actividades cun número limitado de alumn@s (inglés) terán preferencia os que xa participaran na actividade o curso anterior.
·         Este ano só inglés conserva o sistema de gardas por motivos loxísticos:
- Estar na actividade 5 minutos antes para abrir o local onde se realiza, se a nosa actividade comeza ás 16:00h.
- Recoller os nenos do comedor e levalos a actividade.
- Esperar a que chegue o monitor da actividade.
- Ó remate, comprobar que veñen recoller a tódolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, @ nen@ será levad@ a biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda.
- Se non podedes acudir a vosa garda, avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poida substituirvos. 

Nas outras actividades será o profesor de garda na escola o encargado de abrir e pechar as aulas utilizadas. En caso de incidencia o monitor/a será @ encargad@ de avisar os pais d@ nen@ afectad@.

·         Se o comportamento d@ nen@ na actividade non fose o adecuado (impedindo o desenvolvemento correcto da actividade), notificaráselle ao seu pai/nai/titor. Se este comportamento inadecuado se produce de forma continuada, valoraríase suspender de forma temporal ou definitiva a súa asistencia á actividade. Un incumprimento das normas por parte dos pais, suporía unha suspensión de asistencia á actividade para @s nen@s.
·         Se estades interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, propoñede o que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019-20

 O prazo para inscribirse é ata o 23 de setembro. Podedes facelo na oficina, cubrindo o ficha de socio deste ano, enviandoa por correo ou por whatsapp. Aqueles que xa entregastes a ficha de inscripción  pódedes indicarnos as actividades nas que estades interesados polos mesmos medios.  

 Para levar a cabo unha actividade necesitamos chegar a un mínimo de alumnos. Na última semana de setembro faremos os grupos e comunicaremosvos cal é o calendario definitivo.

Tamén podedes suxerir outro día para unha actividade que vos interese e se temos máis suxestións que coincidan, estudiarase variar o día na medida do posible.






**(Natación MQA: este ano os pais/nais deberán anotar os nen@s a través da páxina web da piscia e o pago realizarase através da Anpa. Pasos a seguir na circular informativa de piscina MQA colgada no blogue.

AULA MATINAL


AULA MATINAL

Estimadas familias,
           
Este servizo é de uso exclusivo para socios da Anpa (agás días soltos). E que para facer uso deste servicio é necesario ter pagada a cuota de socio deste curso 2019-2020(15€ por familia) .

Recordarvos ás familias socias que esteades interesadas no uso da aula matinal que o mércores 11 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s.

O horario é de 7.30 a 9.00h.

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón. Debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes (prezos resto do curso serán indicados nunha nova circular).

No caso de necesidade pode facerse uso do servizo en días soltos (incluidos non socios). O pago do servizo por días soltos deberá abonarse a monitora no momento de deixar o nen@ na aula matinal.

            Prezos aula matinal SETEMBRO

                        12, 50€/nen@

                        11,25€/nen@ no caso de irmáns

            Bono de 10 días 15,00 €

            Día solto  2,00 €

            Día solto non socio 4,00 €


            Número de conta da ANPA

                        ES 61 2080 5016 03 3040006416
                       
            Moitas grazas e un saúdo.
ANPA Os Irmandiños


luns, 2 de setembro de 2019

PISCINA E ACTIVIDADES MQA 2019-2020

Estimadas familias, 

 Este ano hai varias novidades: 

 1- @s nen@s poderán optar a calquer horario de LUNS A VENRES nas horas que teñen no MQA para extraescolares de piscina 15:45 E 16:30. Outras actividades consultar paxina web de incripción.

 2- As inscricións faranse a través dun enlace da páxina Web mediante un formulario que deberán cubrir cada pai, nai ou titor cos datos d@s alumn@, o día a hora que mellor se adapte e o nivel desexado 

  maisqueauga.com/ampas/

 Este enlace estará activo a partir do 1 de setembro ata o 22 de setembro. 

 3- Unha vez cuberto o formulario, tendes que facer o pago da actividade na conta da ANPA para formalizar a matrícula antes do 22 de setembro, en caso contrario a praza quedaría libre.

 Número de conta da ANPA ES 61 2080 5016 03 3040006416 

Unha vez comecen as actividades calquer baixa d@s alumn@s non poderá facerse efectiva ata a finalización de cada PERÍODO. Recordade que as altas e as baixas das actividades, ainda que se desenvolvan no MQA, se tramitaránse dende o ANPA.

 1º período: Do 01 de Outubro o 31 de Xaneiro. 
 2º período: Do 01 de Febreiro o 31 de Maio


*BALLET KIDS (sempre e cando cheguen a un mínimo de inscritos)  

O pimeiro día  entregaránvos un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverán cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. 

O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.
Se tendes algunha dúbida máis, contactade con nos e intentaremos aclararvola o antes posible

***RECORDADE PARA FACER USO DAS ACTIVIDADES DEBEDES FACERVOS SOCIOS DA ANPA (tendes o documento descargable no lateral deste blog) E PAGAR A CUOTA ANUAL POR FAMILIA DE 15€

BENVIDOS O NOVO CURSO ESCOLAR



                                                             



Xa está aquí de novo setembro e con el o comezo do novo curso escolar. 

Coma todos os anos para poder anotarse as actividades extraescolares, aula matinal,... debedes ser socios da Anpa. 

 Tendes que cubrir a ficha de inscripción do ano en curso que podedes encontrar nos documentos descargables que tendes no marxe deste blog e pagar a cuota anual  que sigue sendo de 15€ por familia que debe ser abonada na conta da Anpa



  ES 61 2080 5016 03 3040006416

É importante que poñades no concepto o nome e apelidos do neno

En breve estará preparado o cuadrante de actividades de este curso para que elixades xuntos c@s nen@s aquelas que máis vos gusten.

Tamén en breve teremos unha reunión informativa.

Durante este mes atenderemosvos no local da Anpa (baixos da escola antiga) nun horario ampliado:

Mércores 11 Setembro -->  10:00-11:00
                           Xoves 12 Setembro -->       09:00-10:00    16:00-17:00
Venres 13 Setembro -->      09:00-10:00

Luns 16 Setembro -->        09:00 - 11:00
                                       Mércores 18 Setembro --> 09:00 - 11:00                                       Xoves 19 Setembro -->    16:00 - 18:00
 Venres 20 Setembro -->      09:00 - 11:00


Recordarvos que podedes seguirnos neste blog e na nosa páxina de Facebook.


Recordámosvos que o noso móbil é 604026358. É fundamental que teñades gardado o número nos vosos contactos para que vos chegue toda a información.