martes, 27 de decembro de 2016

GARDAS 2º TRIMESTRE

Xa temos preparados os cadrantes de garda do próximo trimestre, tamén os poñeremos nos grupos de whatsapp correspondentes. Se vedes algún erro, facernolo saber para poder modificalo.

Facer a garda implica:


  • Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza a actividade, e no caso de que sexa no pavillón, se debe comprobar tamén que a porta do baño esté aberta. 
  • Recordade tamén que hasta as 16:00 h. os responsables dos nenos son os monitores de comedor e non debemos entorpecer a súa actividade.
  • Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade
  • Esperar a que o monitor da actividade chegue é estar por alí durante a clase (non dentro da actividade pero si preto) por si pasara calquera cousa con algún neno, que o monitor non teña que deixar os outros para atendelo.
  • O remate, comprobar que veñen a recoller a todolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
  • Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda, excepto o inglés do mércores, que se lle entregan as chaves á monitora da actividade de música. A persoa que lle toque a seguinte garda porase en contacto cos membros da dirección do ANPA para recollela chave.

Para ver a garda da actividade, só tendes que buscar o día da semana e pinchar sobre a actividade na que están apuntados os vosos nenos.


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES






Estamos tamén a preparar o novo cuadrante de actividades para o segundo cuatrimestre, en donde aparecerán algunhas novas por si queredes apuntar os vosos fillos. Estade atentos!

domingo, 25 de decembro de 2016

RESUMENES DE REUNIONS

Xa estamos nas vacacions de Nadal, pero non queremos descoidar o noso blog. Así que hoxe toca, tal como vos prometeramos, poñervos ao tanto das Asambleas e reunións que tivemos no último mes.

Comezamos pola ASAMBLEA EXTRAORDINARIA do 22 de Novembro, no que se modificou a xunta directiva do ANPA. Sendo a única candidatura presentada, quedou establecida da seguinte maneira:

Presidenta: Teresa Frade Limes
Vicepresidenta: Mª de las Nieves Pardo Díaz
Secretaria: Verónica Rubio Veloso
Tesoureira: Ana Mª Alonso Fernández
Vogais: Amalia Nuñez Niño
              Susana Varela Fernández
              Dulce Vázquez Fernández
              Carolina Veiga Vázquez


Como vedes, o apoio do equipo anterior é fundamental, e permanecerán con nós para orientarnos e votarnos unha man.

Nunha segunda parte desta reunión, intentamos explicar cal é o proxecto que presentamos, que ten moitas novidades, como ter un carnet, eventos solidarios como o que xa estamos a realizar da campaña de xoguetes, a xestión do chandal, crear un banco de pais, establecer un novo espacio como oficina,... e un montón de cousas máis que podedes leer se descargades o proxecto aquí.

O seguinte paso foi reunirnos a XUNTA DIRECTIVA,  para definir ben as nosas funcións e establecer as liñas de traballo do mes seguinte. Nesta reunión acordouse que a presidenta engargaríase da xestión xeral, a vicepresidenta encargarase das actividades extraescolares e de facer chegar a información aos socios mediante o blog, o tolapp, grupo de difusión,... A secretaría será a responsable dos documentos que manexa a asociación ou que ten que presentar ante as diferentes institucións. E a tesoureira, por suposto, dos orzamentos e as contas. A continuación establecese o plan de traballo:

  • Recordanse os pasos que temos que facer para establecer a nova directiva: xunta, deputación, concello, banco,... e os documentos que temos que presentar en cada un deles.
  • Vaise actualizar os listados de altas e baixas das actividades, establecese o protocolo a seguir para as gardas, informar á empresa que imparte as actidades, e revisar os pagos.
  • Establecer unha oficina onde traballar e gardar toda a documentación, é o seguinte paso, así que se plantexa ocupar o espazo que nos ofreceu a dirección do centro no cole vello, e acordase comprar algo de mobiliario para acondicionalo, aproveitado unha oportunidade no mercado de segunda man.
  • Outro tema foi informar aos membros da xunta da reunión que tivo a presidenta con profe Juan, sobre os alumnos de balonmán que non son socios do ANPA, onde se acordou dar tempo para que o profe Juan falase coas familias.
  • En canto as actividades puntuais, concrétase o taller de Jumping Clay co tema do Nadal.
  • Establecese tamén que cando e como poñer en marcha a campaña de xoguetes para o Nadal e a ONG a quén se lle doarán todos os que recollamos, que é Vida Digna, como xa sabedes.
  • Acordase participar na festa do Nadal do centro como o ano anterior, coa chocolatada para os nenos e as uvas; é respondendo a demanda de algúns pais, se plantexa facer tamén unha chocolatada para os pais.
  • Intentaremos poñer en marcha o concurso para deseñar o carnet de socio do ANPA para facer a selección cando veñamos das navidades.
  • Estudiarase o cuadrante de actividades ofertadas para encaixar novas propostas no seguinte cuatrimestre: teatro, jumping clay, capoeira; e as que non saíron adiante ó comezo de curso por falta de nenos.
  • Farase un escrito, solicitando a entrada de dous membros do ANPA nun rotatorio do comedor, para poder observar a calidade do servicio e así poder informar ás familias.
  • Acordamos que facer un vale nominativo é a forma máis práctica e sinxela que pode aceptar BABYHOGAR para facer o desconto do chandal aos socios, e antes de avisar aos socios para que pasen encargar o chandal, se verificará que é tal e como se acordou.


