xoves, 28 de setembro de 2017

MIGALLAS: MERENDA CON PAN DE MILLO


Este sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro ás 18.00 h representarán na Sala Ártika de Vigo "Merenda con pan de millo".
A entrada en taquilla é de 6 euros, pero se nos decantamos polo bono familiar, sae en 5 euros.

Aqui vos deixamos un par de adiantos para ir abrindo boca....




Merenda con pan de millo” es un espectáculo de pequeño formato (máximo 150 personas) basado en Libro-disco Pan de millo, editado por la Editorial Kalandraka e con la producción musical a cargo de Paulo Nogueira y Magoia Bodega, del grupo Treixadura. En el se combinan canciones y narración oral, con el proceso de elaboración del pan de maíz como hilo conductor. Los temas musicales que se interpretan son: “Pinocho”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. La música está grabada (toca una banda de pulgas) pero las voces solistas son en directo.




Aquí tendes as ligazóns coa información. 

NORMAS DAS GARDAS DAS EXTRAESCOLARES


Todos temos nos grupos os novos cadros de gardas para este trimestre, pero non está de máis recordar o proceder:

É moi importante que sexamos responsables e esteamos atentos de cando nos toca, recollendo a chave e cumprindo cas normas básicas para o correcto funcionamento das actividades. Ademáis aos nenos lles encanta cando son os seus pais os que os recollen no comedor!!!

Recordade que facer a garda implica:
  • Estar na actividade 10 minutos antes para abrir o local onde se realiza a actividade, se a nosa actividade comeza ás 16:00h. E no caso de que sexa no pavillón, se debe comprobar tamén que a porta do baño esté aberta. 
  • Recordade tamén que hasta as 16:00 h. os responsables dos nenos son os monitores de comedor e non debemos entorpecer a súa actividade.
  • Recoller os nenos do comedor e levalos á actividade, se a nosa actividade é as 16:00h.
  • Esperar a que o monitor da actividade chegue é estar por alí durante a clase (non dentro da actividade pero si preto) por si pasara calquera cousa con algún neno, que o monitor non teña que deixar os outros para atendelo.
  • O remate, comprobar que veñen a recoller a todolos nenos. Se algún pai/avó/tutor non chega a tempo, deixaremos o neno na biblioteca co mestre de garda.
  • Deixar pechado e pasarlle a chave ó seguinte que lle toque a garda, no caso de que teñamos 
  • Se non podemos acudir a vosa garda, avisade canto antes no grupo, para que outra persoa poda sustituirvos. 
Para calquera dúbida, poñedevos en contacto con nos para que poidamos solucionalo.

FESTA POPULAR DA MIÑOCA _ 1 DE OUTUBRO

Se ainda non tendes plan para o fin de semana, vos deixo unha proposta moi apetecible



LISTAXE DE ADMITIDOS NO OBRADOIRO DE INGLES

Por fin, e correxindo cambios de última hora, vos presentamos os listados de Inglés. Como sabedes este ano non hay todos os grupos todos os días, e ó finals tivose que suprimir o grupo de pequenos do mércores por falta de nenos.

Revisade os listados por si encontrades algún erro, e notifiadenolo para poder correxilo o antes posible.


LISTAXE DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, BRIGHTMINDS Y TEATRO


Este ano despedimos actividades como Robótica e Xadrez, que non tiveron a aceptación esperada, pero lle damos a benvida a outras como BRIGHTMINDS, TEATRO e XIMNASIA ACROBÁTICA, e viuse aumentanda significativamente a matrícula en TAEKWONDO (en breve lles dedicaremos un post ben merecido!!!).

Empezamos este curso con moita ilusión e esperamos que disfrutedes moito das actividades que ofrecemos. Recordade botarlle un ollo as normas que tendes no apartado de documentos descargables, para o correcto desenrrolo das actividades.

Revisade os listados e se vedes algún erro ou non estades nos grupos de whatsapp, poñedevos en contacto connosco, para solventalo o antes posible.




LISTAXE DO NOSO EQUIPO DE BAILE

Este ano repetimos cunha actividade que ten moito éxito e que nos fan mover o corpo ao ritmo da música cando vemos as súas representacións, ainda que non o facemos tan ben coma eles...









Este ano despedimos a algúns dos nosos bailarins, e lle damos a benvida a outros novos.

A continuación poñemos o listado, se encontrades algún erro, ou non estades no grupo de whatsapp. poñedevos en contacto con nos para que o solucionemos o antes posible.




