domingo, 16 de setembro de 2018

IOGA - EMOCIONA_ Nova proposta


Presentamosvos un adianto dunha nova actividade proposta pola nosa querida mestre María Carballo. Para o noso centro a idade será a partires de 7 anos eo prezo de 25 € un neno e 20€ para irmáns.

Recordamosvos que María estará na nosa reunión informativa de inicio de curso para explicarnos pormenorizadamente esta proposta e que contestar a todalas vosas dúbidas.


NORMAS DAS ACTIVIDADES


Recordarmos ás familias usuarias das actividades extraescolares:
·         Para levar a cabo as actividades é necesario un número mínimo de alumn@s , pregamos un compromiso de asistencia pola vosa parte.
·         As actividades deben abonarse na conta da ANPA (ES61 2080 5016 0330 4000 6416 Abanca) antes do día 5 do mes. Lembrade indicar no concepto o nome do alumn@ e as actividades abonadas.
·         Se @ alumn@ desexa darse de alta/baixa dunha actividade, debedes avisar antes do día 25 do mes anterior.
·         Nas actividades cun número limitado de alumn@s (piscina ou inglés) terán preferencia @s nen@s que xa participaran na actividade o curso anterior.
·         As actividades funcionan cun sistema de gardas.  É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas seguintes:
- Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza, se a nosa actividade comeza ás 16:00h. E no caso de ser no pavillón, debemos comprobar tamén que o baño estea aberto. 
- Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade, se a nosa actividade é as 16:00h.
- Esperar a que chegue o monitor da actividade é estar preto por posibles incidencias.
- Ó remate, comprobar que veñen recoller a tódolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
- Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda.
- Se non podedes acudir a vosa garda, avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poida substituírvos. 

·         Se o comportamento d@ nen@ na actividade non fose o adecuado, avisaríase ao seu pai/nai/titor. Se este comportamento inadecuado se produce de forma continuada, valoraríase suspender de forma temporal ou definitiva a súa asistencia á actividade. O incumprimento das normas por parte dos pais, suporía unha suspensión de asistencia á actividade para @s nen@s.
·         Se estades interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, propoñede o que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES II CURSO 2018-2019

Somos conscientes de que as actividades ademáis de axudar a compatibilizar a vida familiar e laboral das familias, completan a formación dos nenos e potencian a formación en valores, fomentan o traballo en equipo, a creatividade…Por eso todos os anos intentamos ampliar a nosa oferta.

Coma sempre, o desenvolvemento das actividades ofertadas se levará a cabo se hai un número mínimo de alumnos. É durante o curso, por mor das baixas, poderiase anular a actividade. Nun principio, e sempre que teñamos alumnos suficientes, manteranse os grupos e actividades do ano anterior, pero podedes suxerir outros días ou horarios.

Ademáis de ter novas propostas de actividades para nenos e temos previsto organizar charlas e obradoiros tamén enfocados para nos, e nos interesaría saber cal é o horario que máis os convén para que podades vir. Por suposto, contaríamos con servicio de ludoteca se hai suficientes nenos apuntados.


As actividades propostas para este curso son:

Baile:  axuda ó desenvolvemento da expresión e a creatividade, favorece o oído musical e a linguaxe corporal. Además os nenos e nenas pasano moi ben, e teñen varias exhibicións durante o curso. Fanse dous grupos diferentes, un grupo de infantil e o outro de primaria. Tendo en conta que se traballan coreografías grupais, é importante o compromiso de asistencia.


Fútbol: Este deporte fomenta o traballo en equipo, o esforzo e desenvolve a condición física e mental. Os alumnos anotados a esta actividade teñen a oportunidade de xogar os fines de semana. 






Natación:
 esta actividade desenvolvese fora das instalación do centro. Lévanse a cabo en diferentes horarios na piscina do Carmen (travesas) e nas instalación do Mais que auga  (Navia). O pago é cuadrimestral e faise na conta do ANPA. As altas e as baixas as tramitamos dende a nosa asociación. 

Ao ser unha actividade fora do Centro, debedes levar vos mesmos aos nenos. Recordade estar un pouco antes para que vos de tempo a cambiar aos nenos antes de que empece a actividade. Non podedes olvidar as chanclas, gorro e lentes de auga.


Taekwondo: Este deporte mellora a coordinación, a resistencia, a forza, a flexibilidade, autodisciplina e o traballo en equipo. Ademáis ó final do curso todos aqueles alumnos que acaden o nivel adecuado, poden presentarse o examen para obter o cinturón. Este ano cambiamos de empresa debido aos diferentes problemas surxidos nos anos anteriores.


Taller de Inglés:  Xa é un clásico na nosa escola. Tráballase o idioma mediante actividades lúdicas, fanse  grupos diferenciados por idades e os grupos son reducidos para que o aproveitamento do aprendizaxe sea o máximo posible.