Por último, informarvos da Reunión do Consello Escolar que tivemos o día 13 de Decembro, onde se presentaron os novos membros do consello, representando aos pais. Tamén se espuxo brevemente o proxecto da nova ANPA, sendo moi ben valorado polos asistentes; acordouse pedir un ano máis o PROA, e facer un escrito solicitando unha continuidade do conserxe durante o curso escolar. Por último informase da existencia de dous páxinas de facebook que se chaman ANPA Os irmandiños, pero que non son xestionadas polo ANPA, polo que intentaremos, como primeira medida, poñernos en contacto cos administradores para que lles cambien de nome, e así non levar a error aos membros da nosa comunidade educativa; esperando que esto sexa suficiente e non ter que ir máis aló.

Seguiremos informándovos de todas as xuntanzas que levemos a cabo e esperamos que vos animedes a participar de forma activa, cada vez máis.




·        


P

domingo, 18 de decembro de 2016

FESTA DO NADAL

Xa chega o Nadal, os bos desexos, as comidas coa familia, a espera ansiosa do pai noel ou o apalpador, fin de ano, ani novo, a noite máxica de reis.... Pero antes de todo iso.... está a festa que celebramos no colexio e a actuación dos nosos fillos!

A dirección do centro xa vos mandou o programa da festa:

09:15 Visita do paxe real
10:30: Primeira parte do festival

  • Educación Infantil: Tin tin
  • 1º Educación Primaria: O crocodilo enorme
  • 2º Educación Primaria: Desexos de Nadal e All I want for Christmas is you
11:15 CHOCOLATADA

12:15 Segunda parte do festival:

  • 5º Educación primaria: A frauta máxica de Mozart
  • 4º Educación primaria: Más allá
  • 3º Quen fai os meus xoguetes
13:15 BADALADAS

Como xa sabedes, desde o ANPA se colabora coa chocolatada e coas uvas das badaladas.

E este ano, como novidade, tamén teremos CHOCOLATADA PARA OS PAIS organizada polo ANPA. Será as 11:15, coincidindo ca dos nenos, no hall do cole vello. Así, os pais que vaian a primeira sesión poden quedar un pouquiño máis, e os que veñen á segunda parte, poden chegar un pouquiño antes e disfrutar xuntos de chocolate quente e algún dulciño. Unha boa oportunidade de charlar e felicitarnos as navidades a todos.

Ademáis aproveitaremos a ocasión para ensinarvos donde estará, a partir do novo ano. a oficina do ANPA. Ainda lle faltan algunhas cousiñas,... pero vai tomando forma!!!

VOS ESPERAMOS!!!

mércores, 14 de decembro de 2016

XA TEMOS O NOVO CHANDAL DO COLE!!!!

Estes días están van a estar cheos de novidades como a festa do Nadal, a inauguración do noso novo local, o resumo das reunions e do consello escolar, actividades para as vacacións,.. Pero vamos co tema que nos ocupa: O NOVO CHANDAL!!

XESTIÓN DA VENTA DO CHANDAL

Como sabedes, este ano decidiuse externalizar a venta do chándal do centro, xa que a venta directa por parte do ANPA implicaba entre outras cousas, a existencia dun stock no local do ANPA e diversas obligacións fiscais. Falamos con diferentes fabricantes e vendedores, e a empresa que nos ofreceu a millor relación calidade/prezo, axustándose as nosas necesidades é BABY HOGAR, na Rua Barcelona, 84; cun horario de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20:30. E durante 1 hora, os clientes poden aparcar gratis no parking Gallegos Ilustres. Xa podedes ir pola tenda a encargar os vosos chándals.

