Recordamosvos que tódalas familias que desexen formar parte da asociación, deberá formalizar a inscrición durante o mes de Setembro. Podedes descargar aquí a solicitude de inscrición.
A cota anual por familia é de 15 euros anuais que deberán ingresarse na conta da Asociación (Abanca):
ES 61 2080 5016 03 3040006416
Para facer efectiva a inscrición deberá entregarse fotocopia do xustificante de ingreso xunto a esta solicitude aos voluntarios no local da Asociación ou depositándoa na caixa de correos do ANPA. O local do ANPA permanecerá aberto a tal efecto de luns a venres de 9.00 a 10.00h.
A sinatura da ficha de inscrición supón a aceptación dos Estatutos da Asociación de nais e pais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario