venres, 15 de febreiro de 2019

Popping Irmandiño

Xa comezamos a ver resultados da nosa proposta de obradoiros:
Neste primeiro houbo unha grande participación, e tanto os monitores como os rapaces quedaron moi contentos da experiencia. Logo de dúas horas chegaron ás casas emocionados con esta nova experiencia, e pensamos que co obxectivo cumprido de que o baile pode ser unha ferramenta estupenda para desenvolver a expresividade dos nosos corpos, da nosa creatividade e de xerar grupos onde relacionarnos dende a igualdade.

Grazas a Daniboogz e a Reche. Esperamos volver a vervos pronto, e quen sabe se para o ano que ven como actividade permanente!

...e grazas a Kike por estas magníficas fotos:





































































luns, 14 de xaneiro de 2019

Obradoiros Irnandiños: Obradoiro de Popping Dance

Dende a ANPA queremos organizar novos obradoiros para que rapazas e rapaces podan experimentar novas actividades, de diferentes eidos: música, deportes, danza e outras expresións artísitcas, para que podan achegarse a outras disciplinas diferentes das que se ofrecen anualmente e podan despertar novos intereses.neles.
Tamén estamos interesadas en que todos os socios e socias da anpa participen nestas novas propostas, para que sexan do maior interes posible. Asi que agardamos as vosas propostas.

POPPING DANCE

Temos xa organizada unha nova actividade para este mes de xaneiro: un obradoiro de Popping Dance co que queremos abrir o mundo da danza a novas expresións urbanas actuais.
O obxectivo é tamén conseguir da danza unha visión de xénero integradora, para facer visible que a danza non é unha cuestión só feminina, e que os roles de xénero non teñen por que estar presentes nesta disciplina.
Como sempre o fin último é disfrutar aprendendo algo novo.


Para este obradoiro contamos con dous rapaces novos, bailaríns expertos nesta disciplina:
Dany Boogz e Reche, que visitarán o centro en horario escolar o 22 de xaneiro para unha pequena exhibición co alumnado de primaria.

O luns 28 de 16:00 a 18:00 farán un obradoiro aberto a rapazas e rapaces interesados en aprender desta danza urbana.
Poderanse inscribir no obradoiro no local da ANPA ata o venres 25. O obradoiro será gratuíto para socias e socios e 5 € para non socios. Haberá un número máximo de 30 prazas para o obradoiro.

Dany Boogz

Reche


domingo, 13 de xaneiro de 2019

Concurso dun LOGO e un LEMA para a ANPA


Facémosvos unha nova proposta dende a ANPA coa vontade de que pensemos entre todas que queremos facer pola educación dos nosos fillos e fillas, que papel queremos ter, como podemos axudar aos mestres e mestras na educación e formación.
Temos claro que todos os adultos que rodeamos aos nosos fillos e fillas somos importantes e nos gustaría expresar esa idea dende a ANPA.
Tamén temos claro que debemos educalos no respecto á diversidade e ás diferenzas, en valorarnos todas e todos, en coñecernos e coidarnos. Queremos para as nosas fillas e fillos unha sociedade mellor, máis inclusiva e solidaria.

 Por todo isto gustaríanos traballar, coa proposta deste concurso, con estas dúas ferramentas, das que tanto podemos aprender: a IMAXE e a PALABRA, e desenvolver os seus talentos para expresar e representar esa sociedade futura da que elas e eles formarán parte.

Propoñémosvos acompañalos nesa aprendizaxe, aprender xunto a elas e eles, descubrir e compartir ideas, pensamentos e imaxes. Un pequeno exercicio pode ofrecernos unha grande aprendizaxe e descubrir o seu mundo interior, tan rico e cheo de inquedanzas nestas idades temperás.

Queremos que o concurso non sexa o fin, senón o medio para reflexionar, observar, imaxinar.
ofrecémosvos tamén algúns enlaces que nos parecen interesantes para ver como son os procesos de creación da imaxe e da palabra, e observar como traballan os deseñadores, non para copiar, senón para aprender.