CHANDAL ata T. 10= 36 €
CHANDAL ata T.14= 38 €
SUDADEIRA = 18.95 €
PANTALÓN CORTO= 14€

O ANPA subvencionará os socios con 10 euros por neno no primeiro chándal. Para iso é necesario que antes de comprar o chándal pasedes polo local do ANPA, onde vos daremos un vale nominal que entregaredes na tenda para que vos fagan o desconto. 

As existencias do modelo antigo que ainda temos, usaranse como premio en diferentes eventos do Centro, e os restantes liquidaranse nun rastrillo na primaveira


Baby Hogar tamén ofrece descontos noutros productos da súa tenda aos socios do ANPA, é patrocina o noso equipo de balonmano, facilitando de forma gratuíta as camisetas do equipo.


domingo, 11 de decembro de 2016

O MAGOSTO PARTE 2

Como vos prometera, aquí está a segunda parte da festa do MAGOSTO. O primeiro vídeo é do traballo dos pais, con novas fotos. E o segundo son as actividades que fixeron os nenos, o pasaron moi, moi ben!!! E OS PAIS QUE AXUDARON, TAMÉN!!!



MAGOSTO 2 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker





Agora estamos a preparar a festa de Nadal. Manteremosvos informados!!!

martes, 6 de decembro de 2016

TALLER JUMPING CLAY NAVIDEÑO

Achégase o Nadal e como é tradicional programamos a actividade de Jumping Clay que tanto lles gusta ós rapaces. 

Nun principio reservamos dous días, pero rogamosvos que nos indiquedes se podedes ir só un día ou calquera dos dous, para facilitarmos a formación dos grupos. Por si non hai nenos suficientes para as duas convocatorias, elexir na que poidan máis nenos, ou si houbera demasiados apuntados nun día, intentar equilibrar os grupos.

Vos deixamos o cartel con todala información.



luns, 28 de novembro de 2016

I RECOLLIDA DE XOGUETES

Unha das novas propostas para este ano é a realización de diferentes eventos solidarios como recollida de xoguetes, recollida de alimentos, posta en marcha dun Banco de Roupa,… e así concienciar e traballar sobre o concepto de solidaridade cos menos favorecidos do noso entorno. Así que tendo en conta as fechas nas que estamos e apelando ó espíritu do Nadal, comezamos ca nosa primeira campaña solidaria: A RECOLLIDA DE XOGUETES.

Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen, e deixándoo nunha Caixa que estará na entrada principal do centro, do 1 ao 15 de Decembro. Os xoguetes que entreguedes non teñen porque estar novos, por suposto, pero sí en bo estado, limpos e completos. Pensade que son para entregar a outros nenos o día do Nadal, e pretendemos debullar sorisos nas suas cariñas.

Falamos ca Asociación VIDA DIGNA, que ten a sede na Rua do Brasil, 54 de Vigo. Creouse en 2005 e acolle, asesora e apoia a  familias que o necesitan. Entre outras actividades, ofrece roupa e alimentos, pero seguro que moitos a coñecedes pola campaña do Nadal que fan todos os anos en Toys ur us. Se queredes saber máis desta asociación podedes visitar a súa páxina http://www.vidadignavigo.com/

Vamos a doar os xoguetes que recollamos a esta asociación, quen os revisará, catalogará é repartirá as familias que o necesiten, para que a maxia do Nadal chegue a todos os fogares. 


CONTAMOS CON VOS!!!

mércores, 23 de novembro de 2016

OBRADOIROS PARA RAPAZADA

Vos facemos chegar duas actividades do concello que nos parecen moi interesantes:

* Rios e bosquen que falan: actividade para nenos e nenas de 5 a 10 anos que se levarán a cabo o 25 e 29 de novembre, e 1 de Decembro, onde se realizará unha creación plástica dun río e bosque combinando debuxo e elementos naturais.

* Topo que?: para rapaces entre 10 e 13 anos que se levarán a cabo o 23 e 24 de novembro e o 2 de decembre, no que se cazarán topónimos presentes en cancións, faranse caligramas, e outras actividades.

* Andaina familiar nocturna por Bembrive, o 26 de novembro, saindo desde O Pouso. Unha oportunidade para facer unha actividade en familia desfrutando do aire libre e ca maxia dunhas linternas...