Atletismo: Nesta actividade encontramos moitas ventaxes tanto a nivel físico como cognitivo.. Por un lado os ósos fanse mais fortes, mellora o rego sanguíneo e a resitencia ás infeccións, diminue  a grasa corporal e estimula o desenvolvemento muscular e xenera máis hormona do crecimiento. A nivel cognitivo, se aprenden valores como a perseverancia, lealtade, esforzó, cooperación, gañan confianza en si mesmos e aumenta o seu rendemento académico. 

Este ano voltamos a ofrecer esta actividade co Club Celta de Atletismo.


 
 

Balonmano: é un deporte de equipo moi completo que traballa todas as áreas físicas, hai que correr e saltar cas pernas, pasar e lanzar cos brazos, e require moite desgaste de calorías pois require o uso de moita forza, pero tendo en conta que a potencia sen control non serve, así que ademáis traballase a elesticidade e a coordinación.



Ximnasia Acrobática: potencia o desenvolvemento motor, axuda a estar en mellores condicións físicamente e aumenta a cordinación. Os nenos e nenas poden pasar un rato moi divertido facendo un deporte novedoso no noso centro.






Teatro:
 Un ano máis propoñemos esta actividade onde os nenos e nenas poden iniciarse na interpretación e no arte dramático. Os alumnos desenvolverán unha obra de teatro mentres fomentan a sua creatividade, o control corporal, e axuda a superar as inseguridades e o medo a falar en público.

Despois do éxito do ano pasado, este ano plantexamos facer dous grupos diferenciados por idade. Animádevos Teatreiros!!!!



Bright Minds: É unha  actividade para os máis pequenos, de estimulación e desenvolvemento infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente, xogando ca mente e co corpo, estimulando múltiples intelixencias para o desenvolvemento global do neno. Psicomotricidade, Inglés, Intelixencia emocional,... 




Novas propostas

Robotica: Despois de non estar entre as nosas actividades o ano pasado por falta de nenos, volvémolo a intentar este ano da man de Playcode. Esta actividade experimenta ca forza e o movemento, o equilibrio,… misturando de forma divertida ciencia e tecnoloxía. Potencia a creatividade, a atención, a innovación, a eficiencia, ademáis de ofrecenos unha aproximación á impresión en 3D. Na reunión informativa do 19 de setembro ampliaremos a información sobre esta actividades, que tanto lles gustou aos nenos no taller que fixemos o curso pasado.



Xadrez: é un xogo moi completo que estimula o tanto o hemisferio esquerdo como o dereito do cerebro xa que estimula tanto a estratexia lóxica e precisa, como a creatividade e a imaxinación. Sabemos que o centro conta con grandes afeccionados ao Xadrez e de seguro que con esta actividade, teremos ainda máis.





Ioga Emociona: As emocións influen na forma de pensar e de actuar, nesta actividade búscase a autoconciencia das propias emocions e sentimentos e traballase a autoregulación das mesmas a través do IOGA. Esta actividade será levada a cabo por María Carballo, quen nos explicará na reunión informativa de principio de curso cómo vai enfocar esta actividade.



Podedes consultarnos calquera duda que teñades sobre as actividades na reunión informativa que teremos o 19 de setembro,  por whatsapp (604 02  63 58) ou no noso correo electrónico: anpaosirmandinhos@gmail.com



PROPOSTA DE ACTIVIDADES CURSO 2018-2019


Presentamosvos unha proposta de actividades para este curso. O prazo para inscribirse é ata o 23 de setembro e podedes facelo na oficina, cubrindo o ficha de socio deste ano. Se xa entregáchedes a ficha, pódedes indicarnos as actividades nas que estades interesados por whatsapp ou mail. Tamén podedes suxerir outro día para unha actividade que vos interese e se temos máis suxestións que coincidan, estudiarase variar o día na medida do posible. 

 Recordade que para levar a cabo unha actividade necesitamos chegar a un mínimo de alumnos, polo que a última semana de setembro faremos os grupos e vos comunicaremos cal é o calendario definitivo.



HORARIO ACTIVIDADES CURSO 2018-2019

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Aula Tic
16:00-17:00
ROBÓTICA
18€/mes

16:00-17:30
ROBÓTICA
25€/mes

Comedor
16:00-17:00
XADREZ
15€/mes

Aulas ANPA
16:00-17:00
INGLÉS
15€/mes
INGLÉS
15€/mes
INGLÉS
15€/mes
INGLÉS
15€/mes

BRIGHT MINDS INFANTIL 18€/mes

15 €/mes (1 día) e 27€/mes (2 días)