Sobre todo que desfrutedes do que fagades e que o compartamos entre todas e todos. 
Seguro que ao final se reflexará nos reultados.



BASES DO CONCURSO:



Algunhas webs de exemplo:

LOGOS: arturogarcia - logaster - aloo

LEMAS: comercionista - víctormartín - marketingandweb - minedu - serpadres

DESEÑADORAS: alextrochut - asociaciongalegadedeseño - uquipermuy

xoves, 13 de decembro de 2018

Obradoiro de Jumping Clay Decembro 18


Un ano máis, os nenos e nenas do Rocío participaron animadamente no obradoiro de Jumping Clay que tradicionalmente ven organizando a ANPA. Nesta ocasión, e dadas as datas de Nadal, os nosos pequenos e pequenas creativas fixeron a figura da porta da casa de Papá Noel. O obradoioro tivo lugar nos días 12 e 13 de Decembro e tivemos pleno de asistencia! Un total de 90 nenos e nenas, 45 cada día. Como parte da ANPA, tivemos a sorte de poder estar alí dentro e poder comprobar o ben que o pasaron, a concentración que tiñan seguindo as indicacións das monitoras e a ilusión que mostraban a medida que iba avanzando a figura. Os  maiores, perfeccionistas e metódicos e os mais pequerrechos seguían as indicacións ao detalle. Asombroso tamén como os maiores axudaban aos pequenos e compartian a plastilina. 
Foi toda unha festa do Jumping Clay, unha hora onde a súas máns fixeron arte e saíron felices ensinando ás familias a figura que tan ben remataran.



Seguiremos apostando por actividades que axuden a desenvolver a súa creatividade, imaxinación e nos permita manter os nosos compromisos de inclusividade, solidaridade e respeto a diversidade e diferenza.

unha aperta dende a ANPA os Irmandiños



xoves, 29 de novembro de 2018

Saúdos da nova ANPA

Queridas Familias,

Como sabedes este mes tivemos cambio na Directiva da ANPA e queremos enviarvos un saúdo e informarvos que estamos á vosa disposición para todo o que precisedes. Seguiremos colaborando para facer que a relación Familias-Escola resulte do máis satisfactorio e contribúa na educación dos nosos cativos e cativas.

Gracias por seguir apostando por colaborar ca ANPA e esperamos que nos próximos meses recibamos as vosas suxerencias, comentarios e colaboración nas diferentes actividades que organicemos.

Aproveitamos para recordarvos que o novo horario da ANPA é os martes e venres de 9.00 a 10.00 horas e os xoves de 16.30 a 17.30 horas.
As actividades seguirán como ata agora e, neste período de transición, valoraremos a súa continuación, modificación ou mellora, seguindo os vosos comentarios.

Lembrade que a través do whatsaap, do blogue e do correo electrónico, recibiredes información das próximas actividades. Ao mesmo tempo que esperamos recibir as vosas suxerencias tamén a través destes medios.

Vinde a coñecernos!!!
Saúdos

xoves, 22 de novembro de 2018

Obradoiro Ioga-emociona para pais e nais



O pasado mércores 21 de novembro tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de IOGA EMOCIONA ca profesora María Carballo. Éramos muy pouquiños, pero foi unha gran experiencia.




Convertímonos durante duas horas en superheroes e estivemos a explorar os nosos superpoderes. Xogamos, pensamos, sentimos, compartimos, rimos,... pero sobre todo descubrimos a consciencia atenta. Foi apasionante.

Pero a experiencia soubonos a pouco e esperamos poder repetila moi pronto.

Se alguén quere documentarse un pouquiño, María recomendounos estes libros.



Robótica: os nosos pequenos programadores

Este ano temos a actividade de Robotica e os nosos nenos divirtense facendo pequenas progamacións ou montando algún robot cas pezas de LEGO. Haberá algo máis divertido?
Aquí vos deixo unhas fotiños para que o vexades... Espero que vos gusten