 
























martes, 22 de novembro de 2016

MOBILIZACIÓNS DO 24 DE NOVEMBRO



Todas as ANPAS de Galicia están convocadas a estas mobilizacións en contra da LOMCE. Como estivemos a falar na reunión de hoxe, un dos puntos importantes das ANPAS é velar pola calidade da educación, e está visto que esta lei vai en contra dos nosos principios. 
Aquí vos deixo un par de documentos de FOAMPAS para que poidades valorar por vos mesmos se seundar a Folga e as mobilizacións, para leelos, só tedes que pinchar no titulo  do documento.


mércores, 16 de novembro de 2016

ACTIVIDADES EN NOVEMBRO

Unha vez máis facemonos eco de tres actividades que chegaron ao noso ANPA e vos propoñemos que disfrutedes delas. Como sempre, para obter máis información, premede no nome de cada actividade.

* MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS: novembro é o mes da ciencia e aquí tedes algunas das actividades que se levan a cabo na nosa cidade.

* EXPOSICIÓN DE CIENCIA EN MOVEMENTO : O 25 de novembro podemos visitar esta exposición e sorprendernos en cada paso.

* TOPO... QUE?: unha actividade dirixida a nenos e nenas entre 10 e 13 anos, no que de forma divertida descubriremos moitas cousas da nosa cidade

Esperamos que sexan do voso interese.

martes, 15 de novembro de 2016

CANDIDATURA CONXUNTA

Vos presentamos a única candidatura que se presentou para as eleccións á directiva do ANPA. Recordámosvos que a Asamblea terá lugar o día 22 de novembro as 16:00 h., onde se presentará a candidatura e mailo seu proxecto. Dado a importancia do tema a tratar, rogamosvos a vosa asistencia, e como sabemos que algúns tedes reunión coa tutora ese mesmo día, pregamosvos puntualidade, así facilitaremos que eses pais podan asistir ás dúas.

Para ver a candidatura, pinchade aquí.


martes, 8 de novembro de 2016

FESTA MAGOSTO PARTE 1: A PREPARACIÓN

Hoxe celebrouse no noso centro a festa do Magosto, e foron moitos pais e nais que colaboraron para que todo fose estupendo. Foron moitas e variadas tarefas como por exemplo....

 Puidemos contar cuns pais moi artísticos, os que lles debemos o noso cartel deste ano: Mónica (nai de Xoel),  Victor (pai de Mar), Emma (nai de Asier), e Tere (nai de Adrián); Rubén (pai de Daniel).

Otros máis manitas que fixeron os cucuruchos nos que disfrutamos das nosas castañas. Marta (nai de Samuel e Noa), Luz (nai de Alejandro), Bego (nai de Naiara), Susana (nai de Breixo), Mafi (tía de Breixo), Eva (nai de Eric), Verónica (nai de Irene), Patricia (nai de Sergio), Carolina (nai de Noa e Carlos), Ana (mami de David e Daniel).

Os nosos estupendos castañeiros, que asaron kilos e kilos de castañas: Roberto (pai de Alejandro) e Fran (pai de Eric).

E otras tarefas varias: Juani (nai se Noa), Alfonso (pai de Tristán),José Luis (pai de Hernán) e Nieves (nai de Erea).

Un gran aplauso para todos eles!!!!



MAGOSTO 2016 PARTE 1 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Botades en falta algo sobre os nenos, verdade? Pois estade pendentes porque en breve faremos o Magosto Parte 2, onde os nenos serán os protagonistas!

sábado, 5 de novembro de 2016

APRENDER A EDUCAR


Dende FOAMPAS, vaise organizar un debate moi interesante e nos avisan con tempo para que organicemos as nosas axendas. Vos deixo a información que temos.

mércores, 2 de novembro de 2016

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN


Se tes mais de 6 anos, ainda estas a tempo de participar na segunda quenda deste obradoiro de ilustración que se leva a cabo en Bembrive. Vos deixo o cartel para que chamedes para apuntarvos.

martes, 1 de novembro de 2016

CHARLA CIBERSEGURIDADE

Seguro que moitos estades preocupados pola evolución das novas tecnoloxías e o uso da internet por parte dos nosos fillos. Por eso dende aquí facémonos eco da charla sobre ciberseguridade que se celebrará no IME o 7 de Novembro. Anímovos a todos a asistir porque seguro que aprenderemos moito.

Vos deixo o cartel da charla e máis o temario para que saibades que temas van a tratar.






Temario charla ciberseguridade:

Conceptos básicos:

-  O correo electrónico; formato e seguridade en correos electrónicos
-   Socialización en Internet.
  o        As redes sociais
  o        Os chats
  o        A mensaxería instantánea
  o        Os blogs
-  Internet e os hackers

A seguridade:

-  Seguridade básica na Rede
-   Principios para unha navegación segura
-  Os contrasinais seguros
-  Os mellores antivirus
-  As wifis “gratuitas” e navegar dende ordenadores alleos

Amenazas:

-     O ciberdelito. Qué e un ciberdelito? Qué facer se son vítima dun ciberdelito?
-     Os virus informáticos. Qué son? Cómo protexerse? Os falsos antivirus. Outras vulnerabilidades
-     O spam
-      Enxeñaria social e o hacking humano
-     O phising. O roubo por Internet e a suplantación de identidade.
-     Estafas na rede. Compra/venta por Internet. Falsas ofertas de empleo. Citas en Internet.

Menores na rede:

-       Os ciberdepredadores. Pedófilos na rede. Qué os delata? O seu vocabulario.
-       Os tres perigos: Grooming, sexting e ciberbullying. Falta de conciencia sobre os perigos na rede.
-       Control parental. As ferramentas para un uso mais seguro.
-       O menor como autor e as consecuencias.


venres, 28 de outubro de 2016

O SAMAIN

Hoxe foi un día moi especial para os nosos nenos... DABAN MEDO!!!!! A verdade é que lles encanta disfrazarse e o pasan xenial poñéndose na pel doutros persoaxes.
Dende o cole, como todolos anos, puxeron o tunel do terror, coas cabazas que levaron os nenos tan terroríficamente decoradas!




E para completar o post, vos deixo unha canción sobre o Samain representada en lingua de signos. É moi divertida e moi pegadiza!!!






AH!  Recordade que O LUNS 31 DE OUTRUBRO NON HABERÁ COLE!

mércores, 26 de outubro de 2016

ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA

Ó noso mail chegan moitas veces informacións sobre actividades para facer en familia ou dirixidas aos rapaces, e dende aquí, intentaremos mantervos informados por si algunha é de voso interese.
Neste momento temos 3 propostas, a continuación tedes un pequeno resumo, pero si queredes máis información, só tedes que pinchar no nome da actividade:

VIVIR O OUTONO NAS ILLAS ATLÁNTICAS, son unha serie de actividades gratuítas para facer en familia con nenos a partir de 5 anos, dende o mércores 26  ata o domingo 30 de outubro.

O SAMAIN é unha festividade propia de Galicia e do 27 ao 31 de Outubro podedes encontrar un montón de actividades gratuítas para nenos a para nenos a partir de 6 anos en distintos sitios da nosa cidade: Coia, Progreso, Navia, Calvario,...

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA, dirixido a nenos de entre 10 e 12 anos. É gratuíto e se levará a cabo o Venres 4 de novembro (18:00 - 20:30 h.) e Sábado 5 de novembro (11:00 - 13:30), na Casa da Xuventude, López Mora, 31.

Tamén temos algunhas propostas para os adultos:


DEBATE SOBRE OS DEBERES ESCOLARES, o 4 de Novembro as 17 h no IME (Camiño do Chouzo, 2). 

CURSO BÁSICO DE LINGUA DE SIGNOS gratuíto, levarase a cabo todos os martes lectivos desde o 8 de novembro ata o 31 de xaneiro de 18:00 a 20:00 h. no IME (Camiño do Chouzo, 2). Inscripcións ata o 3 de novembro, prazas limitadas).

XORNADAS FORMATIVAS E DE CELEBRACIÓN DA DIVERSIDADE, organizadas pola Fundación Gerard o 9 e 10 de Decembro en Santiago de Compostela


martes, 25 de outubro de 2016

CONCENTRACIÓN CONTRA AS REVÁLIDAS DA LOMCE

o vindeiro 26 de outubro terá lugar unha concentración contra as Revalidas e a LOMCE na farola de Urzaiz (Rúa do Príncipe) ás 19:00h. Deixámosvos un decálogo de motivos polos que deberíamos asistir!!!

DECÁLOGO DE MOTIVOS POLOS QUE ESTAMOS EN CONTRA DAS REVÁLIDAS DA LOMCE

1. CLASIFICACIÓN DOS CENTROS E COMPETICIÓN (MAL ENTENDIDA) ENTRE OS MESMOS, xa que de publicarse os resultados só conseguirán prexudicar ás escolas de contornas socioeconómicas desfavorecidas, como corroboran diferentes estudos publicados.

2. NEUTRALIZACIÓN de novas iniciativas metodolóxicas dos centros que apostan por proxectos educativos que respectan os ritmos de aprendizaxe e desenvolven os currículos prestando gran atención ás intelixencias múltiples, xa que o modelo de reválida privilexia os contidos, ignora moitas das competencias clave e introduce obstáculos no progreso da formación do alumnado.