Pavillón e Pistas
16:00-17:00
ATLETISMO (1h 30 min) >5 anos 15€/mes

BALONMÁN          > 8 anos (gratis)
TAEKWONDO 12€/mes
BAILE Primaria 15€/mes
BALONMÁN            > 8 anos (gratis)
17:00-18:00
FÚTBOL (gratis)
XIMNASIA
ACROBÁTICA  15€/mes
Colexio Vello
16:00-17:00
TEATRO
Grupos de Infantil e de primaria 15€/mes
BAILE  Infantil 15€/mes


YOGA EMOCIONA
(1h 20 min)
(7 a 12 anos)
25€/1 nen@
20€/irmáns
Máis que Auga
16:30-17:15
NATACIÓN 44€/Cuadrim
NATACIÓN 44€/Cuatrim
NATACIÓN 44€/Cuatrim

Piscina        O Carme
15:45-16:30
NATACIÓN 29,60/Cuadrim

16:45-17:30
NATACIÓN 29,60
Cuatrim



No seguinte post facemos unha breve explicación de cada unha delas, pero recordade que na reunión do mércores 19 podedes preguntar calquera dúbida, e ademáis contaremos coa presenza de María Carballo que nos explicará a súa actividade IOGA EMOCIONA, e dun representante de Playcode, que non falará da actividade de Robótica.

REUNIÓN INFORMATIVA 19 Setembro


CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA


O mércores 19 de setembro de 2018
as 16.00h no comedor


Convócase a tódalas familias do centro interesadas a unha reunión informativa da ANPA co fin de tratar as actividades extraescolares previstas para este curso e a próxima renovación da Xunta Directiva, así como as dúbidas que teñades.


Gustaríanos contar convosco e coas vosas achegas e suxestións para conseguir un mellor funcionamento da Asociación, que redunde no ben de tod@s.


Para facilitar a asistencia das familias á reunión informamos que contaremos con servizo de ludoteca gratuíto (necesaria inscrición do nen@, data límite para anotarse luns 17, a través do mail anpaosirmandinhos@gmail.com ou do whatsapp 604026358).

Ademáis de presentar as actividades propostas este curso, tamén virá a Mestre María Carballo para explicar a súa proposta de actividade IOGA EMOCIONA, e un representante de Play Code para falarnos de ROBOTICA.

Non volo podedes perder! Contamos con vos!


luns, 10 de setembro de 2018

AULA MATINAL


Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o mércores 12 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h. E que para facer uso deste servicio é necesario ter pagada a cuota de socio de este curso 2018-2019 (15€ por familia).

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA.  Os nen@s deben ser entregados por unha persoa maior de idade á monitora responsable, que de novo será ANA.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. 

No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA anpaosirmandinhos@gmail.com  ou por teléfono ou whatsapp 604026358.


Prezos aula matinal mes
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns


Bono de 10 días 15 € 
Os bonos págaranse por transferencia e se enviará un mail á dirección do ANPA indicandoo, para que llo entreguemos a ANA.

Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416

Para calquera dúbida, podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello. 

Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos nun horario especial que podedes consultar no post de Benvida. Se necesitades falar con nos pero non podedes nese horario, contactadenos e intentaremos adaptarnos.

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

                                                               Ola a todos!




Estamos a comezar un novo curso y xa nos poñemos en marcha. Coma sempre estamos a preparar o cuadrante de actividades para que elixades xunto cos nenos as que máis vos gusten. Estade atentos porque temos algunhas novidades!

Tamén estamos a preparar unha reunión informativa para a próxima semana, onde explicaremos o funcionamento do ANPA, como facerse socio, que actividades levamos a cabo, etc. Por suposto intentaremos aclarar tódalas dudas que poidades ter.

Recordade tamén que esta directiva finaliza nun par de meses e que é necesario relevo para que siga funcionando. Animádevos!

Durante estos días o noso horario vai ser un pouco especial, para poder atendervos mellor neste inicio de curso, así que podedes atoparnos na oficina (recordade que estamos no colexio vello) no seguinte horario:

Mércores 12 Setembro -->  10:00-12:00
Xoves 13 Setembro -->       09:00-12:00
Venres 14 Setembro -->      09:00-12:00

Luns 17 Setembro -->        09:00 - 11:00
Mércores 19 Setembro --> 09:00 - 11:00
Venres 21 Setembro -->     09:00 - 11:00

Xoves 20 Setembro -->      16:00 - 18:00


Estade atentos ao Blog que xa empezamos de novo!

Un ano máis a cuota anual de socio son 15€ por familia, que deben ser abonados na conta do ANPA

  ES 61 2080 5016 03 3040006416

É importante que poñades no concepto o nome e apelidos do neno. Recordade que para ser socios ademáis de pagar a cuota, tendes que cubrir a ficha de inscripción do ano en curso que podedes encontrar nos documentos descargables que tendes no marxe deste blog.

Recordámosvos que o noso móbil é 604026358 é fundamental que teñades gardado o número nos vosos contactos para que vos chegue toda a información.