LISTAXE DE ADMITIDOS EN ACTIVIDADES FORA DO CENTRO

Aqui vos deixo a listaxe de admitidos nas actividades de piscina en MQA Navia e na Piscina do Carme, e tamén os admitidos nas actividades en seco en MQA. Se percibides algún erro, poñedevos en contacto connosco.

Xa temos feito os grupos de whatsapp, así que se non vos vedes nas listas ou non estades no grupo de wass, poñedevos en contacto con nos o antes posible para poder arraxalo.

Vos recordamos que as actividades darán comezo a próxima semana, e que no MQA tendes que recoller un carnet polo que debedes abonar 3,75€ que se vos devolverá ao finalizar o curso cando entreguedes o carnet.

Para a actividade de piscina os nenos deben levar bañador, chanclas, gorro e gafas.

Se vades a duchar os nenos alí e necesitan da vosa axuda, recordade levar vos tamén as chanclas

O periodo lectivo da actividade corresponde co dos centros educativos, é dicir, no Nadal, Entroido ou Semana Santa, non haberá clases.

E se tendes algún problema, decide que sodes do ANPA OS IRMANDIÑOS e poñedevos en contacto con nos, para que falemos cos coordinadores correspondente e o solucionemos o antes posible.

Recordade que as ALTAS e BAIXAS se tramitan dende o ANPA, e que estas actividades son cuadrimestrais. En Xaneiro, recordaremosvos que debedes facer o segundo pago, e abriremos de novo plazas por si alguén quere engadirse.



mércores, 27 de setembro de 2017

LISTAXES DE ADMITIDOS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 17-18

Como xa vos comunicamos onte por difusión no whatsapp, non todalas actividades plantexadas sairon a diante. Ainda que inicialmente puxeramos que o mínimo de alumnos necesarios para que se levara a cabo unha actividade era de 10 alumnos, decidimos (dacordo cas diferentes empresas) rebaixar este número para que poidades disfrutar de máis opcións.

O cuadrante definitivo das actividades que se levarán a cabo no noso centro, é o seguinte, ainda que ó final tivose que eliminar tamén o grupo de inglés do mércores:



A continuación podedes consultar os listaxes de admitidos premendo no documento correspondente, tede en conta que para poder acceder ás actividades debedes ser socios do ANPA, esto implica ter pagado a cuota e ter entregado a ficha de inscripción deste ano; e non ter pagos pendentes do ano anterior.

Listaxes de admitidos nos grupos de Ingles

Listaxe dos grupos de Baile

Listaxes de actividades deportivas, brightminds e teatro

Listaxes de actividades fora do centro


Recordamos as NORMAS para o bo desenvolvemento das actividades

  • Para realizar as actividades é necesario un número mínimo de alumnos, polo que é necesario un compromiso de asistencia para un bo funcionamento
  • Se o alumno desexa cancelar unha actividade, deberá notificarllo á ANPA antes do día 20 do mes anterior
  • As actividades deben abonarse na conta ANPA os cinco primeiros días de cada mes. Lembre que en Concepto debemos poñer o nome do alumno, a actividade eo mes que se paga.
  • A colaboración dos pais na execución dos gardas é fundamental. Se un pai ten un problema para cubrir o seu día, debe comunicalo no grupo e desde aquí intentará darse unha solución
  • A puntualidade é moi importante tanto no momento da entrada como na recollida dos alumnos. Se un pai non chega a tempo, o alumno será levado á biblioteca, co profesor de garda.
  • Ao final da actividade, os monitores deben entregar aos alumnos ás persoas autorizadas para a súa recollida.
  • Se o comportamento do neno non é adecuado, impedindo o desenvolvemento correcto da actividade, notificaráselle o seu pai ou o seu titor. Se este comportamento fose recorrente, avaliariase suspender de xeito temporal ou permanente a súa asistencia á actividade.
  •  Para participar nunha actividade é necesario contactar primeiro con ANPA. Non fale directamente cos monitores.


O cumprimento destas regras é esencial para o correcto funcionamento deste servizo.



domingo, 17 de setembro de 2017

CURSO BÁSICO DE LINGUA DE SIGNOS


Unha das nosas funcións é achegarvos toda a información que chega ás nosas mans e que consideramos que poden ser do voso interés. Así que retomando esta tarefa vos presentamos algo moi apetecible e que non é para os nenos.

Esta é unha noticia para todos os pais e nais da nosa asociación. Vos podo decir que eu fixen este curso e o de perfeccionamento o ano pasado e foi estupendo. A profesora e xenial, as clases ademáis de interesantes, moi divertidas. E nos ofrece a posibilidade de ampliar a nosa perspectiva e a nosa capacidade comunicativa. É un curso totalmente gratuíto, e se podedes, de verdad que vos animo a que vos apuntedes.



xoves, 14 de setembro de 2017

VICUS SPACORUM 16-17 DE SETEMBRO


Non sabedes que facer cos nenos esta fin de semana? Vos propoñemos unha visita al VICUS SPACORUM, onde por sexto ano consecutivo no Pau de Navia celebran un evento de ambientación histórica de Celtas e Romanos. Vos deixamos o progama para que lle botedes un ollo. 




ACTIVIDADES NO CENTRO DE VISITANTES DO PARQUE NACIONAL DE VIGO



Durante toda esta semana dende o Centro de visitantes do Parque Nacional de Vigo, se levan a cabo numerosas actividades para achegar ós nenos e nenas a natureza e a súa problemática. Ainda que con un pouco de retraso, vos deixamos as actividades desta semana por se é do voso interese.


mércores, 13 de setembro de 2017

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EN SECO NO MAIS QUE AUGA DE NAVIA Curso 2017-2018

Como xa sucedera o ano pasado, o Máis Que Auga de Navia ofrecenos a posibilidade de participar nas suas actividades en seco. Que ditas actividades se leven a cabo depende do numero de alumn@s matriculad@s entre todos os centros educativos interesados.

O límite de prazo para apuntarse é o 22 de setembro cubrindo a  solicitude que encontraredes ao final desta entrada, e facendoa chegar ao ANPA pasando pola oficina, meténdoa no buzón ou enviándoa por mail: anpaosirmandinhos@gmail.com. As altas e as baixas da actividade se tramitaránse dende o ANPA.

Tan pronto teñamos a confirmación de praza volo faríamos saber para que fixerades efectivo o pago do primer cuatrimestre.

As actividades propostas para este ano son as seguintes:


PROPOSTA DE ACTIVIDADES EN SECO NO MAIS QUE AUGA DE NAVIA
Curso 2017-2018




ACTIVIDADES EN SECO MQA

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:00
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
17:00
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos
PADEL
>6 anos

17:15

YU KIDS PILATES           > 4 anos

YU KIDS PILATES          
> 4 anos
WODFIT KIDS     4-8 anos
17:45
MQ ZUMBA    10-14 anos

MQ ZUMBA       10-14 anos


18:00
TAEKWONDO 4-7 anos
ZUMBA KIDS       4-9 anos
TAEKWONDO   4-7 anos
ZUMBA KIDS       4-9 anos

18:45
TAEKWONDO >8 anos

TAEKWONDO >8 anos



O prezo de todas as actividades é de 44, 25 €/cuatrimestre excepto Padel que é 59€/cuatrimestre. Este prezo se corresponde a un día á semana da actividade.

No caso de Padel, se levará a cabo a actividade o día que teña mais alumnos apuntados.

O pimeiro día vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverán cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. 

O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.

Para obter máis información sobre en qué consiste cada actividade, a normativa, requisitos,... podedes botarlle un ollo o dossier.




Se tendes algunha dúbida máis, contactade con nos e intentaremos aclararvola o antes posible.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA CURSO 2017-2018


Un ano máis ofertamos a actividade de natación. O precio e cuatrimestral e se abonará a finais de setembro (despois de confirmarvos que tedes praza) para os meses de outubro, novembre , decembre e xaneiro; e a finais de xaneiro para os meses de febreiro, marzo, abril e maio.



PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE PISCINA
CURSO 2017-2018

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Máis que Auga
16:30 - 17:15

NATACIÓN 44,25€/Cuatrim
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.
NATACIÓN 44,25€/Cuatrim.

Piscina        O Carme
15:45-16:30

NATACIÓN 29,60/Cuatrim



16:45-17:30



NATACIÓN 29,60/Cuatrim


 Recordade que o límite para presentar as solicitudes é o 22 de setembro.

Para natación hai que cubrir a ficha correspondente según o lugar que se solicite, podedes pasar pola nosa oficina para recoller a solicitude ou descargala dende aquí, cas normas correspondentes de cada instalación. Recordade que as altas e as baixas se tramitan a través do ANPA. 
No Máis Que Auga vos entregarán un carnet de acceso polo que deberedes de abonar 3,75€ en concepto de fianza e que vos devolverá cando entreguedes o carnet ó rematar o curso. 
O acompañante pode facer uso de balde da piscina e da sala de fitnes mentres dure a actividade.


Para facernos chegar a solicitude podedes acercarvos a nosa oficina, metela no buzón do ANPA que está na parte de fora do acceso as aulas do ANPA e do comedor ou escaneala e enviarnola por mail: anpaosirmandinhos@gmail.com
Se tendes algúna dúbida contactade con nos e intentaremos solucionarvola o antes posible.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES NO CENTRO CURSO 2017-2018

Despois da reunión informativa de hoxe, e tal como vos prometera, publicamos as propostas de actividades, comezando polas que ofrecemos no noso centro. Recordade que o prazo para inscribirse remata o 22 de setembro. A  semana seguinte publicaremos os listados cos alumnos admitidos en cada actividade para que poidades abonar a cuota correspondente. Se as actividades que elexíchedes non se levaran a cabo, teríades a oportunidade de apuntarvos as outras qué si teñen grupo.


PROPOSTA DE ACTIVIDADES
CURSO 2017-2018

LUGAR
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Aulas ANPA
16:00
INGLÉS
INGLÉS
INGLÉS
INGLÉS
MANUALIDADES  15€/mes
15 €/mes (1 día) e 27€/mes (2 días)
17:00


MÚSICA E MOV 15€/mes


Pavillón e Pistas
16:00
ATLETISMO (1h 30 min) >5 anos 15€/mes
BALONMÁN          > 8 anos (Gratis)
TAEKWONDO 15€/mes
BAILE Primaria 15€/mes
BALONMÁN            > 8 anos (Gratis)
17:00
FÚTBOL (Gratis)
BALONCESTO 15 €/mes
 XIMNASIA ACROBATICA 15€/mes
Colexio Vello
16:00
IOGA 15€/mes
TEATRO      15€/mes
BRIGHT MINDS INFANTIL 18€/mes
BAILE  INFANTIL 15€/mes
INTELIXENCIA EMOCIONAL 15€/mes
Comedor
16:00
XADREZ 15€/mes
JUMPING CLAY 18€/mes
ROBÓTICA        (1h 30 min) 35€/mes


17:00





O máximo de alumnos en inglés é de 8 alumnos por grupo. Cada día haberá un grupo de pequenos e outro de maiores, se hai alumnos suficientes
O mínimo de alumnos no resto de actividades é de 10 alumnos.
Se estades interesados nunha actividade pero non vos coincide ben o horario, suxeridenos o que vos interesa, e se hai máis alumnos interesados miraríamos de modificala.
Para ler una breve explicación de cada actividade podedes dirixirvos  aquí

domingo, 10 de setembro de 2017

AULA MATINAL. INFORMACIÓN XERAL


Recordarvos ás familias socias do ANPA que esteades interesadas no uso da aula matinal que o luns 11 de setembro xa podedes deixar @s alumn@s. O horario é de 7.30 a 9.00h.


A actividade desenrólase no comedor, con acceso desde o portalón do ANPA,debedes acompañar aos nen@s persoalmente ata a monitora responsable que de novo será Ana.

Non esquezades facer o pago correspondente na conta da ANPA, indicando o nome do alumn@ que fai uso do servizo. A partir de Outubro o pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes. No caso de necesidade pode facerse uso do servizo, comunicándoo no correo da ANPA npaosirmandinhos@gmail.com  ou por tlf ou whatsapp 604026358.

Prezos aula matinal
25,00€/nen@
22,50€/nen@ no caso de irmáns

Nos meses de Setembro, Decembro e Xuño (só computa medio mes) a cota será:
12,50€/nen@
11,25€/nen@ no caso de irmáns

Bono de 10 días 15 € (págase no local da asociación)
Día solto 2 € (págase no local da asociación)

Número de conta do ANPA :
ES 61 2080 5016 03 3040006416
Para calquera dúbida, podedes contactar con nos por mail, teléfono ou no local da asociación situado na parte baixa do colexio vello. 
Durante este mes para facilitar todas as consultas e xestións, estaremos abertos tódolos días de 9:00 a 10:00. Se necesitades falar con nos pero non podedes nese horario, contactade con nos e intentaremos adaptarnos.