O próximo xoves 22 de setembro haberá unha manifestación para reivindicar unha nova zonificación na que impere o criterio de cercanía. Todalas ANPAS dos colexios adscritos ao IES ALEXANDRE BÓVEDA estamos convocados, e sairemos dende cada centro para xuntarnos á manifestación xeral. É moi importante que veñades e vos impliquedes nun tema que nos afecta a todos.
Para obter máis información sobre o problema da zonificación, podedes consultala entrada que fixemos neste blogue fai uns días aquí.
Sairemos dende a porta do noso Centro, ás 18:15 e nos xuntaremos cos otros colexios na avenida de Castelao, na zona dos volcans.
Vos esperamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario