domingo, 18 de setembro de 2016

RECORDATORIO!!!!!

Sabemos que no inicio do curso todos andamos agobiados ou despistados, ou ambas cousas!!! Así que vos recordamos que tanto para o uso do aula matinal coma das actividades extraescolares, é necesario ser socios do ANPA e ter entregadas as solicitudes de inscrición. Tendes todo este mes para formalizalos trámites.

Ainda que xa fórades socios o ano pasado, debemos ter CADA ANO a solicitude para ser socio con tódolos datos cubertos que aparecen no impreso. E ainda que o ano anterior estiverades facendo uso do aula matinal ou participarades nas actividades extraescolares, debedes renovar a inscripción, xa que nós non podemos saber quén quere continuar se non se solicita. Tódalas solicitudes as podedes descargar dende este blog, e deixarnolas no buzón da asociación ou mandalas por e-mail a:

anpaosirmandinhos@gmail.com

Tamén recordárvos que nos ingresos debe aparecer o nome do neno ou nena e o motivo do pago: cota anual, aula matinal, ...

Necesitamos saber canto antes en qué matricularedes os nenos para poder facer os grupos, ver qué actividades cumpren co número mínimo de alumnos para levalas a cabo, contactar co profesorado,... para comezar en outubro. Así que non o deixedes para o último momento.

Publicaremos o listado das actividades e dos nenos admitidos no tablón do ANPA e neste blog.



Ningún comentario:

Publicar un comentario