martes, 20 de setembro de 2016

RECORDATORIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Durante este mes estamos a preparalas actividades extraescolares, e queremos comezar as clases en outubro, por eso vos rogamos que entreguedes canto antes a solicitude de actividades. Así podemos organizarnos para comezar en plazo.

Como novidade este ano, tamén ofertamos actividades que se desenrolan no centro de Mais que Auga de Navia. Aquí podedes consultar o dossier que nos enviaron, nel podedes ler sobre as diferentes actividaes e os prezos.  Algo interesante é que os pais podedes acceder á piscina ou á sala de fitness mentres os nenos están na actividade elexida.

Recordade que tendes que presentar a solicitud antes do venres 23 de setembro.

En breve poremos a relación dos alumnos admitidos nos diferentes grupos de piscina, Estade atentos!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario