domingo, 11 de setembro de 2016

MANIFESTACIÓN E CONCENTRACIÓN POR UNHA NOVA ZONIFICACIÓN


Este curso comenza con moita actividade reivindicativa. Moitos xa estaredes ao tanto do problema que temos co Instituto de Secundaria ao que estamos adscritos, posto que teñen asignados 7 unidades de 6º E.P., pero contan só con 5 unidades de 1º da ESO. Esto obriga o centro Alexandre Bóveda a baremar, e a Consellería de Educación pretende desprazar aos alumnos dalgúns centros a outros moito máis lonxanos. E os que consigan quedar quedar no Alexándre Bóveda, verán mermada a calidade do ensino pola saturación de alumnos. Despois de intentar chegar a un acordo con diferentes autoridades educativas, sen recibir resposta, plantexamos unha serie de actividades reivindicativas. A primeira é unha manifestación organizada polo ANPA de Balaidos,  mañá luns 12 de setembro, dende o CEIP Balaidos ate o IES Alexandre Bóveda ás 19:00 h. É importante a asistencia, xa que este problema aféctanos directamente como centro adscrito.
Un resumo dos puntos importantes podería ser o seguinte:
  1. Defender o dereito a unha educación pública de calidade sen que esté supeditada ao interese ou vontade política.
  2. Cuestionar o desprazamento innecesario de nenos en transporte escolar, para cubrir as liñas contratadas, cando cunha nova zonificación non faría falla.
  3. Protestar polo o traslado de nenos na ESO a centros lonxanos, debido a reserva de espazos de centros de proximidade  para atender as necesidades de Bacharelato do alumnado do ensino concertado.
  4. Solicitar a adscrición dos centros con criterios de racionalidade tendo en conta a proximidade entre os centros de secundaria e os adscritos,  sen hipotecar o espacio da rede pública en función das necesidades futuras do alumnado dos centros concertados.
 
O vindeiro xoves, 15 de setembro, tamén as 19:00 h., haberá unha concentración en forma de cadea humana ó redor dos IES San Tomé, IES Sta. Irene, CEIP Altamar,  facendo unha muralla de libros de texto durante o percorrido. Esta concentración reivindicará tres puntos clave:
* Unha nova zonificación para a cidade de Vigo
* O rexeitamento da LOMCE
* Volta a gratuidade universal en sistema de préstamo de libros de texto
É importante a nosa asistencia para facernos oir e defender unha educación pública de calidade.
 
Se queredes ver o comunicado completo que elaborou FOANPAS co tema da zonificación, podedes descargalo aquí.
 
 
 
 
 
 

 

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario