Por mor da renuncia voluntaria
ao cargo de tres compoñentes da Xunta Directiva actual deberemos convocar unha Asemblea
Extraordinaria para elixir un novo equipo.
CANDIDATURAS
Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*
* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se
unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un
posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter
cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a,
vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos
postos de vocais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por
defecto, aínda que non é recomendable que existan demasiados vocais na
asociación, para facilitar o funcionamento da mesma. Polo tanto, as
candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.
Como xa vos informamos,
calquera membro socio/a ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a
todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos
e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en
conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require
dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso
DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas
outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co
centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro
coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das
subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representar á
asociación perante calquera organismo ou en reunións con anpas do municipio, informar e
promover actividades formativas e culturais…
PROCESO
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS
Todos aqueles
socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura
pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo
o impreso ao efecto,desde o próximo día 7 de Novembro de 2016 ata o día 11 de Novembro de 2016. O impreso podedes descargalo aquí.
Poderedes entregalo en man no
local do ANPA, ou depositar na nosa caixa de correos.
Unha vez finalizado o prazo de
presentación de candidaturas, estas expoñeranse publicamente no taboleiro de
anuncios do ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/ e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao
máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 14
ao 18 de Novembro de 2016.
Cando finalice o período de
publicación de candidaturas, convocarase aos socios en Asemblea xeral
extraordinaria o martes día 22 de
Novembro de 2016, para proceder á presentación das candidaturas e á elección.
Desta convocatoria, sairá a
Xunta Directiva do ANPA Os Irmandiños para os cursos 2016-2017 e o vindeiro
2017-2018.
RESUMO
·
24 Outubro 2016 publicación do proceso de eleccións
·
Do 7 ao 11 de Novembro de 2016 prazo de
presentacións de candidaturas conxuntas
·
Do 14 ao 18 de Novembro de 2016 período de
publicación das candidaturas
·
Dia 22 de Novembro de 2016 elección de Xunta
Directiva en Asemblea Extraordinaria de socios/as.
Animámosvos a
participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.
Moitas grazas e un saúdo,