sábado, 10 de setembro de 2016

O AULA MATINAL

Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o luns 12 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h.

A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA,debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA npaosirmandinhos@gmail.com .
Prezos aula matinal
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns

Bono de 10 días 15 € (págase no local da asociación)
Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416

Moitas grazas e un saúdo,

Ningún comentario:

Publicar un comentario