3. SELECCIÓN TEMPERÁ, xa que o énfase debería poñerse nas dotacións orzamentarias destinadas a paliar os problemas que unha proba ben deseñada podería contribuír a detectar, e non centrada nos resultados do alumnado, clasificando aos estudantes en “bos e malos”, tentando evitar o acceso destes últimos aos estudos post-obrigatorios.

4. COMPETENCIA MAL ENTENDIDA, xa que centrará os esforzos das escolas na obtención de bos resultados na reválida, e non na necesaria cooperación entre elas.

5. PERVERSIDADE E FALTA DE OBXECTIVIDADE, xa que só se terán en conta algunhas competencias, e dentro destas sobre todo o contido, e non aspectos moi relevantes como o pensamento crítico, a creatividade, a propia iniciativa, as características individuais de cada persoa, a competencia social e cidadá…

6. DESCONFIANZA E CONTROL INAPROPIADO aos centros e os docentes, cuestionado a súa capacidade para realizar o seu traballo, non mencionando en ningún punto a importancia da formación continuada.

7. INVOLUCIÓN, inspirándose en modelos superados e non nos mellores modelos vixentes en Europa, e centrando os obxectivos de moitos cursos na superación duns exames de dubidosa relevancia, en detrimento de case todos os aspectos importantes no proceso de ensino-aprendizaxe.

8. INEFICACIA, dado que moitos organismos e informes, como o National Research Council de Estados Unidos (2011), expoñen que os sistemas semellantes ao que propón a reválida na LOMCE son ineficaces e non contribúen á mellora da formación do alumnado no futuro; por el contra, co tempo os resultados das probas poden mellorar porque o traballo docente e a aprendizaxe das rapazas e rapaces céntrase na realización das probas.

9. IMPOSICIÓN, xa que non se levou a cabo ningún tipo de debate científico, social e político, necesarios para chegar a un consenso, e as reválidas foron aprobados coa maioría de todos os sectores da comunidade educativa en contra.

10. DESCOORDINACIÓN, IMPROVISACIÓN E FALTA DE INFORMACIÓN por parte da Administración que aconsellan a non realización das probas.

luns, 24 de outubro de 2016

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E PROCESO ELECTORAL

Por mor da renuncia voluntaria ao cargo de tres compoñentes da Xunta Directiva actual deberemos convocar unha Asemblea Extraordinaria para elixir un novo equipo.


CANDIDATURAS

Todas as candidaturas presentadas deberán ser candidaturas CONXUNTAS*


* As candidaturas CONXUNTAS son as formadas por un grupo de socios/as que se unen para presentarse como grupo, elixindo cada un dos socios integrantes un posto dentro da Xunta Directiva. Segundo os estatutos da Asociación deberá ter cubertos, polo menos, os seguintes postos, de forma obrigatoria: Presidente/a, vicepresidente/a, tesoreiro/a e secretario/a; ademais, poderán existir tantos postos de vocais como se estime oportuno, sen límite nin por exceso nin por defecto, aínda que non é recomendable que existan demasiados vocais na asociación, para facilitar o funcionamento da mesma. Polo tanto, as candidaturas conxuntas deberán estar formadas por, polo menos, catro membros.

Como xa vos informamos, calquera membro socio/a ten dereito a presentarse como candidato. Animámosvos a todos/as a que presentedes candidatura, e poñades en marcha os vosos proxectos e ideas. No entanto, e vista a experiencia en cursos anteriores, debedes ter en conta que calquera cargo, sexa o que sexa, dentro da Xunta Directiva, require dunha mínima dedicación de tempo por parte dos seus integrantes, xa que diso DEPENDE O BO FUNCIONAMENTO das actividades extraescolares, así como moitas outras xestións habituais que as ANPAS realizan: colaboración en proxectos co centro, promover as boas relacións entre a Directiva e os docentes do Centro coas familias, representación no consello escolar do centro, xestión das subvencións, xestión económica e administrativa da asociación, representar á asociación perante calquera organismo ou en  reunións con anpas do municipio, informar e promover actividades formativas e culturais…


PROCESO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓNS

Todos aqueles socios e/ou socias da ANPA que esteades interesados en presentar candidatura pechada para formar parte da Xunta Directiva da Asociación, poderedes facelo, cubrindo o impreso ao efecto,desde o próximo día 7 de Novembro de 2016  ata o día 11 de Novembro de 2016. O impreso podedes descargalo aquí.

Poderedes entregalo en man no local do ANPA, ou depositar na nosa caixa de correos.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, estas expoñeranse publicamente no taboleiro de anuncios do ANPA no centro, así como no blogue da asociación https://anpaosirmandinhos.blogspot.com.es/  e enviarase por tokapp co fin de publicitar ao máximo as candidaturas entre os socios/as. O período de publicación será do 14 ao 18 de Novembro de 2016.

Cando finalice o período de publicación de candidaturas, convocarase aos socios en Asemblea xeral extraordinaria o martes día 22  de Novembro de 2016, para proceder á presentación das candidaturas e á elección.
Desta convocatoria, sairá a Xunta Directiva do ANPA Os Irmandiños para os cursos 2016-2017 e o vindeiro 2017-2018.

RESUMO
·         24 Outubro 2016 publicación do proceso de eleccións
·         Do 7 ao 11 de Novembro de 2016 prazo de presentacións de candidaturas conxuntas
·         Do 14 ao 18 de Novembro de 2016 período de publicación das candidaturas
·         Dia 22 de Novembro de 2016 elección de Xunta Directiva en Asemblea Extraordinaria de socios/as.


Animámosvos a participar e así colaborar de forma activa pola educación dos nosos fillos.


            Moitas grazas e un saúdo,

mércores, 12 de outubro de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEFINITIVAS Curso:2016 - 2017

Xa temos o cadro definitivo de Actividades, é unha lástima que algunhas das propostas non sairan por falta de alumnos. Pero por fín temos Xadrez!!! Hai poucos alumnos, e seguro que algún máis que está interesado... O ANO PASADO O XADREZ FORA TODO UN ÉXITO!!!! Animádevos!!!

Recordovos a todos que para ir a estas actividades tendes que ser socios do AMPA e para iso tendes que cubrir o formulario de socio e pagar a cuota anual. E se algún ainda non se apuntou, só tendes que falar con nós, e vos informaremos das actividades que aindan teñen prazas.

Das actividades que se desenvolven fora do centro, tamén deixamos o cadro. Recordade que en Xaneiro abrirase de novo o prazo de matriculación para os nenos que cumplan os 3 anos ou para aqueles que se animen a facer algunha destas actividades.




domingo, 9 de outubro de 2016

ACTIVIDADES EN BEMBRIVE



Hoxe temos dúas noticias que se desenvolven en Bembrive. A primeira son as VI Xornadas de información e formación sobre TDAH, que se levarán a cabo o día 22 de Outubro no Centro Cultural Helios de Bembrive. A verdade é que teñen moi boa pinta e podedes descargar desde aquí o Tríptico informativo e máis o Boletín de inscrición,

A segunda noticia é refírese a unha serie de actividades para nenos de 0 a 12 anos. Aquí vos deixo o cartel con todalas fechas e ubicacións.



mércores, 5 de outubro de 2016

CURSOS E CONCURSOS

Vamos a inaugurar unha sección no noso blogue con toda esa información que chega a nos, e que normalmente non ten relación co noso  Centro, pero que pode resultar de noso interese xa que falaremos de cursos e concursos.

Hoxe, achégovos un par de noticias que poden ser do voso interese. A primeira é un CURSO DE ACHEGAMENTO AO GALEGO que ofrece de blade o Concello de Vigo. Incia o 17 de outubro de 18:30 a 21:00.
Podedes descargar toda a información referida a este curso AQUÍ.

Por outra banda, temos un CONCURSO "100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos", no que poden participar nenos e adultos.

A. Escolares de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria
1. Deseño dun LOGOTIPO da rede de parques nacionais.
2. Concurso de CONTOS de parques nacionais.
3. Concurso de FOTOGRAFIA de parques nacionais.
4. Concurso de FRASES E ESLOGANES sobre os parques nacionais
5. Concurso de PINTURA e DEBUXO sobre paisaxes e a vida nos parques nacionais.
6. Concurso de REDACCIÓN sobre os parques nacionais españois.

B. Adultos
7. Concurso de deseño de ACTIVIDADES E MATERIAIS DIDÁCTICOS sobre os parques nacionais. A participación está aberta aos docente de centros escolares de EPO e/ou ESO, e tamén a educadores, monitores interpretadores de institucións, asociacións ou entidades, públicas ou privadas.
- En todos os concursos, o tema principal serán os Parques Nacionais.
- Admitirase como máximo tres traballos por participante e modalidade.
- Para participar é necesario encher a Ficha de inscrición.

