A empresa Yeah Activities ofrece o seu campamento de verán no noso cole a partir do dia 23 de xuño. Os interesados podense anotar enviando unha mensaxe o director do campamento no número 662965411
Este blog quere ser un medio de información e comunicación das familias do CEIP o Rocío. A nosa oficina está na planta baixa do colexio vello. contacta: anpaosirmandinhos@gmail.com tel: 604026358
venres, 18 de xuño de 2021
martes, 8 de xuño de 2021
Xa é oficial, estamos orgullosos de poder anunciar que este verán contamos con Yeah Activities para facer o campamento urbano no cole. Podedes apuntar os vosos peques na paxina webe de yeah activities www.yeahactivities.es
xoves, 18 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
Renovación xunta directiva Anpa
RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA
Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vogais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.
Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto (disponible na oficina e no blogue na zona de documentos descargables), desde o próximo día 25 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.
sábado, 9 de xaneiro de 2021
FESTA NADAL
venres, 4 de decembro de 2020
Xogos patio escola
Este ano tan diferente en todo, os nos@s nen@s non podían xogar nos recreos coma os outros anos. Por este motivo desde a escola plantexaron a idea de pintar o patio con diferentes xogos. A idea pareceunos moi boa e decidimos dende a Anpa colaboraborar axundando a escola pagando todos os xogos.
Queremos agradecer a tódolos pais que pertencen a Anpa por colaborar facendose socios neste ano tan atípico. Gracias a vos podemos seguir facendo cousas en colaboración co centro para que todos @s nen@s da escola poidan disfrutar. Sen os socios nada de isto sería posible. Por iso queremos animar a aqueles que ainda no son socios a que o fagan, porque todo o que facemos e para tod@s @s nen@s da escola socios ou non.
Para nos como Anpa e como nais e pais parecenos importante que @s nos@s fill@s pasen por estos momentos tan atípicos coa maior normalidade posible. E facendo todo o que poidamos para que esta situación non lles resulte estresante.






