O prazo de recepción dos traballos finaliza o 15 de novembro de 2016, desenvolvéndose outra convocatoria a finais do curso escolar en 2017.
Os traballos pódense enviar por correo-e a escolarcentenariopn@oapn.es, ou correo postal a Organismo Autónomo Parques Nacionales, Servicio de Publicaciones, C/ José Abascal, 41 - 28003 Madrid.
 Se vos animades a participar é queredes máis información sobre este concurso podedes descargala AQUI, e tamén a ficha de inscrición 

martes, 4 de outubro de 2016

BULE BULE..... ALFIL

Adiviña, adiviña... que actividades van ser hoxe as protagonistas do noso blogue?

Costounos, pero ao final, si temos actividade de XADREZ!!! Variou un pouquiño o horario (16:15 h -17:15 h) e son moi pouquiños nenos, ainda que esperamos que vos animedes e que o grupo aumente.






Qué pensativos estes nenos, seguro que están pensando como facer a mellor xogada para gañar a partida. E non sei se gañaron ou non, o que sí sei é que O PASARON XENIAL.

E para repoñer as forzas, nada mellor que unhas deliciosas GALLETAS. Mmmmmm.... E eu que pensaba que se trataba de comer ao Rei!!!

Eu quero unirme a ese clube, e ti?




Os que tampouco o pasaron nada mal foron os nosos nenos e nenas de ATLETISMO. A nova profesora chámase ESTHER e fixo que a tarde fose moi divertida.



Diferentes probas para ver as súas habilidades, como a de equilibrio. Andar sobre a liña, sen caer e cada vez máis rápido parece sinxelo... pero non o é tanto!



 Estes campeóns vanse entrenar para gañar moitas veces. Gañarán amigos, bos hábitos, habilidade, bos ratos... e moitas, moitas risas!!! Non vos dan envidia?

  Apuntádevos! Ainda estades a tempo!

luns, 3 de outubro de 2016

PREPARADOS.... LISTOS.... XA!!!!


 ESTAMOS DE VOLTA!

Este fin de semana tivemos moito traballo, como vos comentamos na reunión, estivemos a pintar as aulas, recompoñer as pizarras,... Deixando todo listo e preparado para comezar este luns, con MOITO ÁNIMO e MOITAS GANAS!!!



QUEDOU ESTUPENDO!!! 







domingo, 2 de outubro de 2016

GARDAS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ACTUALIZADO!

Como vimos facendo nos últimos anos, e tal e como se falou na reunión informativa do luns 26 de setembro, os pais que levan aos seus fillos as actividades extraescolares de 16:00 a 17:00 fan turnos de garda para levalos nenos que están en comedor as correspondestes actividades, e quedan durante a actividade localizables por si houbera calquer problema poder atender aos nenos, chamar aos pais, avisar ao profesor de garda,... Recordade que si vosos nenos a continuación teñen outra actividade, debedes recollelos vosoutros na primeira actividade e levalos á segunda.

Xa temos os turnos, búscadeos na actividade na que tendes matriculados aos vosos fillos . En breve faremos os grupos de whatsapp de cada actividade para poder solucionar todalas dúbidas que teñades ou que vos poñades dacordo se alguén non pode facer a garda o día que lle toca.



















sábado, 1 de outubro de 2016

ACTIVIDADES EN SECO DO MAIS QUE AUGA CON LISTADO

Xa temos novidades das actividades en seco do máis que auga, sentimos comunicarvos que só sairán adiante as actividades de ZUMBA KIDS e KARATE. As demáis non teñen o número mínimo requerido de nenos para levarse a cabo. Os que estades inscritos en Zumba e Karate debedes facer o pago da actividade  (44 euros/cuadrimestre) durante a próxima semana na conta do ampa.


LISTADO DE ALUMNOS ADMITIDOS 

ACTIVIDADES EN SECO MQA


GONZALEZ SÁNCHEZ
XIANA
ZUMBA KIDS
MARTES_17:15
ESTEVEZ MÍGUEZ
ALEXANDRA
ZUMBA KIDS
MARTES_17:15
ABALDE FREIRÍA
VALERIA
ZUMBA KIDS
XOVES_17:15
CEBREIRO ÁLVAREZ
CARMEN
KARATE INFANTIL
XOVES_18:45


Os alumnos que estaban inscritos noutras actividades, poden apuntarse nas actividades que sí se ofrecen, mentres todavía haxa plazas, do mqa ou no centro. Poñédevos en contacto con nós para solicitalo: 
anpaosirmandinhos@gmail.com